Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, agosto 31, 2007

Desfile do CCA


Un ano máis, e logo do grande éxito de edicións anteriores, o Centro Comercial Aberto organiza un desfile de moda moi especial. Os protagonistas non serán Armani, Versace nin Dolce & Gabanna, e pola pasarela non desfilarán top-models internacionais, pero a pesar diso, para os carballeses será de novo un acto moi especial e próximo.

Porque os manquíes serán rapaces e rapazas da nosa vila que exercerán de modo afeccionado, e porque as prendas que se pasarán serán aportadas polos comercios da capital de Bergantiños.

Nestas datas estase a levar a cabo o proceso de inscrición para participar no desfile (prazo que remata o próximo día 5) e o día 6 celebrarase o casting, que promete ser numeroso e apaixonante. Tedes máis información na web http://www.ccacarballo.com/. Quen sabe se proximamente dará os seus primeiros pasos en Carballo a próxima Cindy Crawford.


0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner