¿As forzas de seguridade de Gila?
Probablemente motivados polo escándalo da escalada da delincuencia en Carballo, hoxe algúns membros da benemérita saen a palestra dos medios de comunicación. Concretamente, a Unión de Guardia Civiles denuncia as graves carencias existentes na dotación do cuartel da capital de Bergantiños. Fan referencia a un accidente de tráfico acontecido hai unha semanas no que un todoterreo “verde” sufriu un choque motivado en parte por ter gastados os neumáticos.
Sen embargo, calquera lector minimamente observador se decatará que as queixas dos gardas civís carballeses van encamiñadas a xustificar a inoperancia policial fronte ós ladróns e maleantes que dende hai un tempo atemorizan a toda a comarca ante a pasividade de todas as forzas de seguridade. Vamos, que polo visto a nosa Garda Civil é coma os militares da guerra de Gila, que no canto de ametralladora teñen un fusil disparado por un tartamudo, e no canto de tanque vai un insultando, que non mata pero desmoraliza.
Por outra banda, os mandos explican que dende hai tempo están sometidos a estreiteces orzamentarias, pero que o cuartel de Carballo non viu reducidos os seus medios. Se a isto sumamos os problemas e queixas que en repetidas ocasións teñen manifestado tamén os membros da Policía Local (e iso que estes cobran bastante máis), temos algúns dos ingredientes que faltan para explicar o desastre da seguridade en Carballo. Nós non sabemos quen leva razón, se en efecto é problema de medios, ou é problema de falta de compromiso do persoal. O que si sabemos que é que isto non funciona e que é hora de pegar un puñetazo enriba da mesa.
Etiquetas: inseguridad
4 Comments:
No comunicado da Unión de Guardias Civiles di de xeito explícito que os neumáticos gastados do vehículo non foron a causa do accidente, xa que o vehículo saltouse un stop.
Eu, que son un "lector mínimamente observador", non me decatei desa segunda intención, que segundo vos, ten ese comunicado.
É certo que tamén a Policía Local se ten queixado. O que é completamente falso é que éstes cobren bastante mais que os Garda Civís. O certo é que os policías locais cobran menos que os membros da benemérita. Este é un dato obxetivo, que aparece nos presupostos das súas correspondentes administracións.
Eu son tanto ou máis crítico ca vos coa situación da seguridade en Carballo, pero, por favor, empregade argumentos que sexan verdade.
15/5/10 20:42
Está usted totalmente errado. Los policías locales ganan bastante más que un guardia civil. Efectivamente, este es un dato objetivo, que aparece en los presupuestos de cada administración, así que compárelos, y no hable sin ver las cifras, porque la diferencia es notable. Los guardias civiles deberían estar mucho mejor pagados.
15/5/10 21:38
Secadra fala vostede dos Policías Locais doutra localidade, os de Carballo cobran menos que os Gardas. Podo demostralo, os datos son de primeira man.
Si deben cobrar mais ou menos, é outra cuestión.
16/5/10 11:45
A mi me da igual quien cobra más, cuando aceptaron el trabajo fue con esas condiciones, y con unas obligaciones, así que las cumplan y que podamos vivir tranquilos en este pueblo, que para detener delincuentes tienen que presentarse estos en las comisarias, en vez de irlos a buscar.
19/5/10 13:35
Publicar un comentario
<< Home