Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, agosto 23, 2011

… e ademais son pirómanos




Os malos non só non descansan das súas fechorías no verán, senón que ademais aproveitan as circunstancias para cometer outras propias da época.

Nas últimas datas Carballo foi noticia polos lumes que afectaron especialmente á zona de Carballo de Arriba. Que saibamos xa van 25 hectáreas de monte afectado polos xogos absurdos duns energúmenos que aínda por riba andan a tomar ó pelo as forzas de seguridade, bombeiros, grumir, brigadas, etc, con denuncias falsas. Finalmente a broma saiuse de nai e destrozou gran cantidade de plantacións doutros particulares, e mesmo ameazou lugares poblados e obrigou ós brigadistas a xogarse o seu propio físico.

Mentres tanto, a prensa local relata como algúns dos veciños se rían da situación. É o comentario máis acertado posible: unha banda de suxeitos repugnantes leva anos ríndose de todos nós.

Etiquetas: ,

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eses energumenos non teñen perdón de Diós. Había que xuntalos a todos e poñerlles unha bomba.

23/8/11 22:05

 
Anonymous Anónimo said...

De pena... si o final hay que ser de esa banda , fas o que che da a gana , reventas festas, roubas., a poli saudate e a garda civil metelle caña os que non lles van causar problemas ...

23/8/11 22:16

 
Anonymous Anónimo said...

Supongo que el alcalde diría que son sucesos "illados", ya que Carballo es "un bo lugar para vivir".

26/8/11 19:47

 
Anonymous Anónimo said...

e en incendios anteriores...facer mención do vivido polo corpo bombeiros, sendo os ultimos dun convoi formado por garda civil,policia local e grumir, cando foron apedreados os seus camións logo de ir a apagar un lume ó lado das duas vivendas.

31/8/11 23:11

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner