Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 16, 2007

Retorna Xocaloma?

Hai novas que resultan un verdadeiro pracer traer ó noso blog, coma por exemplo a que hoxe lemos en LVDGE e que protagoniza o máis famoso conxunto musical dos que teñen saído da nosa cidade. A Asociación Cultural San Campio prepara para o próximo día 25 en Cances un concerto protagonizado por Xocaloma.

Mais a boa nova non queda aí. A formación xa fixera un amago de retorno hai catro anos cando o 25 cabodano do seu disco Terra, e agora semella que, polo menos boa parte deles, están a valorar seriamente a posibilidade de voltar ós escenarios. Os anos pasaron, e os compromisos profesionais e persoais provocarán algunha baixa, mais a maioría dos seus compoñentes teñen reanudado os ensaios e para o concerto do 25 preparan temas inéditos.

Dende Carballo Dixital sumámonos á iniciativa de apoiar o retorno de Xocaloma. Segundo Dolores Platas “moito dependerá” da acollida do público, e posto que somos moitos os carballeses que desfrutaríamos coa confirmación da noticia, apostamos decididamente por un retorno tan agardado coma o do rei Aragorn.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Encántame Xocaloma e estou 100x100 disposto a apoialos como poida, como escritor e na miña páxina de xensboy en YouTube. Viva Dolores Plata e viva Xocaloma.

19/5/08 20:01

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner