Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, junio 19, 2010

¿Qué foi de… o Feirabús?



Tamén poderíamos titular este post coma “qué fácil é predicar e qué difícil dar trigo”. Falamos dunha proposta aprobada polo pleno municipal de Carballo no mes de abril de 2009, promovida polo PP e aceptada polos grupos do goberno. Pretendía crear un servizo de autobuses para os días de feira dende as parroquias do concello, de maneira que se fomentase a asistencia ó mercado e ó mesmo tempo se reducisen os monumentais colapsos de tráfico e aparcamentos que adoitan a producirse (por certo, monumental este último por culpa das obras do mercado).

Abofé que aquello foi unha boa nova. Goberno e oposición aprobando conxuntamente unha boa medida, beneficiosa para Carballo, por riba de rifirrafes e hooliganismo político. Ou iso pensabamos todos. Porque onte o PP de Carballo daba unha rolda de prensa para criticar manobras sospeitosas nos procesos de contratación do Concello (xa falaremos diso outro día), e aproveitaba para recordar que nun ano o goberno non fixera nada neste asunto, nin sequera un estudio do proxecto, ó tempo que reclamaba as oportunas explicacións do concelleiro de Promoción Económica.

Así que unha vez máis nos damos de bruces coa triste realidade. Unha realidade na que temos un alcalde, don Evencio Ferrero, a quen se lle enche a boca falando de diálogo e participación para con todo o mundo, pero que non leva adiante aqueles acordos que se fan en virtude dese diálogo. Unha vez máis o contraste entre as marabillosas palabras e a fealdade da ausencia de accións. O Feirabús xa forma parte tamén das naves perdidas no triángulo das Bermudas carballés.

Etiquetas: , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Mira que sodes. Pois claro que se fixeron xestións. Está aparcado ao lado do metro lixeiro, no parquin soterrado da praza do concello.

Sempre botando contra o mellor alcalde da Historia.

;0

21/6/10 18:53

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner