Queixas desde Sísamo
Isto xa non ten nome, e vergonzoso que levemos mais de 6 anos sen saber practicamente nada do asunto da carretera de Sísamo, algun disque de vez en cando, pero nunca como se debe facer,POR ESCRITO.
1º Redactan o proxecto e apróbano sen consultar nada cos veciños, crean problemas para a continuidade do procedemento porque non se informa.
2º Mostran o proxecto aprobado os veciños pra crear mais alboroto, claro, nesa reunión din que hai que ceder os terreos e saense do que os veciños queremos, é inxusto. A uns collenlle 10 m2, e existe mais dun caso que lle collen 400 m2. ¿É xusto?
3º Noutro caso desvíanse totalmente do eixo da carretera, pra favorecer á outra marxe da via ¿é xusto?
4º Poñen aceras de 2 mtrs de ancho ¿para quen? nun tramo de 20 mtrs donde pasa 1 peaton cada 5 días.
Os veciños queremos cousa práctica sen facer moito daño e que quede decente, non a queremos pra exposicion.
¿Cando nos van volver a informar POR ESCRITO na situacion que se situa e cal é o seguinte paso? ¿teñen que pasar outros 6 anos? Levo mais de 6 anos esperando para facer o cierre da vivenda, teño que dar conta que os meus nenos e os cans non me saian a carretera en situacion de risco. Estou moi farto, nadie move o cú. ¿Onde está a democracia e igualdade dos ciudadanos? SISAMO non recibe nin un euro fai moitos anos, e non veñades co conto do alcantarillado cando fai mais de 20 anos que teria que estar feito. Se nunha paroquia se lle fixo unha iversion de alcantarillado e centro social novo, sumen os cartos e fagan a mesma inversión nas demais parroquias.
Etiquetas: obras, travesía de Sísamo
1 Comments:
joer...vaia sobrada non?
13/7/11 22:56
Publicar un comentario
<< Home