Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, octubre 10, 2008

Carballo en Hungría


O proxecto Temunde, e a polémica surxida entre goberno e oposición polo seu procedemento e sobre todo pola súa "propaganda" ten ocasionado curiosas revelacións. Onte o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, aseguraba que a iniciativa en si xa era un éxito porque gracias a ela se estaba a falar da Milagrosa por Europa adiante e mesmo poñía coma exemplo que dende Hungría tiñan chamado para interesarse polo proxecto.

Así que nós, que non somos capaces de estarnos quietos, puxémonos a rebuscar na rede a ver se efectivamente Carballo espertaba grandes intereses na internet do país maxiar, e, coas lóxicas dificultades lingüísticas, isto é o que atopamos:

Aquí vedes que a madeira de Carballo é coñecida e apreciada no leste de Europa.

Os húngaros son bos afeccionados ó cine arxentino, onde resulta que existe unha actriz chamada Sabrina Carballo. Tamén se fala do ximnasta Jesús Carballo e de Carballo Calero, pero aí non nos toca nada.

Tamén lles gusta ir de camping ós húngaros e teñen unha guía moi completiña, claro que estas instalaciones que levan o nome da nosa vila realmente están en Pontevedra.

Polo que se ve o interese por Carballo aínda non chegou á wikipedia húngara, que ten esta entrada baleira.

Aquí ¡por fin! atopamos unha referencia á capital de Bergantiños, claro que son dúas liñas e danos a impresión de que nos asignan 11.000 habitantes? A cidade sen contar o resto do Concello podería ser, pero deso xa hai ben anos. Será que Evencio non os aleccionou ben.

En fin, que se queredes seguir investigando podedes darlle por aquí. Agardemos que en efecto o nome da nosa cidade sexa algún día ben coñecido en Europa, e que sexa por motivos positivos. Se cadra cando o Temunde sexa unha realidade?



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner