O morto estaba ben vivo
É o que está a pasar coa polémica do vertedoiro da canteira de Santa Lucía, na parroquia da Brea. Fagamos memoria porque hai ben tempo que trataramos este asunto en Carballo Dixital: hai xa máis de 4 anos, en febreiro de 2006, un grupo de veciños denunciaba que a empresa Desguaces Lema emprega a vella canteira coma escombreira de residuos de obra, e que dese xeito podería contaminarse fontes de agua das que se servían. Un caso, por certo, ben semellante ó que anos atrás se dera na parroquia de Cances. Logo dun proceso legal, o tema desaparecera das información local, pero esta semana voltaba con forza.
Porque o Xulgado de Instrucción nº 3 de Santiago atendía os requerimentos dos veciños e dictaba unha orde de paralización das actividades. Hoxe, o BOE ofrece a versión exclusiva da empresa afectada (non sabemos nada dos veciños), que a través dos seus avogados expresa o seu estupor e o seu rexeitamento a esta orde, toda vez que consideran que o asunto xa fora xulgado e resolto polo Xulgado nº 2 de Santiago e pola Audiencia Provincial, polo que consideran que podemos estar ante unha falta de coordinación do ministerio público.
Cuestións legais aparte, a nós non deixa de sorprendernos coma unha asunto deste calado pode pasar totalmente desapercibido durante case 4 anos da actualidade local, ata o punto de que todos dabamos por morto o que en realidade resultaba estar ben vivo. Se cadra se trata dun malentendido, ou se cadra o vertedoiro de Santa Lucía tamén estaba detrás das vallas. Habémolo saber pronto.
Etiquetas: canteira santa lucía
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home