Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, octubre 16, 2008

Sempre informados


Xa as tiñamos visto noutras localidades e agora chegan a Carballo. Trátase de pantallas informativas de grandes dimensións que se colocan en puntos estratéxicos do tráfico de vehículos e persoas e que ofrecen toda clase de información ós veciños, tanto publicidade de axentes privados que anuncian os seus productos, coma información pública municipal referida a actividades, actos, avisos, etc.

O sistema funciona por concesión dun empresario que terá que pagar un canon periódico ó Concello e deixarlle utilizar do seu espazo. No caso de Carballo os lugares elexidos son a calle Coruña onde se coloca a tómbola do San Xoán e mais un lateral do Casino en Camiño Novo, e o servizo xa comezou a funcionar logo dun breve período de probas.

Felicitamos ó Concello porque se trata dun sistema intelixente e proveitoso de ter informados ós veciños, sempre e cando por suposto se empregue de modo axeitado. Agardemos que os amigos da destrucción que ultimamente copan as tertulias carballesas non lles poñan o ollo enriba, ou que as pantallas estean ben vixiadas.

(Por certo, propoñemos para darlle o Premio á Pedantería 2008 ao responsable municipal que tuvo a idea de chamarlle á esas pantallas "punto dixital de información")


Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner