Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 06, 2006

Concello bananeiro


Coma na Terceira Lei de Newton, a acción produce a reacción. Do mesmo xeito, as palabras de Andrade publicadas o día anterior, producen a contestación do PP, que fala de "prácticas propias dun concello bananeiro". Reproducimos a continuación o comunicado íntegro:

“O PP DENUNCIA A ACTITUDE CACIQUIL E DEMAGÓXICA DE ANDRADE EN RELACIÓN COA ADXUDICACIÓN DO PARKING SUBTERRANEO-CENTRO COMERCIAL

Resulta inadmisible que o Sr. Andrade teña a osadía de criticar ó PP por cumprir coa nosa obriga, que non é outra que a de velar polos intereses de Carballo e polos dos seus cidadáns. As súas manifestacións en relación co proceso de adxudicación do aparcamento subterráneo-centro comercial producen perplexidade.

O Sr. Andrade non ten ningún respeto polas normas e moito nos tememos que, se por él fora, non habería nin procedemento de contratación. Dá incluso a impresión de que ten un interese persoal en adxudica-la obra como sexa, prescindindo de calquer tipo de formalismo. Preguntémonos que interese ten o goberno en adxudica-la concesión a unha gasolineira sen funcionamento e sen solvencia. Cremos que teñen moitas cousas que ocultar.

O Sr. Andrade carece de credibilidade. Él "embarcou" a Carballo no Polideportivo da Grela e foi o autor da ponte torcida do San Martiño, que houbo que tirar para facer outra decente. Sen ir máis lonxe, temos o exemplo do porto deportivo de Razo. Xa todos o coñecen en Carballo e xa se sabe a credibilidade que ten.

O PP quere lembrar igualmente que as esixencias de documentación non as establece a mesa de contratación, senon a lei, e o Sr. Andrade non parece estar pola labor de respetala. É significativo o feito de que o Sr. Andrade non desmentiu nin un só dos datos ofrecidos polo PP sobre este asunto.

Á vista dos feitos, no PP temo-la impresión de que con gobernantes como Ferrero, Andrade e Viña, algunhas empresas-fantasma están na súa salsa.


De tódo-los xeitos, a nós non nos amedrentan as bravuconadas do Sr. Andrade e as súas prácticas propias dun concello bananeiro e, polo tanto, chegaremos ata onde sexa preciso para pararlles ós pés tanto a él como a un equipo de governo que despreza a lei cando non se axusta ós seus intereses.”


Despois do desbarre de Andrade, era previsible a contestación do PP. Pero, ¿non se equivoca o PP entrando ó trapo das descalificacións do "Cazador" (que, non o esquezamos, tamén sirven para calificalo a el)?

Entendemos perfectamente que o PP non quede calado. Pero o que queremos non son críticas duns a outros. Queremos datos, información, argumentos, para formar unha opinión pública que se supón maior de idade e sabe interpretar o que le (aínda que moitas veces algúns encargados de poñer en negro sobre blanco os datos teñen intereses ou prexuizos que desfiguran a realidade). Neste sentido, cinguíndonos ós datos e ós feitos, ten razón o PP cando di que “Andrade non desmentiu nin un só dos datos ofrecidos polo PP sobre este asunto”. Esa é a verdadeira conclusión que podemos extraer desta polémica.


Enlaces relacionados:

Y si no... se enfadan

14 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Me gustó lo de "CONCELLO BANANERO". Le va al pelo.

6/6/06 10:41

 
Anonymous Anónimo said...

Novedades: ahora van a ser asesores de la Diputación los que han de enmendar la plana a los funcionarios y asesores del Concello, quienes, o no saben más, o ya no tragan con tanta trapallada. Así, así, así me gusta a mí. ¡Veña asesores!!!!

6/6/06 11:06

 
Anonymous Anónimo said...

Es que es muy duro tener que incomodar al jefe con un informe en contra de lo que le interesa... así que mejor pasarles la patata caliente a otros, por ejemplo a los de la Diputación

Los funcionarios, ya se sabe, el que paga manda, y ya se sabe que el que autoriza las horas extras es el alcalde, y otras cosas más

(Lo de la independencia de los funcionarios queda muy bien en los libros y tal, pero a la hora de mojarse es muy raro ver a un funcionario mojarse en contra del político que le manda, salvo que le vaya el puesto en el informe, claro)

6/6/06 11:27

 
Anonymous Anónimo said...

Bravísimo Bernardo Silva en Radio Voz (es la única tertulia que merecela pena, sobre todo por él).
Genial la pregunta de ¿qué hacia la oposición durante los años de gobierno del PP?, ¿iban al cine?
dejaste sin palabras a los demás tertulianos. Trataron de irse por la tangente pero se nota que eres infinitamente más listo que ellos y tienes mejores argumentos.

Sigue así, dando caña al Gobierno y al PP, a cada uno lo que le toque.

6/6/06 11:32

 
Anonymous Anónimo said...

Non fai falta ser moi listo pra saber que cada can abedece ó seu amo.
Neste caso, as escandalosas horas extras que lle teñen autorizado a algún funcionario que pasa o día no café ou facendo a compra, téñense que compensar dalgún xeito. Teñen a desgraza de "traballar" nun concello moi pequeno e todos se coñecen.

Aquí cada quen arrimase ó teto máis cheo. É humano ¿non?

6/6/06 11:37

 
Anonymous Anónimo said...

Pois tes razón, eu non son do PP e os únicos tertulianos que se salvan son Silva, Acacio e Puga. A tódolos demáis, empezando por Gabriel , tiñanlle que ir dando pasaporte ou xubilalos directamente. Son insoportables. O luns, veña Neria. O martes sobeme a tensión escoitando a Pedro do pesoe. A reunión de galiñas do miércoles xa hai tempo que non a escoito porque a Rives ponme enfermo. Os xoves, as vellas glorias do rock ann roll divagan moito. E o colofón dos venres con Gabriel berrando pra ter máis razón, xa é absolutamente intragable. En fin, fai falla savia nova e menos corazón e máis intelixencia.

6/6/06 11:49

 
Anonymous Anónimo said...

Estoy de acuerdo con el editorial de esta noticia. Lo que los ciudadanos queremos es información y argumentos. Vivo desde hace 14 meses en este lugar y me asombra comprobar como se va a caer en el mismo error que en otros pueblos. No respetar la plaza publica, el lugar donde muchos hacemos nuestra vida diaria con nuestros hijos, me parece, honradamente un error. No tengo suficiente conocimiento de la ctualidad politica del pueblo, pero reducir el principal espacio de esparcimiento de los niños para sustituirlo por otro centro comercial es un mensaje muy negativo para el futuro. Es mejor ver crecer jugando a los niños que crear automatas consumidores.

6/6/06 13:01

 
Anonymous Anónimo said...

A ver cando se deciden os do goberno a dar información verdadeira do que queren facer. Non pretenderán que lle demos carta blanca pra ter outra "Grela" ¿ou si?
Cando volte o alcalde de facer as américas esperemos ter resposta.

6/6/06 13:21

 
Anonymous Anónimo said...

El alcalde no fue a hacer las Americas. Era una misión diplomatica del mas alto nivel, ya lo dijo el consul.

6/6/06 13:36

 
Anonymous Anónimo said...

Para incidir no tema do parking-centro comercial, gustaríame expoñer aos lectores deste blog un supoñer: supoñamos que se quere adxudicar unha obra pública que costa 15 millóns de euros a unha empresa concreta. Os procesos de contratación son públicos e transparentes, máis estando a oposición na mesa de contratos, logo, ¿como podo facer para conseguir da-la obra a dedo? Parece imposible, ¿verdade? Pois non, señores, nada máis sinxelo: quen fixo a lei fixo a trampa. Explícome:
1.- Fago o estudio económico de custes da obra dacordo coa empresa que quero que resulte adxudicataria.
2.- Poño no estudio que a obra custa 9 millóns de euros (xa sei q dixen q custaba 15, pero poño 9).
3.- Inicio o proceso de licitación. Só se presenta a empresa que eu quero, posto que os números non lle cadran a ningunha outra.
4.- Adxudico a obra á única empresa presentada, contra vento e marea (aínda q non contara con q a chapuza da empresa nin siquera saiba facer unha oferta cos mínimos requisitos legais).
5.- Ao non se presentaren máis empresas, podo declarar deserto o proceso e proceder ao procedemento negociado sen publicidade, que permite invitar a só 3 empresas, elixidas a dedo. Con este paripé, quedo ben ante a opinión pública: non será tan bó negocio que só se presentou unha empresa.
6.- Invito á empresa que me interesa, a única que se presentara, e a 2 máis que me diga a propia empresa, a ser posible controladas polas mesmas persoas ou grupo.
7.- Adxudico a obra á empresa que desde o principio me interesaba. Punto final. Obxectivo conquerido.

Agora pensarán, ¿e cómo é posible que a empresa a vaia facer por 9 millóns de euros se costa 15?¿son tontos os desta empresa?

Resposta demoledora (e o tempo dará e quitará razóns):
1.- A empresa empeza a obra, pero, cando teña a praza enteira levantada, resultará que ¡oh, sorpresa! os custes da obra dispáranse por motivos imprevistos: a excusa será o de menos: terá subido o cemento, o gasoil, ou a pedra baixo da praza será máis dura do previsto. Xa dixen que esta trampa xa está inventada.
2.- O Concello ante a disxuntiva de resolver o contrato coa empresa e deixar a praza levantada, non terá outro remedio que suplementar o presuposto, por suposto con cargo ao Orzamento municipal (cartos de todos os carballeses), por motivos "imprevisibles" e pola urxente necesidade de deixa-la praza en condicións de uso.
3.- A lei de contratos públicos só permite modifica-los presupostos dos contratos ata o máximo dun 20 % de sobrecuste, pero, ante dunha situación "urxente e imprevisible" coma esta, non lle custará moito ao governo municipal conseguir "informes técnicos" que avalen a solución como única viable.

Resultado:
1.- o meu amigo levou a obra.
2.- pagou 9 millóns por ela.
3.- os carballeses pagan todo ou grande parte dos outros 6 millóns, aforrándollos ao meu amigo.
4.- o meu amigo queda co mellor solar da vila durante non 40, senón 60 anos, porque os custes se dispararon e ten que obter rendibilidade.
5.- os carballeses, que se fo****.
6.- eu xa estarei retirado da política, ou contarei unha milonga calquera e quedareime tan ancho(Andrade); eu xa fun Alcalde, cando nunca tal pensara logo de tanto batacazo electoral, e os meus tragarán con todo con tal que poña a miña "honradez" por diante con cara de ofendido botándolle a culpa a Andrade (Ferrero); eu non me enterei de nada, porque era o "bombeiro" apaga-lumes entre os outros dous, e non teño culpa (Viña).

Perdón pola extensión, pero é a mínima imprescindível para expór o proceso dun xeito o máis diáfano posible para todos.
Agardo estar errado, pero moito me temo que non...

7/6/06 09:54

 
Anonymous Anónimo said...

Me parece muy acertada tu reflexión.
Todo esto me recuerda al tema de la guardería municipal (sin tratar de comparar el montante económico del caso).
No sé si recordáis que cuando se publicaron las bases para optar a la gestión de la guardería municipal, hubo una serie de pasos erráticos, reuniones, modelos de gestión, informaciones variadas, sesgadas, dimes y diretes.

Pues bien, entre una nebulosa malamente explicada, consiguieron los limpios y transparentes del bloque hacer unas bases (seica copiadas del concello de Oleiros, no digo más)según las cuales cualquier persona mínimamente responsable y con algo que perder (por lo menos la vergüenza) no podía presentarse.

Esto es, o no daban de comer a los niños, ni limpiaban la guardería, ni pagaban sueldos, o era imposible optar a hacer un trabajo digno en esas condiciones.

Alguien finalmente se llevó el gato al agua. Y en determinados círculos sí sabemos quién era, cuáles eran sus vinculaciones con el B.N.G., qué les ofreció a sus amigos y qué información tenía para concursar a algo que podría calificarse de temeridad.
Esa persona, aparentemente poco vinculada con Carballo, unha rapaza da Universidade da Coruña,etc,etc tenía un as en la manga: el favor de sus amigos del bloque y la seguridad de que, una vez estuviese desarrollando su labor, el cánon fijado inicialmente sería revisado por imposibilidad material de dar el servicio en las condiciones exigidas. Así ocurrió al poco tempo. En la hemeroteca tenéis pruebas del asunto.
Por las similitudes del caso, al leer el post anterior me vino a la mente toda esta movida.
Aunque parezca ciencia ficción, no me extraña en absluto que vuelvan a hacer lo mismo y en un negocio de 9 o 15 millones de euros.
Al tiempo.

7/6/06 11:13

 
Blogger Carballo Dixital said...

Efectivamente, la concesión se modificó en abril de 2005 "para que non se rompa o equilibrio económico-financeiro".

Podeis ver la noticia en el siguiente enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3595428&lnk=ESCUELA,INFANTIL,CARBALLO

7/6/06 12:29

 
Anonymous Anónimo said...

Son quen fixen o comentario anónimo que se publicou logo coma novo post titulado "ficción". Tras ler o comentado ás 11:13 do 7/6/06, teño que coincidir co sinalado polo lector anónimo, ainda que recoñezo que non coñecía o caso, pero iso demostra dun xeito inequívoco que este governo xa coñecía esta "trampa legal" con anterioridade, e, se xa funcionou unha vez, ¿por que non repetila? Se a aprenderon de Gelo en Oleiros, pode ser... (é un dos pioneiros na súa utilización), pero tamén é habitual en A Coruña e en Concellos de toda clase de cor política.
O que sucede e que a oposición de cada un deles pon o grito no ceo (ainda que algúns gritos teñan vedado o acceso aos meios de comunicación nalgunha vila), e quen é oposición e critica a práctica nun lugar é quen a fai e a xustifica noutro. Así che é a política...
Xa veredes cómo funcionará a adxudicación da futura 2ª gardería carballesa... Admito apostas.

7/6/06 12:53

 
Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a Lei fixo a trampa, Vol. 2

Dado que considero que é moi importante para os cidadáns coñecer cómo funcionan os nosos políticos, e por seguir coa liña que escomencei de prácticas "quen fixo a Lei fixo a trampa", referíndome ao tema do parking-centro comercial de Carballo, expoño outra práctica moi común:

1.- Teño que facer unha obriña, p.ex.: asfaltar un camiño.
2.- Teño un amigo que é constructor.
3.- Quero darlle a obra.
4.- Non quero ter que facer unha licitación pública da obra, para poder dala "a dedo".

Solución "legal-trampa":
1.- A Lei que regula os contratos públicos permite que, por debaixo dunha cantidade (creo q anda de 2 a 5 millóns ptas en función da clase de contrato), non fai falta promover concorrencia pública de ofertas, ou sexa, que permite dalas "a dedo".
2.- Se costa menos da cantidade legalmente esixible para dala a dedo, doulla a meu amigo. Non é necesario firmar contrato, simplemente meu amigo fai a obra e logo manda a factura ao Concello, págaselle e punto.
3.- Se costa máis, dígolle ao meu amigo que me mande unha factura por debaixo do límite máximo legal, e logo mande outra, ou outras, cambiando un pouquiño a descrición da obra (coma se fose obra distinta) ata chegar ao resto do importe.

A Lei prohibe partir en cachos obras que son unha única cousa, para evitar esta práctica, pero, ¿quen comproba logo as obras para verificar isto? O responsable político do Concello. ¿Queda claro?

Conclusión: podo dar obras a quen quero, podo incluso facer que as facturas as pase nun ano distinto ao que corresponden para saltarme a virtualidade dos Orzamentos públicos (isto téñoo lido neste mesmo blog recentemente, e merecerá un comentario aparte máis adiante, pois é outra "trampa" habitual).

E non digo onde se está a facer isto todos os días, e non é só en Carballo...

Xa se sabe que quen fixo a Lei...

7/6/06 13:03

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner