Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 01, 2010

Humilde… ¿ou non?


Falárannos dunha comisión especial, pero o certo é que este luns xa coñecemos as porcentaxes en que os concelleiros do goberno local de Carballo (obrigados polas circunstancias) van reducir os seus soldos. Un 7% verá reducido o seu salario José Antonio Viña, un 6% os demais concelleiros con adicación exclusiva (incluindo o alcalde), e un 5% os concelleiros con adicación parcial. Este sería o resultado máis salientable co movido pleno celebrado onte en Carballo. E dicimos movido porque os ánimos entre Evencio Ferrero e o Partido Popular acadaron temperaturas elevadas e descoñecidas ata o de agora, evidenciando que nos queda por diante un ano ata os vindeiros comicios e as espadas están en todo o alto.

O centro da polémica estriba nos argumentos empregados por Ferrero para xustificar a súa rebaixa, que segundo manifestou sigue os criterios marcados pola Fegamp. Para reforzar o seu argumento o nacionalista gabouse unha vez máis de cobrar o mesmo que coma mestre, e fixo referencia a alcaldes populares doutros concellos de Galicia. Sen embargo, os populares non desperdiciaron a ocasión de lembrarlle que o goberno, unilateralmente, decidira hai uns meses rebaixarlles as retribucións ós concelleiros da oposición un 10%. Ferrero decidiu entón pasar da defensa ao ataque sacando a relucir o salario de Alberto Sueiro como deputado autonómico e presumindo de ter a súa declaración colgada da páxina web do concello. Esto fixo saltar ó concelleiro popular Juan Carlos Castro que acusou ó alcalde de facer “demagoxia” e de ser un “provocador nato”, e preguntou airadamente polas dietas que Evencio cobra coma membro do consello de Xestur, as cales, segundo afirmou, non figuraban na última declaración publicada. A Nosa Costa Radio recolle o audio do momento.

Emocións e palabras aparte, o certo é que Evencio Ferrero perdeu onte unha vez máis unha oportunidade de ouro para quedar coma o home humilde que tanto presume de ser. Porque despois de terlle baixado o soldo á oposición un 10%, cando os deputados, tanto nacionais coma autonómicos, están a baixarse un 15%, e tendo coma ten o goberno con maior gasto en adicacións exclusivas, e con máis paro da provincia… despois de todo isto, agarrarse a unhas recomendacións para quedarse nun 6% resulta ridículo, e non amosa para nada a suposta humildade dun home que fixo do desinterese económico unha bandeira electoral. ¿Tan difícil tería sido rebaixar un 10 ou un 15% os soldos do goberno, e con iso tapar bocas e demostrar a súa humildade? ¿Por qué non se fixo? E, xa de paso, tamén tería sido fácil amosar as dietas que o alcalde cobra coma membro do consello de administración de Xestur, ou doutros organismos, ¿ou non?



Etiquetas:

13 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Sólo aquellos no aciertan a ver más allá de esa sonrisa permantente de Evencio, una máscara tras la que se esconde una persona completamente opuesta al hombre honesto y afable que pretende aparentar.

Muestras hemos tenido de sobra. Esta es una pincelada más. Se baja el sueldo menos que los funcionarios de su propio concello, y eso que gana bastante más que ellos. Predicar es muy fácil, pero el trigo...

Dime de qué presumes...

1/6/10 21:10

 
Anonymous Anónimo said...

supoño que os cobros de xestur,caixa ou organismos varios explican as dietas que abonan polo que non deberia ser dificil saber a cara que lle bota este gacho.

1/6/10 22:02

 
Anonymous evencio y sus testaferros said...

Una vez mas Evencio y su dialectica salen triunfantes pues siempre se focaliza en el alcalde y evidentemente cuando menos es debatible el tema de si el alcalde cobra mas o menos que de maestro o si es mucho o poco.Pero lo que si no soporta ningun debate son los sueldos de Lamas,Benedicto,Viña,Vila,Marcos Trigo,etc.¿por que estos no cumplen el criterio de cobrar como sus sueldos anteriores?porque la cuestion señores es el gasto del dinero publico en individuos que ni cobraban ni cobraran nunca en sus vidas privadas lo que cobran de la administracion publica.Evencio es un tramposo pero al pp el arbol no le deja ver el bosque.

1/6/10 22:14

 
Anonymous Anónimo said...

No, que si para lecciones de humildad en tiempos de crisis ya tenemos a Sueiro, cuando se pasea con su A6 va dando clases de humildad, cuando no lo hace con el Q7. Que aprenda un poco de su compañero de equipo, Paco Camps, que tiene un coche de más de 20 años y se viste con regalos, éso sí que es austeridad.

¿Pero cómo no se dice nada de que "la voz de los ricos y poderosos" no se ha hecho eco de una noticia así?¿o no se hace referencia a su campaña de silencio en lo referente a recortes salariales en el ayuntamiento? ah es verdad, que ahora se ha puesto de lado de los "humildes y trabajadores"...

2/6/10 11:18

 
Anonymous Anónimo said...

si, é o do A6 dando leccións co da gardería, e tivo un fillo ocupando unha praza por familia numerosa, que manda carallo co exemplo.

O peor é sempre do neno que con poucos recursos quedou fora da gardería por culpa dos baremos que axudan aos ricos. Viva la hipocresía del lider del PP.

6/6/10 11:25

 
Anonymous Anónimo said...

Ya, pero de esas cosas por aquí, como es natural, no se va a hablar. No vaya a ser que el señor del A6 se baje del coche para dar un tirón de orejas. En 4 años y medio nunca ha habido ni una entrada para criticar algo en el PP carballés, parece como si el PP ganase las próximas elecciones (gracias a dios, la cosa está lejos de una situación así; por muchas críticas que se le haga al gobierno local, la gente no es ignorante, como la quieren hacer algunos) todos fuésemos a vivir en una utopía. Hasta pienso que Carballo Dixital correría el riesgo de caer en el olvido, por falta de material (que material por la diestra hay de sobra, otra cosa es que se obvie).

6/6/10 19:10

 
Anonymous Anónimo said...

as normas pra entrar na guardería fíxoas o concello, e a concelleira era do Bloque, así que a culpa de que quen precisara o sitio quedara fóra non será de Sueiro, ou pásalle coma Aznar, que todo é culpa del aínda que xa non estea?

Sueiro nin era nin é pobre, eso é algo público. E non me parece criticable. Ou é que a envexa é tan porca como parece? entonces os soldos dalgúns concelleiros deben ser realmente inadmisibles, non?

6/6/10 22:30

 
Anonymous Anónimo said...

si la envidia fuera tiña...¡cantos tiñosos habería!
supoño que as normas esas das que falades non as fixo o concello senón o xefe das finadas galescolas (R.I.P.): o tamén desaparecido en combate e axiña esquecido, don Anxo Quintana. Así que, ide rañala os solteiros sen fillos que berrades polas prazas de garderia para os "desfavorecidos" (que somos a maioria pois o meu fillo estivo esperando pola praza que lle ían facer entre Evencio e os do bipartito...) O meu neo xa vai ó Artai (con enchufe ¡claro! pois tocáballe o san luis romero e xa sabedes....)
E así é o ben que funciona todo en Carballo grazas ós nosos gobernantes do BNG, por certo, moito máis preocupados polo teatro e a música que polos nosos nenos....
¡Dime de que careces....!

bicos pra todos e todas

7/6/10 11:50

 
Anonymous Anónimo said...

Ésto cada vez se parece más a Intereconomía, se quiere un debate monoargumental regido por un censor... de pena.

7/6/10 15:11

 
Blogger Carballo Dixital said...

Aquí nadie censura nada

8/6/10 10:25

 
Anonymous Anónimo said...

Si las referencias al Q7 de Sueiro y a la plaza que su hijo ocupa en un centro de educación infantil público son lo único que se puede argumentar en vuestro particular "intereconomía", creo que los "opositores" al PP deberían estrenar un foro carballés tipo "sálvame deluxe"...encaixan millor! E eu sí que penso que CD pode censurar calquera información, bulo ou cotilleo acerca da vida de evencio, sueiro, viña ou belén lendoiro, penso que non están aí para que ninguén opine sobre a sua cor de pelo ou o coche no que viaxan.
Por certo, gustaríame saber si esa praza que criticades foi acadada fraudulentamente, mentindo ou enganando nelgún dato ou, pola contra, ocupa unha praza que legalmente lle corresponde. Só naquel caso podería ser criticable. Menos demagoxia e máis procrear, precisamos rapaces que traballen para a nosa xubilación!!

8/6/10 11:57

 
Anonymous Anónimo said...

o que decimos as verdades escocen, e sobre todo si se tocan cousas como esta, é cuestión de decencia política, non de beremos nin de quen é a culpa.

DE CEN CIA

9/6/10 15:38

 
Anonymous Anónimo said...

me parto y me troncho con la mala baba del personal

de-cen-cia rima con
pa-cien-cia

a paciencia que lles vai facer falta a moitos seguidores de ZP e do seu estado do benestar que non imos ter nin para a guardería do fillo de Sueiro nin pan para os nosos....

agur

16/6/10 11:41

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner