Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, marzo 19, 2011

Whatizit???


Nas Olimpiadas de Atlanta’96 o comité organizador sorprendeu ó mundo co deseño da famosa mascota olímpica. Barcelona dera o golpe catro anos antes con aquel Cobi surrelista deseñado por Maragall, e algún norteamericano decidiu pasarse de orixinal: presentaron un boneco sen forma definida para deixar á libre imaxinación de cada quen o seu significado. O seu nome era “Whatizit”, abreviatura de “What is it?”, o que poderiamos traducir coma “pero qué raio é?”.

Vennos á memoria esta circunstancia a propósito da presentación da edición 2011 do famoso Panxea. Porque se algún forasteiro nos preguntase ós carballeses en que consiste un espectáculo de nome tan rimbombante, habiamos ter serias dificultades para explicarllo. O que comezou alá polo 2007 coma una exaltación do pan de Carballo coincidindo coas datas da Semana Santa, foi derivando nunha especie de grande encontro “multicultural”, onde tomaban parte actuacións musicais, danza, ciclos de cine exótico, artesanía e gastronomía, todo elo “ordenado” dunha forma que poderiamos calificar de aleatoria. O escenario foi cambiando ano a ano do aparcamento do Haley á praza do Concello ou ó San Martiño. O famoso pan carballés foi perdendo o seu papel principal ata o punto que o ano pasado vivimos unha “Oktoberfest” (festa da cervexa alemana) en pleno mes de abril. Este aparente caos, xunto coa súa coincidencia coas celebracións da procesións organizadas polos feligreses locais, provocaron no seu día certas críticas na capital de Bergantiños. Críticas que foron respostadas vehementemente polo alcalde Evencio Ferrero, quen defendiu o grande éxito da festa da cervexa (éxito por outra parte incuestionable) e os grandes beneficios que deixara para os empresarios de Carballo. Todo o mundo entendeu que dende entón tiñamos unha nova festa instaurada.

Pero resulta que non. Ven de presentarse a nova edición do Panxea e outra volta todo volve a cambiar. A Oktoberfest desaparece do programa contra todo pronóstico, volta o protagonismo do pan, e o programa céntrase nas mostras de artesanía e danza de países tan distintos e distantes coma Arxentina, Nepal, Tailandia, Holanda, Francia, Rusia, India, Marrocos, México, Brasil ou Cuba, e cunha interesantísima exposición sobre o antigo Exipto incluindo unha réplica da tumba de Tutankamon (entrada 2€).

Todo sexa polo boa causa común de promocionar o noso pan, pero abofé que hai moitos modos bastante máis sensatos de facelo. Xa postos a innovar, atrevémonos a facer unha modesta proposta de cara a edicións posteriores: por qué non chamarlle directamente A Festa Sorpresa, e non anunciar o programa nin o lugar ata o mesmo día? Gañariamos en expectación e máis en emoción.


Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Non están os tempos para tirar cartos dos públicos. Vendo o que se expuña, dende logo non me chamou nada a atención. Non vin nada que non se poida ver en feiras coma as de Padrón, Vilgarcía, Redondela, etc.
Pensei que sería outra cousa.
E agora pregúntome canto lle custou ó Concello a montaxe de esta exposición cultural. E pregúntome a rendabilidade do asunto.
Si temos que gastar cartos, e agora máis que nunca, que sexa promovendo e mostrando os nosos productos e á nosa xente. Sin pecharse en Carballo, pero temos moito que mostrar da Comarca e ata da Galicia.
Tivemos bo tempo e iso animou un pouco a asistencia, a curiosidade. Si o tempo non acompañase máis que medianamente, o acto correría o risco de ser un fracaso, e os tempos non están para iso.

20/3/11 11:39

 
Anonymous Anónimo said...

A mi no me gusta nada la actitud de los últimos años del gobierno carballés. La coalición BNG-PSOE parece que están para rascarse la espalda el uno al otro y sacar la mayor tajada posible. Evencio y Viña ya tienen esa gran vida que tanto ansiaban antes de entrar a gobernar; ya es hora de que se marchen y dejen su puesto a gente algo más seria y comprometida.

20/3/11 15:11

 
Anonymous Anónimo said...

en todo caso COBI e un deseño de Mariscal, non de Maragall, xa se sabe que os do PP de cultura gráfica e dedesño moderno ides xustos

22/3/11 14:13

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner