Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, diciembre 22, 2007

O gordo!!!


(Foto: A Nosa Costa)


Moito temos falado de sambenitos, malas famas e falta de referentes en Carballo. Mais contra todo pronóstico, a fortuna quixo en apenas un mes a nosa cidade saltase á primeira páxina dos medios nacionais por motivos positivos. Hai quince días era o éxito de Róber Bodegas no "Rey de la comedia", e hoxe espertámonos coa nova máis espectacular do ano: o gordo na lotería do Nadal cae en Carballo.

Foi a administración da rúa da Estrela a encargada de vender nada menos que 15 series do nº 06381, e o bar Arco Iris, que levaba anos xogando a este número, era hoxe un dos escenarios de ledicia máis desbordada. Moitas foron as televisións e medios de comunicación nacionais que chegaron a Carballo a cubrir a nova, e moitos os nosos veciños que puidemos ver nos noticiarios de mediodía das principais canles celebrando con champán e bágoas o reparto do multimillonario gordo.

Pagar hipotecas e viaxar eran as intencións da maior parte dos premiados, que coincidían en que non ían poder deixar de traballar, pero felicitábanse pola súa sorte e polo repartido do premio. A isto queremos engadir nós outro dato importante: moitos carballeses con cartos son unha gran noticia para os demais carballeses ós que non lles tocou nada, pois supón un aumento de poder adquisitivo e de consumo para os nosos comerciantes e empresarios, e un impulso inesperado para a nosa economía local.

Así pois, doble motivo de felicidade. Noraboa ós premiados e feliz Nadal a todos.

Actualización:
Non vos perdades a noticia comentada por Rober Bodegas (vía comentario anónimo neste post)



5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

penosa a imaxe que demos en todas as televisións, eses tios borrachos coma pelexos, e o outro decindo que vaia ir ás putas,

que pena que non se sepa gañar de outro xeito

polo demáis, noraboa aos premiados que o saben disfrutar.

22/12/07 21:34

 
Anonymous Anónimo said...

asi lo vivio roberto bodegas.

en este link de adn esta su texto

http://www.adn.es/ciudadanos/20071222/NWS-1428-Rober-Bodegas-Gordo-Loteria-Carballo.html

22/12/07 21:59

 
Anonymous Anónimo said...

Para los amargados de siempre que en lo único que piensan es en criticar y criticar al gobierno local de turno, al bipartito al BNG y a Evencio. Malos perdedores que buscar ubicarse en posiciones de poder difamando a sus rivales. Para que vean, en el Carballo de hoy, hay un buen clima, buenas ondas, muy buen ambiente... y claro!!! esto se demuestra hasta en el azar. Enhorabuena a los ganadores y a todos los carballeses en general. Soplan vientos nuevos en esta comarca. Con los PPs y Varela... ni en la pedrea figurábamos. Felicidades!!!

25/12/07 21:14

 
Anonymous Anónimo said...

Pero ¿todavía no te has tomado la pastilla? La cosa es grave, me temo que deberías hacértelo mirar.

25/12/07 23:01

 
Anonymous Anónimo said...

Para el comentario de "los amargados de siempre... Soplan vientos nuevos en esta comarca...":

¿Nunca oíste que el gordo cae siempre en los lugares donde ocurrió una desgracia en los últimos meses?

26/12/07 09:24

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner