Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 30, 2007

Máis blogs carballeses

A Nosa Costa revélanos unha serie de enderezos de colegas blogueiros que realizan a súa actividade en Carballo. Na variedade está o gusto (mal que lle pese a algúns, que prefiren o monopolio informativo), e nós aledámonos dende aquí da existencia de veciños que teñen interese en ofrecer o seu traballo ós carballeses. Todas estas bitácoras teñen en común estar aloxadas en http://www.blogoteca.com/, unha iniciativa que xa anunciaramos no seu día en CD.

Un dos mellores e máis traballados blogs é o de Roi, capitán do Basket Xiria, onde recolle toda a actualidade do equipo:

http://www.blogoteca.com/roi/

Tamén de baloncesto vai estoutro blog realizado polo adestrador Joaquín Moreira, aínda que ampliado a todo o ámbito da Costa da Morte, pois Joaquín adestra ó equipo de Baio.

http://www.blogoteca.com/nistrom/

De especial interese para tódolos carballeses é un blog con nome ben elocuente “Cóntame”. En efecto, trátase de lembrar os vellos tempos, pois a iniciativa consiste en colgar fotos antigas de Carballo, e a bo seguro que moitos dos visitantes do blog terán instantáneas deste tipo na súa casa para escanear e facer chegar ós xestores da bitácora. Noraboa e adiante:

http://www.blogoteca.com/contame/

E para rematar coa nostalxia, un grupo de carballeses dos anos 50 reúnen fotografías e encontros aquí:

http://www.blogoteca.com/amigos50carballo


Agardamos que moitos máis dos nosos veciños se lancen a difundir os seus traballo en internet. Un saúdo dende Carballo Dixital a todos eles.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner