Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, enero 24, 2009

Voastes?



Hai días nos que a actualidade non a marca a política, nin a cultura, nin a sociedade, nin os sucesos, senón o clima. Hoxe non se fala doutra cousa que do impresionante temporal que está a azotar Galicia en xeral e a Costa da Morte en particular. Ventos que nalgúns puntos da comunidade chegaron ós 180 Km/h teñen causado cortes de suministro eléctrico, destrozos en peches e tellados, caídas de árbores e mesmo hai que lamentar a morte dun garda civil en Burela tras caerlle enriba un eucalipto.

Aquí en Carballo a noite foi verdadeiramente temible. Había moitos anos, se cadra dende o furacán Hortensia, que non sentiamos a forza da natureza deste xeito. Hoxe semella que o tempo da unha tregua mais tamén para mañá se anuncia un novo empeoramento acompañado de frío. Para estar ó tanto dos danos, e sempre que non marche a luz coma ten sucedido nas últimas horas, anosacosta.com continúa co seu auxe e crecemento imparable realizando un seguemento puntual de canto sucede na Costa da Morte en torno a este temporal.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner