Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, diciembre 14, 2005

¿Hai oposición en Carballo?



Esta pregunta fánnola algúns lectores, e tamén no-la facemos nós. Cando levamos xa máis de dous anos e medio coa alcaldía de Evencio Ferrero (BNG) e as tenencias de alcaldía de Manuel Andrade (CDI) e Xosé Antonio Viña (PSOE), resulta sorprendente comprobar o escaso interés con que o Partido Popular de Carballo efectúa a labor que lle corresponde.

Moitos esperaban que despois de cómo se resolveu a crise de goberno do mes de setembro, e visto que para o PP non hai outra opción que seguir na oposición, os populares habíanse poñer a traballar en serio. Pero quen ten a responsabilidade e a obriga de exercer a oposición, parece que quere seguir botándose unha siesta ata que cheguen as eleccións.

Pola contra, resulta que...

... escoitamos a cotío cómo os membros e simpatizantes do goberno local atacan ó Partido Popular. Soe dicirse que a principal diferenza entre unha democracia e unha dictadura é que na primeira a oposición ataca ó goberno, e na segunda o goberno ataca á oposición. Pois ben, en Carballo parecería que estamos na segunda situación, pero non por imposición dos outros partidos, senón pola propia inacción dos populares. E sen unha boa oposición, nin hai bo goberno, nin hai boa democracia.

Non deixa de ser sangrante que, en casos como o da casa ilegal do concelleiro do BNG, tivera que saír publicado o asunto no xornal La Opinión, e máis tarde en Carballo Dixital, para que o PP de Carballo espabilase e reaccionase. Sen ir máis lonxe, antonte denunciabamos a situación de Manuel Andrade, que, ó contrario do que prometera, segue cobrando o seu supersoldo meses despois de cumprir os 65. E aínda non escoitamos ó PP nin sequera rechistar.

Compre lembrar que toda a información que Carballo Dixital ten mostrado (e demostrado), como as mentiras do alcalde sobre o prego de condicións do mercado, a única empresa que se presentou, a vivenda ilegal dun concelleiro, ou a idade da xubilación de Andrade, todo eso, non fai falta ser espía do CNI para averigualo. Son asuntos que, ou ben son “vox populi”, ou basta con revisar as hemerotecas ou entrar en Google. ¿É que a oposición de Carballo non ten tempo para iso?

Esperemos que iniciativas como esta bitácora e a presión dos seus propios simpatizantes axuden a que o PP de Carballo “esperte do seu sono”. Porque "hai motivo" (moitos), polo seu propio ben e polo de tódolos carballeses.


27 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Totalmente de acuerdo. Lo que no sabía era que había lectores ingleses por aquí.. qué pequeño es el mundo.

14/12/05 16:57

 
Anonymous Anónimo said...

as mentiras do alcalde sobre o prego de condicións do mercado,


PERO DE QUE VADES, ONDE ESTÁ A VOSA INFORMACIÓN CONTRASTADA PARA DECIR ESTO, PODEVOS O CORAZÓN, ¿QUE MENTIRAS?

CREO QUE XA ESTÁ BEN AMIGOS, COMO VOS DECIDES NON ENTREMOS EN INSULTOS, SI ALGO TEN O NOSO ALCALDE É A SÚA HONESTIDADE, PODE SER MÁIS OU MENOS CAPACIDADE, PERO É HONRADO.

COMO NOS PEDIDES A NOS QUE NON ENTREMOS EN INSULTOS CANDO DECIDES COUSAS COMO ESTAS.

14/12/05 19:32

 
Blogger Carballo Dixital said...

Vamos a ver: sen berrar (por se non o sabes, as maiúsculas en internet significan que se berra).

Nós, a diferencia de outros, non comungamos con rodas de muiño.

Como ti ben dis, a nosa é información CONTRASTADA. Basta con ler o prego para darse conta de que o alcalde mentiu. É así de simple: aquel que di o contrario da verdade, ou non ten información ou minte. E posto que o Alcalde e o concelleiro de urbanismo teñen información (xa que, non o esquezamos, son os dous responsables do Prego de Condicións), cando din o que o Prego non di, están mentindo.

Non se pode (ou non se debe) dicir, como di Evencio Ferrero, que "non hai posibilidade de dar marcha atrás" no asunto do parking-centro comercial cando, como di o prego expresamente, o Concello pode anular o procedemento (declarar deserto o concurso) co único compromiso de devolver ós participantes (neste caso, hai un solo participante) o importe da garantía provisional que el mesmo prestou. Así o di a Cláusula 24 do Prego de Condicións, non estamos falseando nin inventando nada (o prego é público, e pode consultarse).

En consecuencia, volvemos a insistir: se alguén minte é o Alcalde, que falta á verdade decindo algo que o prego non di, co único fin, ó noso entender, de desmovilizar calquer posible oposición que puidera existir ás súas intencións.

En canto á honradez do Alcalde, es libre de pensar como queiras. Nós non afirmamos nin negamos nada, só nos remitimos ó que hai.

14/12/05 20:10

 
Anonymous Anónimo said...

Joder (con perdón), qué susceptibles andan los nacionalistas. Ellos durante años hicieron barullo a diestro y siniestro, sin comtemplación alguna. Y ahora, cuando se dice, y se demuestra, que el alcalde mintió (que no es lo mismo que ser un mentiroso) saltan como resortes. Me parece que en este pueblo hay mucha gente muy mal acostumbrada. Pues amigos, sin crítica al poder, mal vamos.

15/12/05 02:33

 
Anonymous Anónimo said...

pero vamos a ver hombre, el alcalde dice que no tiene marcha atrás siempre y cuando se cumpla con los minimo exigidos en el pliego,

no interpreteis que "miente" simplemente por esas afirmaciones, realmente pensé que lo deciais por otra cosa,

ya os vale,

la verdad es que estaba de acuerdo con el enfoque que llevavais, pero se os está yendo la cosa de las manos, controlaos.

15/12/05 10:21

 
Blogger Carballo Dixital said...

Perdoa, pero eso non é o que dixo o alcalde.

Remitímonos ás declaracións que recolle textualmente La Voz de Galicia: "El gobierno municipal, por su parte, evita entrar en polémica con los empresarios disconformes, porque, asegura, «xa non hai posibilidade de dar marcha atrás»."

Eso é buscar unha excusa falsa para evitar que medre a oposición ó proxecto do parking-centro comercial, presentando como feitos consumados o que en realidade non é así.

Dicimos que se trata dunha excusa falsa porque (ó contrario do que ti dis), AINDA QUE A EMPRESA LICITADORA CUMPLA COS MÍNIMOS ESIXIDOS NO PREGO DE CONDICIÓNS, O PREGO PERMITE QUE O CONCELLO DECLARE DESERTO O CONCURSO, sin máis xustificación que "remitirse ós criterios de adxudicación" (que son absolutamente etéreos e subxetivos, como a "calidade" da solución proposta, etc.). Incluso é máis: basta con que o Concello non adxudique, sin máis, e sin xustificación de ningún tipo. Pode esperar todo o tempo que queira sin adxudicar. Nese caso, (así o di a Cláusula 24 do Prego de Condicións), o Concello non tería que indemnizar de ningunha forma ó licitador (sólo tería que devolverlle a fianza cando este lla pedira, nada máis). Así pois, é unha decisión absolutamente libre e discrecional do Concello parar ou cancelar o proceso. Non é certo, xa que logo, que non teña "marcha atrás".

¿Reafírmaste agora en que o alcalde non mentiu?

15/12/05 10:49

 
Anonymous Anónimo said...

pero primero tendran que ver la información que presenta, no, y eso no se sabe hasta que se abran las plicas, como en todo concurso,

NO HAI MAS CIEGO QUE EL QUE VE SOLO LO QUE LE INTERESA

15/12/05 11:46

 
Anonymous Anónimo said...

Esto de que o Alcalde minte repiteo moito o Sr. Alberto Sueiro nas súas intervencións,

vexo que vos preocupa aos da dereita a boa imaxe que Evencio ten en Carballo, e intentades desprestixialo,

Pero ao fin, as boas persoas coñecense co tempo, e canto máis tempo botemos con este alcalde máis vos tendes que preocupar,

15/12/05 11:49

 
Anonymous Anónimo said...

Para ver el prestigio de Evencio hay que fijarse en sus resultados electorales, 25 años perdiendo. (las ultimas eleciones bajó de 8 a 6). ¡ni que ganara las elecciones! es alcalde gracias a quien es, asi que no creo que tenga mucho prestigio.

En cuanto a la imagen se desprestigia sólo, no hace falta que nadie lo desprestigie.

a mi personalmente tengo que reconocer que por el bien de Carballo me preocuparía que Evnecio echara mucho tiempo, pero bueno cada uno tiene sus ideas

Si miente o no, para mi está claro, después de leer lo que se publica en esta página de internet, con documentos incluidos ¿"o es qué no quereis verlo"?

15/12/05 12:36

 
Anonymous Anónimo said...

vexo que tendes ansia de responder, eu sigo decindo que o non dar a cara é de cobardes e como podedes ver na miña sinatura podo asinar a nome de quen me dea a gana, non vos escondades amigos,

Analizando as mensaxes, vese claramente que as que son a favor do gover teñen sempre unha resposta inmediata á súa publicación, non deixa de ser curioso,

a verdade é que os nicks que vos buscades son cada vez mais curiosos,

Asinado:

Pepe Blanco (si, si o PS"O"E)

15/12/05 12:50

 
Blogger Carballo Dixital said...

Con respecto ó seguinte comentario anónimo: "pero primero tendran que ver la información que presenta, no, y eso no se sabe hasta que se abran las plicas, como en todo concurso".

Pois non señor, non teñen sequera que ter en conta a documentación que presente o licitador. Tal e como figura no Prego de Condicións (pode consultarse nesta mesma páxina), basta con que simplemente o Concello deixe pasar 9 meses sin adxudicar o Concurso desde a apertura da documentación (sexa cal sexa a documentación que presente o licitador), e todo quedará anulado:

"De no dictarse el acuerdo de adjudicación dentro del citado plazo –incluída la ampliación- los empresarios admitidos a concurso tendrán derecho a retirar su proposición y a la devolución o cancelación de la garantía que hubieran prestado." (Cláusula 24)

En resumidas contas: o Concello pode "de facto" deixar sen efecto o concurso, pode non adxudicar, pode parar todo o proceso,... sen necesidade de indemnizar. Xa que logo, é falso que "non hai posibilidade de dar marcha atrás", como dixo o alcalde. A eso nos referimos cando decimos (e probamos) que o alcalde mentiu.

¿Por qué mentiu o alcalde? (ese alcalde que tanto presume de transparencia, participación, etc.) Pois o motivo é fácil de saber: ante as protestas dos comerciantes, quixo desmovilizalos decindo que non había "posibilidade de dar marcha atrás", cando eso non é certo.

¿Ata tal punto a paixón vos cega a algúns o entendemento que non vedes o evidente?

15/12/05 12:51

 
Anonymous Anónimo said...

pero vamos a ver amijo,

estamos falando de cousas distintas, ti partes de que non se quere o parking, porque é algo que faría cambiar o povo e eso non vos interesa,

pero o Alcalde fala de que non ten marcha atrás a intención do Govrno de levalo adiante, e si a empresa que se presentou cumple cos requisitos pois poderá presentarse,

decir que esto é mentir, é unha idea moi torticera e sesgada,

vesevos o plumero amigo,

a marcha atrás e da politica, ou os comerciantes estes son os que deciden o futuro de CArballo, eso decideo quen manda, e ainda que vos foda agora non é o PP.

15/12/05 13:01

 
Blogger Carballo Dixital said...

Cremos que o que está confundido es ti. O Alcalde non fala de que non haxa "marcha atrás" por unha decisión política (que sería lexítima).

Non, o que di e que "non hai posibilidade", e o mesmo dixo o concelleiro de urbanismo en Radiovoz, referíndose a que o Prego de condicións non o permite.
Así que o que interpreta as cousas sesgadamente es ti, non nós.

En canto ás palabras malsonantes, por favor abstente de utilizalas nesta páxina.

Ós que formamos CD non nos molesta quen mande, sempre que o faga ben e non nos tome por tontos.

15/12/05 13:13

 
Anonymous Anónimo said...

No se si os habeis dado cuenta, pero se ha desviado totalmente el debate de este post, que es la falta de inciativa del PP en la oposición. Este debate correspondería a otro post anterior.

15/12/05 13:41

 
Anonymous Anónimo said...

como?

onde están esas palabras en Radio Voz?

Podedes demostrar eso?

e por certo que dis de altisonantes, se queres facemos unha escolma de insultos que estades emitindo desde este anonimato.

15/12/05 14:04

 
Anonymous Anónimo said...

Refiriéndome al tema del artículo (¿Hai oposición en Carballo?), yo, con todos los respetos, discrepo sobre esa opinión de que no hay oposición. Porque, ¿qué es lo que se entiende por oposición? ¿Decir a todo siempre que no, como hacía el Bloque? Yo creo que el PP está ejerciendo una oposición responsable y moderada, que es una cosa distinta de que no halla oposición. Tampoco es cierto que el PP esté callado o durmiendo, como dice el artículo. Podía poner muchos ejemplos que demuestran que no es así. A bote pronto se me ocurren varios: la casa ilegal del concejal del Bloque (que sí salió el PP con el asunto, contrariamente a lo que dice carballo dixital), el asunto de los caminos de las Saíñas, los papeles que el alcalde firmó en falso, etc etc... lo que sucede es que me da la impresión de que tampoco los periódicos de Carballo le hace al PP el caso que deberían como único partido de la oposición, porque a mi me parece que tienen unos intereses que no coinciden con llevarle la contraria al gobierno local, y cuando el PP hace alguna crítica no le dan casi ninguna relevancia (esto se nota en unos periódicos más que en otros, basta comparar con el tratamiento que a una misma noticia le dan La Voz y El Ideal, por ejemplo, y sabreis de lo que hablo).

15/12/05 14:05

 
Anonymous Anónimo said...

hui hui hui un enfrentamento entre o PP e CD,

Pero que mal o facedes, notase as leguas que sodes os mesmos,

por fin o PP sabe o que é estar na oposición, a que jode :-)))

15/12/05 14:09

 
Anonymous Anónimo said...

acabo de pillaros,

O tema do militante do PP saiu publicado antes que o meu onde se vos fan esas tres preguntas,

pero alguns segundos despois apareciu a miña mensaxe, curiosamente antes da do PP,

Esto so se xustifica si a mensaxe de militante do PP foi enviada desde o mesmo panel de xestion do Blog,

Acabades de quedar co cu ó aire,

queda claro que o PP e CArballo Dixital son o mesmo,

e agora diredes que non foi así, pero pilleibos, fai algun tempo que estaba detrás deste feito e por fin o conseguín

:-)

15/12/05 14:13

 
Blogger Carballo Dixital said...

Como dicía Valle Inclán, nós non insultamos, nós definimos.

O diccionario da Real Academia define "mentir" como "decir o manifestar lo contrario de lo que se sabe, cree o piensa."

E eso é o que fixo o alcalde, decir o contrario do que sabía. Porque el sabía o que dicía o Prego de Condicións (propúxoo el e aprobouno el, así que sabía o que estaba facendo), e a pesares de que sabía que non era así, dixo que non había posibilidade de dar marcha atrás. A eso, en castelán e en galego, (deixémonos de eufemismos) chámaselle mentir.

Por certo, o alcalde non desmentiu públicamente que fora certo o que nós afirmamos, porque sabe que estamos dicindo a verdade, e ademáis probámolo cos documentos que publicamos (Prego de Condicións).

En canto á radio, non nos dedicamos a grabar os programas, o noso tempo e os nosos medios non nos dan para iso.

15/12/05 14:20

 
Anonymous Anónimo said...

pero os creeis que el alcalde tiene tiempo a leeros,

no os endioseis, ya os lo han dicho antes,

por cierto, lo de que os han pillado está muy bien, por lo menos nos vanq uedando cosas claras

15/12/05 14:35

 
Blogger Carballo Dixital said...

Respecto ó comentario: "acabo de pillaros, O tema do militante do PP saiu publicado antes que o meu onde se vos fan esas tres preguntas, pero alguns segundos despois apareciu a miña mensaxe, curiosamente antes da do PP, Esto so se xustifica si a mensaxe de militante do PP foi enviada desde o mesmo panel de xestion do Blog,..."

Nótase que non sabes cómo funciona un blog. A aprobación dos comentarios (e a publicación) poden non levar o mesmo orden cronolóxio en que se fixeron, pero unha vez aprobada a súa publicación polos webmasters, os comentarios conservan a data e hora (e o orden de publicación) en que foron feitos.

De ahí que un comentario feito despois, poida publicarse no mesmo momento en que se aproba (ainda que fora escrito máis tarde que outro), e despois se aprobe o outro (escrito antes), que se publicaría máis tarde, pero ocuparía un lugar precedente na lista de comentarios.

Esto sucede sobre todo cando se acumulan os comentarios: como non estamos todo o día pendientes dos comentarios que chegan, cando se accede á páxina de edición vanse lendo sin un orden cronolóxico e (unha vez comprobado que non son ofensivos)publícanse a medida que se len, de forma que pode resultar publicado primeiro un comentario máis moderno, pero unha vez lido e aprobado outro anterior, este ocuparía o lugar precedente no blog). De todas formas, disculpamos o teu descoñecemento, porque non tés porqué sabelo.
Se fora certo o que ti dis, non publicaríamos o teu comentario, ¿non cres? ;)

15/12/05 14:38

 
Anonymous Anónimo said...

non non, de eso nada, non me refiro a eso,

digo que pareciu primeiro o do PP que o meu, e si fose como dis ti, á hora de aceptalo teriades os dous no panel de control e aceptariades un despois do outro, no orde que ti queiras, pero non como o fixechedes,

si sei como funciona un Blog, e pilleivos,

disculpadevos como queirades,

ah, controlo o bloger perfectamente.

15/12/05 14:44

 
Blogger Carballo Dixital said...

"digo que pareciu primeiro o do PP que o meu, e si fose como dis ti, á hora de aceptalo teriades os dous no panel de control e aceptariades un despois do outro, no orde que ti queiras, pero non como o fixechedes"

Disculpa, pero non o entendes.

Como deciamos, se saiu publicao o do PP primeiro foi porque se aprobou primeiro, a pesar de ser un minuto máis moderno (14:05). O teu (14:04) liuse a continuación, e ó ser aprobado publicouse, ocupando un lugar anterior ó do PP porque o teu era un minuto era máis antigo (14:04). É así de simple.

Ademáis, é evidente que os comentarios de Carballo Dixital fírmaos sempre Carballo Dixital, e basta ver o blog para darse conta disto. Non acostumamos a discrepar de nós mesmos. Rizando o rizo, tamén se podería pensar que os posts que ti mandaches os fixo Carballo Dixital...

15/12/05 14:58

 
Blogger Carballo Dixital said...

Gracias polos vosos comentarios, pero, como decía un lector nun comentario anterior, por favor, en aras da claridade e a organización, que os comentarios se refiran ó post no que se insertan, porque senón os lectores confundiranse.

15/12/05 15:02

 
Anonymous Anónimo said...

así que xa non publicades todo non?

xa se vai vendo

20/12/05 18:53

 
Anonymous Anónimo said...

Con respecto ó artigo ¿Hai oposición en Carballo? unha cousa queda clara, EXISTE A OPOSICION DE CARBALLO DIXITAL.
Agora ben, esta oposición, ademais de ter todo o dereito de existir, ten a obriga de identificarse. Mentras tanto tendes o crédito dun ANONIMO ¿sen ánimo de lucro?

27/12/05 20:03

 
Blogger Carballo Dixital said...

Si, sen ánimo de lucro.

Se ti consideras que exercemos unha labor (que non pedimos nin aspiramos), pero que tampouco exercen outros que lles corresponde, estaremos cumplindo unha función social necesaria en toda democracia.

E tamén temos todo o dereito a non identificarnos. Proba diso é que ti non te identificas, e ninguén cho pide.

Con respecto ó crédito, xulga ti mesmo: non houbo nada que tiveramos que rectificar de todo o que publicamos (o que non quere decir que sexamos perfectos, dende logo). Non por estar identificado se ten máis crédito.

27/12/05 20:32

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner