Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, mayo 28, 2010

Nace SERCA (Salvamento e Rescate Carballo)


O clube foi creado por un grupo de amigos nadadores e profesionais do salvamento acuático. A meta principal que persegue é acadar un posto destacable entre os distintos clubes de salvamendo de Galicia, e o mesmo tempo, como non, desfrutar da súa especialidade deportiva na compaña dos amigos.

Nesta temporada, o clube xa colleitou algúns éxitos nas diversas competicións ás que acudiu, aínda que esta primeira temporada sexa unha especie de pretemporada cara a vindeira temporada do 2010/2011. Din ser un clube modesto, polo que van subsanando o problema do material e equipación deportiva pouco a pouco cos seus medios, pola escaseza de axudas por parte da Administracions Publicas e patrocinadores, ainda contan co apoio da Taberna O Patacón, que apostou polo clube dende o primeiro momento, aportándolles unha primeira parte do seu uniforme deportivo.

No que respeta a dirección do clube, o presidente é Carlos Manuel Gómez, un home que leva moitos anos relacionado co mundo do salvamento deportivo e profesional. O resto da directiva que o acompañan son: Marcos Periscal (Secretario), Daniel Vila (Tesoureiro), Carlos Angeriz (Vogal) e Fernando Varela (Vogal).

Polo de agora o clube conta con arredor de 15 competidores/as, todos eles de categoria absoluta, entre os cales un deles posiblemente sexa convocado para asistir ó campionato de España por seleccións autonómicas, que se disputará a comezos do vindeiro mes de xullo na Comunidade Valenciá.

En canto ós asociados, o único requisito que piden para pertencer ó clube é o de estar en posesión da correspondente licencia federativa, sen polo momento requerir ningunha aportación previa nin mensual para formar parte do mesmo, e poder competir baixo o nome do SERCA.

Dende hai unhas semanas, o clube conta co seu propio espacio na rede, www.serca.tk,no cal se pode atopar máis información.

Desde carballodixital desexámoslles ánimo e moita sorte!





Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner