Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 27, 2011

Clubes deportivos e bandeiras de Carballo


As últimas datas veñen de deixarnos novas pouco positivas que veñen a abundar no noso post anterior. Se a semana pasada tiñamos que lamentar que o equipo de basket de Xiria víase na obriga de renunciar a ascender por motivos económicos, resulta que ó equipo de balonmán de Xiria ven de sucederlle o mesmo; e resulta tamén que no fútbol o Bergantiños retorna, case que coma en cada temporada, a habitual crise porque o actual presidente anuncia a súa intención de non continuar. Coma nos casos dos presidentes anteriores, a soidade e a falta de apoios para sacar adiante ó clube máis histórico de Carballo parecen ser os motivos.

É certo que moitas vilas e cidades teñen cando menos un clube que, nas distintas modalidades deportivas, constitúe a bandeira que leva o seu nome polo mundo adiante. No caso da Coruña primeiro foi o hockey co Liceo e logo o fútbol co Deportivo. Mentres en Lugo ou Ferrol o fútbol estaba baixo, os seus equipos de baloncesto competían na ACB. En Santiago pasouse dos anos de gloria do Compostela ó ascenso do Obradoiro ou os éxitos do fútbol-sala. A menor escala, Cerceda ten un equipo de fútbol de primera orde, Camariñas destaca no balonmán, ó igual que pasou no Morrazo. Mentres tanto en Carballo contamos con equipos que destacan tanto en fútbol, coma en baloncesto e balonmán, ademais de en volleyball, hockey ou mesmo en ciclismo e natación. Pero por H ou por B, ningún deles semella ter o apoio, nin económico nin social, para dar un salto máis aló.

Así que chegados a este punto, e tras moitos anos en situacións similares compre facerse varias pregunta. ¿Débese isto á falta de identificación ou de orgullo carballés que moita xente comenta? ¿Sería mellor a especialización no canto da diversificación? ¿Se é así, en qué sentido? ¿Falta mecenazgo ou implicación das empresas no deporte? ¿Merece Carballo ter un clube deportivo de maior orde, ou está onde lle corresponde? ¿Están os carballeses comprometidos cos seus deportistas? ¿Debemos pelexar por un equipo de bandeira, traballar a canteira, ou facer unha aposta intermedia? O debate está aberto.

Etiquetas:

11 Comments:

Anonymous socio bergantiños said...

Esta é a realidade do deporte Carballes. Ese mesmo que o alcalde se farta de alabar e de decir que vai mellor ca nunca. E agora, cando se precisa, onde está Evencio?. Onde estivo sempre, apoiando a morte o balonmán Xiria a costa de todolos demais, eso sí, arrimándose as fotos dos eventos que organicen outros mentras lles vaia ben( agora os do motor) e desparecendo cando teñan problemas.
Se cando a maior institución deportiva de Carballo está en perigo a primeira autoridade non dí nada, o seu concelleiro de deportes (a soldo do concello)non dí nada e ningún dos moitos traballadores do patronato deportivo municipal , teñen nada que decir, cando van aparecer ??? ...Cando veña un ascenso???
O final a politica deportiva de Evencio de afogar os clubes de deportes "non amigos" acaba dando os seus froitos.
Xa verán, o final a culpa acabará sendo de Chano Calvo, o tonto util de Evencio???

28/6/11 11:41

 
Anonymous Anónimo said...

LOS TRES CERDITOS (CUENTO PARA NIÑOS Y MAYORES QUE HUNDEN A SUS CLUBES)

Había una vez tres cerditos que eran hermanos y se fueron por el mundo a conseguir fortuna. El más grande les dijo a sus hermanos que sería bueno que se pusieran a construir sus propias casas para estar protegidos. A los otros dos les pareció una buena idea, y se pusieron manos a la obra, cada uno construyo su casita. - La mía será de paja - dijo el más pequeño-, la paja es blanda y se puede sujetar con facilidad. Terminaré muy pronto y podré ir a jugar. El hermano mediano decidió que su casa sería de madera: ...

28/6/11 21:10

 
Anonymous Anónimo said...

non nos engañemos, o deporte de carballo está en mans de catro persoas que sacrifican os seus traballos e as suas familias para sacar adiante as entidades do concello. todos os que estamos neste mundillo sabemos de que pao vai o concello, moi boas palabras pero ó final so corren cando o balonmano ten problemas. Non digo que se teña que inxectar cartos no bergantiños, pero que se podian facer moitas cousas para que o clube fora un referente no futbol galego, iso seguro.
de todas maneiras temos que ser criticos os propios habitantes do pobo, que non somos capaces co noso apoio de levar adiante as entidades deportivas, basicas para a educacion dos nosos fillos e para a imaxe do pobo de cara a fora.

29/6/11 11:24

 
Anonymous Anónimo said...

eu creo q traendo menos xogadores de 1.000 € mensuales e traendo mais xente da zona ( que os que andan no mundo do futbol saben que cumplirian por menos ) podiase manter o equipo sen chegar a situacion limite da desaparicion

29/6/11 13:46

 
Anonymous Anónimo said...

E moi fácil criticar ó concello sen saber cal é a súa aportación económica(que non é pouca).As veces hai que mirarse o propio ombligo e pensar se realmente se están a facer ben ás cousas.Recordar que a canteira do Bergantiños está entre as mellores a nivel autonómico e ese sería o comezo do crecemento dunha gran institución como a carballesa. Creo que chegou o momento de dar un paso para atrás para pronto poder dar dous ou máis pasos hacia diante(pasoulle o Xiria de balonmán e agora está recollendo os frutos).Agora ben,un último esforzo a quen poida para non deixar morrer esta gran entidade

29/6/11 14:47

 
Anonymous Anónimo said...

PAPELAZO DO DIRECTOR DO PATRONATO¿alguen sabe da sua funcion no deporte carballes aparte de colocar vallas en xogar na rua?

29/6/11 20:46

 
Anonymous Anónimo said...

O 95% dos xogadores da plantilla do Xiria de Balonmán son de Carballo
ahí está o éxito de este clube, deixádevos de parbadas de que si apoian máis ou menos
¿Canto gasta o Bergantiños en soldos dos xogadores? ¿canto gasta o baloncesto Xiria en soldos de xogadores?
duas auténticas burradas de cartos neste momento de crisis

¡¡deixádebos de parvadas!!

29/6/11 20:47

 
Anonymous Anónimo said...

Quizáis o problema non esté na aportación económica, senón nos administradores dos clubes que reciben dita aportación.

29/6/11 21:48

 
Anonymous Anónimo said...

Pois si suprimiran a figura do director do patronato poderia haber algunha axuda máis...para cousas tan simples como balons novos ou mantemento das instalacions(redes, botiquin, etc...) pero claro, o 1º e o 1º...eu non vexo que faga tanto este home

30/6/11 20:10

 
Anonymous Anónimo said...

¿Quen é o xefe do patronato?

1/7/11 00:59

 
Anonymous Anónimo said...

Tanto que presume el Balonmano de lo poco que gasta en sueldos de jugadores, el día que se sepa lo que gasta en sueldos, sin más vamos a quedar flipaos!!!!!!!

Ese día los jugadores (algunos) pasarán por pringaos, y alguno deberá marchar por la noche del pueblo.

Mucho rollo con los sueldos del bergan o el baloncestos, ¿los pagan el concello? NO, ¿los pagan los socios? NO si alguien quiere poner pasta para traerse un delantero de ferrol, acaso lo hay en la tierra que garantice 15 goles, pues entonces, comparar la liga de pueblos de Balonmano con la tercera división de fútbol es tan ridículo como pensar que Gasol puede fichar por el Xiria.

Tanto que ahorra el balonmano que invierte tan bien, etc... ¿y no es capaz de aceptar un ascenso? ¡Vamos no me jodas! que se os va a descubrir ya todo el pastel, ¿Cuántos jugadores-entrenadores están contratados por el patronato para los colegios? ¿Quien paga y organiza la liga de peñas de fútbol sala? Que en este pueblo quedamos todávía algunos que no nos dejamos engañar, al menos los de Balonmanos estaros calladitos cuando la misa no va con vosotros, que ejemplo sois muy mal ejemplo.

1/7/11 20:18

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner