Contradiccións
Interesante a reportaxe que esta fin de semana publicaba La Voz de Carballo retomando ese espírito xornalístico tan esquecido nos últimos tempos. Preguntábase o xornal "qué fue de" a Plataforma pola Autovía Gratuíta que durante anos liderou Evencio Ferrero na reclamación da gratuidade da A-55 entre A Coruña e Carballo, e con tal propósito facía un repaso polos acontecementos de varios anos.
En realidad este capítulo non aportou gran cousa, máis aló do sempre oportuno recordatorio da nosa historia recente. Foi no apartado de declaracións actuais dos protagonistas onde si tivemos novidades sustanciosas. Porque ante a evidente contradicción, posta de manifesto en multitude de ocasións por Alberto Sueiro, de que o mesmo alcalde que dende a oposición lideraba plataformas, agora calaba dende o goberno, Evencio Ferrero deu por fin unha explicación. Sostén o nacionalista que, por suposto, segue a estar contra a peaxe, pero considera que nas circunstancias actuais non corresponde a el nin ó seu grupo liderar a plataforma.
Conste que este argumento ben podería ter a súa parte de lóxica, porque non semella o máis correcto que un líder e un partido político dirixan o que se supón debe ser unha mobilización do conxunto da sociedade, sen adscrición partidista. Sen embargo o propio pasado de Ferrero e da Plataforma pola Autovía Gratuíta non fan outra cousa máis que aumentar a contradicción. Porque tanto él coma os seus compañeiros do BNG e ninguén máis (cando menos de cara ó público), foron quen moveron aquela Plataforma. E porque tamén naqueles anos eran Ferrero e os seus compañeiros do BNG os que facían oposición criticando a Manuel Varela por non formar parte da Plataforma que eles manexaban ó seu antollo. O mesmo Varela que daquela ocupaba a mesma posición que hoxe ocupa Ferrero. Son as contradiccións do tempo e mais do cargo.
Etiquetas: Plataforma autovía gratuita
4 Comments:
Tendes uns guevos ...
Cando había que reclamar, ANTES DE QUE PUXERAN A PEAXE, reclamouse, unha vez que o puxeron o mal está feito.
O QUE SE REGALOU POR 3 AGORA COSTA 300. O PP vendeu a casa e agora que xa gastou os cartos quere qeu os outros a recompren, INCRIBLE.
Por certo, a xente non é tonta e con estes rezonamentos estades faendo que o BNG suba aínda máis, seguide así, gracias.
21/10/08 10:44
Vamos a ver, se había que reclamar ANTES DE QUE PUXERAN A PEAXE e non despois cando o mal estaba feito, terá que explicarme vostede por qué ata un ano antes de ser alcalde, e varios anos despois de instaurarse a peaxe, Evenvio seguiu coa Plataforma. A min non me cadra.
A xente non é tonta, abofé que non. O PP fixo mal, pero cando menos non engañou á xente. O BNG está facendo peor e ademais engañando á xente.
21/10/08 13:10
"non engañou á xente",
¿Estás de coña? ¿Pero quen dixo que nunca se pagaría a peaxe?
A verdade é que perdedes a razón cada vez qeu abrides a boca, o dito, seguide así, é o mellor que lle podedes facer a Bloque de Carballo.
22/10/08 16:34
Ok, Cuiña dixo primeiro unha cousa e logo outra, concédolle esa. Pero o PP aplicou o mesmo modelo de peaxe para toda Galicia, e nunca prometiu que ía sacalo.
En cambio, o bipartito prometiu que sacaría ou rebaixaría a peaxe da A-55, e nada de nada. E non me veña co conto de que non se pode, que se vender a casa e bla,bla,bla, porque na mesma situación estaban Rande e mais a Barcala, e alí sí que se fixo. ¿Por qué alí sí e aquí non?
Por outra parte, non resposta vostede á primera parte do que escribín, non me da explicación que lle pedín. Será que non a ten.
Eu non sei cales son as razóns doutros, sei da miña, e penso dicila ben alto. E se ó BNG de Carballo lle convén que se fale da peaxe: ¿Por qué non retoma a Plataforma? ¿Por qué non fala do tema máis a miudo? ¿Por qué a Evencio lle molesta que llo recorden? ¿Por qué a vostede tamén? Einn?
22/10/08 18:57
Publicar un comentario
<< Home