Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 20, 2010

BASTA XA



O noso blog xa case parece un monográfico. Este é o terceiro post en pouco tempo que adicamos á delincuencia en Carballo. Despois da oleada de roubos en locais comerciais e bares, e das bandas que entran en pleno día en casas de parroquias coma o Outón, hoxe toca resaltar o enésimo asalto ás obras públicas.

Xa existía certa tradición entre os amigos do alleo a roubar materiais das obra, especialmente metálicos, e incluso se teñen dado casos de sustracción de todo un tendido eléctrico completo. O que non viramos ata o de agora era que, ademais de aumentar o número de frecuencia dos roubos, se chegara ó punto de levar as tapas de fundición dos alcantarillados. E ademais, de novo, con pitorreo, burla e recochineo. Dezasete tapas se roubaran na parroquia de Ardaña (e xa ocorrera antes noutros lugares do concello), e a empresa concesionaria decidiu reemplazalas por outras soldadas. Pois ben, de novo apareceron os cacos no mesmo sitio, reventaron as soldaduras e levaron outra vez as dezasete tapas. Se fan unha comedia con esta historia, non a cremos.

Como temos comprobado que falar non val de nada, pensamos que hai que ser pragmáticos. Se perante esta situación Carballo non é quen de movilizarse, sair á rúa, e berrarlle ós seus representantes e forzas de seguridade que hai que actuar, se o noso tecido asociativo, empresarios, asociacións de veciños, partidos políticos locais, medios de comunicación, etc, non son quen de facer un chamamento colectivo a todos os carballeses para esixir seguridade e xustiza, daquela, señores, se cadra é que tampouco somos merecedores de moito máis.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Un levantamento popular.
Por 17 tapas de alcantarilla.
Ou sodes parvos, ou estades bébedos.
Non me gusta faltarlle a ninguén, pero esto é a repanocha.

20/5/10 22:43

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner