Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 21, 2009

Problemas tamén no polígono


Vaia racha que leva o equipo de goberno de Carballo. Alguén non debiu tomar as uvas o 31 de decembro, porque se ata o de agora a lexislatura transcorrira con bastante placidez, a excepción dalgún "burato nas vallas" cos veciños da Milagrosa ou a policía local, este mes de xaneiro está a ser "horribilis". Por unha banda o conflicto da Lagoa non amaina, o escándalo do móvil de Lourdes Rey viuse reforzado polas insólitas xustificacións do alcalde, o parque eólico de Pedrarrubia segue adiante, e agora resulta que o meirande orgullo de Ferrero, a ampliación do polígono industrial de Bértoa, tamén ten problemas.

E decímolo así porque os empresarios de Carballo levantaron onte a voz contra os prezos que Xestur pide para poder acceder ás parcelas deste nova fase, uns prezos que coma esta mañá recoñecía Evencio Ferrero, teñen unha media de 80 euros por metro cadrado (pero o alcalde non dixo que as parcelas máis baratas costarán 110,20 euros/m2, IVE incluido), o que supón 66.000 euros pola parcela máis pequena, e uns prezos que os empresarios consideran claramente excesivos e mesmo difíciles de explicar.

En efecto, o que chama a atención é que un polígono público, e que tivo un coste de expropiación moi baixo (7,5 euros por metro cadrado segundo recordaba Juan Cancela), teña agora as parcelas máis caras que o polígono existente e veciño, que foi de promoción privada. Cómpre tamén recordar que un dos principais argumentos que se daban en favor da inversión de Xestur en Bértoa era precisamente que os polígonos públicos ofrecían teóricamente prezos máis baixos que os privados, sempre suxeitos ó "beneficio privado" e á "especulación".

Nos micrófonos de Radiovoz o alcalde, que ademáis é membro do Consello de Administración de Xestur, xustificaba este prezo como consecuencia da alta "calidade" das obras, mentres que anunciaba que a Xunta tiña liñas de crédito que podían axudar ós empresarios. Pola súa banda Andrade rexeitaba o modelo de xestión de Xestur, e Sueiro propoñía que eses cartos de créditos se empregasen orixinalmente para subvencionar o custe da obra e que se crease un plan para que os polígonos da Costa da Morte tivesen uns prezos un 25% máis baixos que a media provincial.

Por certo que para rematar con máis polémicas Andrade ataca de novo co Plan Xeral acusando ó goberno de oscurantismo, pero esa será outra historia.



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

SUPONGO QUE DARÉIS CAÑA CONVENIENTEMENTE!!!!
Menudo morro q tiene el alcalde: os prezos subiron pola calidade do equipamento que se lle puxo ó polígono
¿de que equipamento me habla señor even?
toca usted de oido y lo hace mal
lo que es se lo digo yo: una estafa en toda regla. Compran a 7.5 y venden a 90. Eso es lo que la xunta hace por carballo y los carballeses.
Y lo que me faltaba fue oirle decir que después de pagar podemos ir al IGAPE a pedir subvenciones....en fin
pra mexarse de risa

21/1/09 13:55

 
Anonymous Anónimo said...

A mí esto me huele a política chavista: primero subimos impuestos, luego expropiamos a precio de robo, luego fijamos precios ficticios, y al final si quieres sobrevivir ¡oh casualidad! aquí está la administración con sus generosas subvenciones para dejarte respirar con el agua al cuello. ¿Y quién va a recibir esas subvenciones? Aquellas empresas "comprometidas con Galiza", que diría Quin. En resumen, si no quereis ir al tacho... ¿de quién teneis que ser amigos?

21/1/09 16:48

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner