Inicio de curso
Ábrese o curso 2011-2012 e tamén en CD retomamos a actividade despois duns meses de asueto, escasas noticias e un (coidamos que) merecido descanso. Un curso que promete novidades na Costa da Morte, e no que haberemos de estar tan pendentes do que sucede no noso entorno máis inmediato coma das consecuencias do que sucede en lugares máis alonxados e que neste mundo globalizado termina antes ou despois por afectarnos.
Porque as tensións económicas, o devenir da débeda pública e as próximas eleccións do 20N son importantes tamén para canto suceda en Carballo e na comarca de Bergantiños. E en todo caso, todo apunta a que os momentos difíciles non pasaron e que o 2012 cando menos igual de complicado que o 2011. Un ano de fortes axustes e necesarias reformas en todos os ordes, e que sen embargo verá cómo se continúan as obras da autovía da Costa da Morte, xa escomezadas (non foi sen tempo), e cómo se arrancan as do Parador de Muxía (8 anos despois!). Por se fora pouco, Rajoy ven de comprometerse co AVE a Galicia. Verémolo.
En todo caso, xa a nivel local este curso debería de servir para coñecer dunha vez por todas a apertura da Casa dos Oficios (outro proxecto case contemporáneo do parador), para rematar a guardería e a biblioteca e para saber qué vai ser do noso concello ó longo dos catro anos, cun gobernó en minoría maioritaria (10+1) e unha oposición que terá desta volta case que todas as cartas a favor. Aquí estaremos para contárvolo.
1 Comments:
No no, gobernó no, que siguen gobernando. Y más cartas a favor de las que tuvo esta vez... lo dudo bastante.
5/9/11 23:31
Publicar un comentario
<< Home