¿Xubilouse Andrade?
Todos recordamos a xestación do goberno tripartito de Carballo, no ano 2003. Nun acordo do que non existen precedentes, o tenente de alcalde (Manuel Andrade, CDI) cobraría máis soldo que o propio alcalde (Evencio Ferrero, BNG).
O día 4 de xullo de 2003, nunhas declaracións a un medio local (que poden consultarse aquí), Manuel Andrade xustificaba así tan insólita decisión:
“Mi último sueldo de referencia es de 2.499,91 euros netos y eso es exactamente lo que voy a percibir. Con una particularidad, y es que yo voy a cobrar sólo durante dos años, hasta que pueda disponer del retiro.”
É decir, tratábase de que o Concello pagara para que o concelleiro de urbanismo conseguira cobrar a xubilación máxima no momento do retiro, e desde ese momento o Sr. Andrade renunciaría a cobrar do Concello.
Poucos días despois, o propio alcalde explicaba o soldo de Manuel Andrade:
“El alcalde, Evencio Ferrero, […] difundió la propuesta concreta que presentará […]. En cuanto a Manuel Andrade, la cifra definitiva se sitúa en 42.500 euros brutos al año, divididos en 14 pagas.” (La Voz de Galicia, 8/7/2003)
Pois ben, a noticia é que…
…os dous anos xa pasaron, e fai uns días enterámonos pola prensa de que o Sr. Andrade sigue cobrando O MESMO SOLDO que fai dous anos: en total, 44.216 euros anuais, cos incrementos correspondentes (La Voz de Galicia, 29-11-2005). Ou sexa, que de deixar de cobrar do Concello cando se xubilara (como prometiu fai dous anos), “tururú”. Vamos, que lle seguimos pagando entre todos malia que a estas alturas (finais) do ano 2005 xa debe de estar xubilado, segundo o que decía en xullo de 2003.
Como se trata dunha cuestión que La Voz de Galicia eludía na súa información, prometemos averiguar a data de cumpleanos de Manuel Andrade.
Tan pronto consigamos saber en qué data cumpliu ós 65 anos (se é que os cumpliu), informaremos.
Noticias relacionadas:
Andrade cumpliu os 65 anos ¡Felicidades! (atrasadas).
6 Comments:
Moi bo o de poñer esa foto!!!! ja, ja, ja
10/12/05 18:57
;) noraboa por collelo. Xa vemos que escribimos para xente aguda.
10/12/05 20:40
De que falades?
10/12/05 22:28
Creo que es el Parque del Retiro de Madrid
11/12/05 00:18
O Sr. Andrade non estaba traballando en ningún sitio onde cobrase ese soldo antes de ser concelleiro: estaba no paro. Antes deso o seu cargo de Presidente da Federación Europea de Caza non tiña remuneración económica algunha, senón que tan só cobraba as dietas por desprazamentos e manutención. Así que: ¿de onde saleu a cifra de 42.500 € ao ano? Menos contos, Caperucita... Espero que investiguedes estes datos, porque son certos...
11/12/05 14:14
exactamente, a foto é do parque do RETIRO (¿colléchelo, "Anonymous"?)
11/12/05 14:22
Publicar un comentario
<< Home