Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 11, 2010

Perden o medo




- Desculpe, preguntaríame se me axudaría a probar unha teoría.
- Claro, ¿qué pode facer por vostede?
- Pois… (disparo). Hola, veño de matar a un home e fíxeno adrede… (non pasa nada). Dixen que matei a un home e quero confesar…
- Cala a boca! (dende unha casa veciña)


Hai ben pouco falabamos da escalada de delincuencia que nos últimos tempos está a sacudir a capital de Bergantiños. Daquela a comparación do Detroit de Robocop podería sonar esaxerada. Pero hoxe un lector envíanos o enlace desta escena de “O último heroe de acción”, co gallo da nova que hoxe ofrece o BOE sobre os roubos no Outón de Rus.

E aínda que os xornais locais relegan a un breve texto en páxinas interiores os feitos, o certo é que se trata dunha das informacións máis graves das que temos lido en varias anos. Ó parecer, o descaro dos ladróns, apoidado na total inoperancia das nosas forzas de seguridad e no “aquí non pasa nada” dos nosos gobernantes, ten chegado a tal punto que unha pandilla se adica a entrar, a plena luz do día, e diante dos demais veciños, nas casas habitadas desta parroquia carballesa. Mesmo cando os veciños lles chaman a atención, mantéñense no seu posto (que soen ser Audis) esperando a oportunidade de que unha casa quede baleira, e entran nela. Coa tranquilidade total de que, coma lle pasa ó sorprendido protagonista do vídeo, a policía non vai aparecer, e van poder roubar todo canto queiran sen oposición. Así como sona: “o peor é que entran polos sitios polos que ti andas todos os días. Calquera día entras na casa e atópaste con eles dentro. Por iso non sei que imos facer. Teremos que andar avisándonos uns aos outros”, manifesta unha das veciñas.

Así que, chegados a este extremo, é momento non xa de sonar a alarma vermella, porque xa ha estar averiada de tanto sonar, senón de dicirlle, simplemente e llanamente, á Policía, á Garda Civil, ó Concello, á Xunta, e a quen toque, que isto é unha VERGONZA, e o que se moleste, en lugar de protestar, que cale a boca, agache a cabeza e faga algo, que de oir falar estamos ata certa parte da nosa anatomía, que non imos nomear porque non vai co noso estilo.



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

B.V: - Hola, son Benedito Viña, concelleiro de seguridade de Carballo, ¿é a Garda Civil?

- Non, este é o bar O Pedrusco

B.V: - Non?, pois que se poña.

- Non se pode poñer, este é o bar, ten que chamar á Garda Civil.

B.V: - Estouna chamando, que se poña!

- (Colgan o teléfono)

Posteriores declaracións en RadioBOE do señor concelleiro de policía de Carballo:

B.V: Tal e como dixen onte en directo, á chamada dunha veciña, era a primeira noticia que tiña deste asunto no Outón, e de inmediato realicei unha chamada á Garda Civil, e estou agardando a que tomen medidas ó respecto.


De libre inspiración nos "Diálogos de besugos", e de pura pura purísima realidade.

11/5/10 20:29

 
Anonymous Anónimo said...

clavado

12/5/10 11:01

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner