Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 25, 2010

Do Plan E(spléndido) ó Plan T(ieso)


Abofé que a bofetada está a ser histórica. Logo de dous anos nos que o PSOE se enchiu a boca falando da defensa de dereitos sociais fronte ós tiburóns especuladores neoliberais, e nos que se dilapidaron miles e miles de millóns de euros en auténticas barbaridades, hai dúas semanas o presidente do goberno anunciaba, sen previo aviso, o maior recorte de gasto social da historia. Moito tiveron que ver as chamadas telefónicas de Obama ou de Hu Jintao. Unha semana despois o ministro de Fomento facía o mesmo co maior recorte de inversión en obra pública da historia. Agora o FMI di que todo isto non é suficiente. E por se fora pouco onte case que todos os alcaldes de España sufrían un amago de infarto: o BOE publicaba (tamén sen previo aviso, con nocturnidade e alevosía) a prohibición inmediata de que os concellos poidan pedir créditos a medio ou longo prazo ata o 2012, coa fin de reducir o espectacular déficit dos municipios, que ademais está a afogar a moitas empresas. Dende o punto de visto dos alcaldes isto significaría que, na actual situación de parálise inmobiliaria, moitos non ían ter un peso para invertir, ou se cadra para pagar débedas ou nóminas, en plena recta final electoral. En Carballo, sen ir máis lonxe, esta medida podería facer peligrar o remate da Casa dos Oficios, e case que anular a capacidade de inversión do Concello para o 2011, cando os carballeses estaremos chamados ás urnas.

Coma é natural, unha vez repostos do soponcio, os alcalde fixeron chamar todos os teléfonos vermellos, e finalmente a Fegamp conseguir convencer ó Goberno, que en só 24 horas deu marcha atrás (e nin que fora a primeira vez), culpando de todo a unha “errata” de imprenta: en realidade a norma aplicarase, pero solo do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do 2011. Vamos, que de aquí a final de ano, a endebedarse todo o mundo canto faga falta, que logo o grifo péchase. Unha mostra bochornosa da clase do país no que vivimos: en só un ano pasamos de gastar 13.000 millóns de euros nos Plans “E”, a recortar salarios, conxelar pensións, eliminar cheques-bebé, eliminar obras públicas, e impedir o crédito. Pero ademais, ¿en que se gastaron os cartos do Plan E, por exemplo sen sair de Carballo? ¿En infraestructuras de transporte que fixesen máis competitivos os desprazamentos? ¿En solo para as industrias? ¿En formación profesional? Non, os nosos gobernantes elexiron gastalos nun spa, baño turco, renovación de beirarrúas, muros de formigón dentro dun “parque”, e centros sociais “de deseño”. Todo iso nun concello con taxa de paro récord. Se logo non hai cartos para servizos ou obras máis básicas, agardamos que o noso alcalde Ferrero, ó igual que ós demais, non teña a cara dura de botarlle á culpa ás outras administracións. El, coma os demais, adicouse a queimar diñeiro público coma se non valese nada.

E falando de Ferrero, chamáronnos poderosamente a atención unhas opinións que hoxe recolle a prensa local co gallo do recorte de salarios que precisamente acaba de propoñer a Fegamp. A federación de concellos españois propón rebaixas de soldo de entre o 0,25% e o 15% para os alcaldes de todo o territorio, seguindo a estela marcada para outros deputados ou altos cargos. Pois ben, o comentario de don Evencio ó respecto é o de que se debe ter en conta que el xa conxelou o incremento de salario en anos precedentes e que se debe negociar a rebaixa co resto da corporación. Queremos entender que con isto o líder nacionalista non está a poñer ningún pero á rebaixa do seu soldo e dos seus compañeiros de goberno na porcentaxe correspondente, e que non ha regatear puntos porcentuais pola “conxelación” de anos anteriores. E non é que sospeitemos de forma gratuita, senón que o facemos porque temos un antecedente recente no que precisamente o alcalde reducía o soldo da oposición ó tempo que tan só conxelaba o seu. Agardamos que todo o mundo estea á altura das circunstancias.



Etiquetas: , ,

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Evencio no tiene por qué rebajar su sueldo como cualquier otro alto cargo. Todo dependerá de cuanto cobre.

Sería muy interesante proponerle que, en esta época en que todos estamos recibiendo el borrador de la declaración de la renta, haga público el suyo (el original, no un papel escrito por él mismo), y así disipar las dudas, porque no entiendo el motivo por el que nunca ha cumplido su promesa de hacer público su sueldo real.

Así, visto el sueldo, sería perfectamente lógico que no se rebajase el 15 % si es un sueldo de maestro.

Aunque me parece que no va a publicar su borrador. ¿Por qué será?

25/5/10 22:47

 
Anonymous Anónimo said...

Evencio el mayor mentiroso de la política carballesa, sabe manejar la demagogia como nadie, recuerdo frases como el estudio para definir la alternativa vegetal para las rotondas, el estudio para decidir la decoración del depósito de agua, y estudio de similar importancia para el economía de este pueblo.

Pero la culpa no es de él, es de todo los que se sientan en el mismo consistorio incapaces de hacer oposición.

26/5/10 08:30

 
Anonymous Anónimo said...

Pues nada, parece ser que "la voz de los ricos y poderosos" se ha borrado del mapa, parece ser que las diversas reuniones caracolianas ahn dado fruto a un acuerdo. Se ve que se ha dado orden desde arriba de no seguir con ese tema, ¿qué se pudo hablar en esas reuniones que hizo cambiar tanto la cosa?.

Por cierto, ¿lucirán tan grandes los carteles del PP de las municipales, como los del Plan E de Zapatero? seguramente contratarán a la misma empresa que se los hace a la privada de la "subvencionada" autopista, me da a mí que hay buenos contactos por esa vía...

26/5/10 11:17

 
Anonymous Anónimo said...

El ex-BOE siempre ha sabido apostar a caballo ganador y por eso abandona a Evencio a su suerte, como las ratas abandonan el barco que se hunde.

26/5/10 23:13

 
Anonymous Anónimo said...

a ver si outros aprenden e abandonan o barco tamén antes de que afunda, ainda que perdan esa maravillosa nómina.

27/5/10 23:18

 
Anonymous Anónimo said...

Pues yo estaré miope, pero no he percibido ese cambio que decís en el BOE

28/5/10 00:19

 
Anonymous Anónimo said...

Dios canto rencor.

Debedes de saber xa que Evencio seguirá de alcalde, tendes enquisas? tendes datos? por favor decideo, pooorfaaaa.

E por certo, si Evencio manten a nómina de mestre e aos mestres lle rebaixan o soldo é de supoñer que a Evencio tamén.

En fín, el rencor os corroe, jejeje, pois eso, a segir sufrindo que é o que vos queda.

29/5/10 11:52

 
Anonymous Anónimo said...

Que Evencio se vai rebaixar a nómina? Canto iluso hai polo mundo! Ainda estou esperando que publique o que realmente cobra, certificado pola Secretaria do Concello. E levo 7 anos de espera.

29/5/10 13:05

 
Anonymous Anónimo said...

cheeeira o discurso do PP, retides e repetides sempre o mesmo, sempre o mesmo, cansinos cansinos ...

6/6/10 11:21

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner