Blog da Plataforma da Lagoa
Non podía ser doutro xeito. Ó igual que sucede con tantos outros movementos veciñais que loitan por defender un determinado interés, a Plataforma en defensa dos veciños da Lagoa xa ten blog propio na internet, neste enderezo:
http://plataformalagoa.sosblog.com/
Velaí podedes informarvos do día a día dos argumentos e iniciativas deste veciños e tamén estar ó tanto da enorme actualidade informativa que está xenerar o proxecto da parte do goberno presidida por Anxo Quintana. Unha actualidade que se acrecenta por momentos nos catro costados de Galicia: Ribeira, Lugo, Neda, Vigo... Canto máis se vai coñecendo polo miudo o contido do Plan Sectorial de Vivenda, maior vai sendo a contestación. E aínda que o prazo para presentar alegacións ven de rematar, a bo seguro que esta historia non ha rematar aquí.
Etiquetas: A Lagoa, Plan Sectorial Solo Residencial
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home