Aclaracións da Plataforma da Lagoa
(Fonte do audio: Anosacosta.com)
O voceiro da Plataforma, Ramón Varela Puñal, fai na súa web a seguinte aclaración sobre a súa intervención no Pleno do pasado xoves:
a) A posición da Plataforma da Lagoa non variou, e eu, por suposto, tampouco, o posicionamento a respecto da negatividade do Plano Sectorial do Solo Residencial para o emprazamento de Carballo, como quedou manifesto na valoración provisional que fixemos do citado Pleno, no día de onte. Por tanto sostemos, que É NEGATIVO PARA CARBALLO E INXUSTO PARA COS PROPIETARIOS. Como intuiamos que as demais intervencións deixarían claro que o Plano é negativo para Carballo, nós centrámonos en expoñer que é inxusto para cos propietarios, e, se, en última instancia, nos obrigasen a tragalo, sen o noso consentimento, queremos que nos paguen un prezo xusto. Evidentemente, consideramos que debemos tomar as medidas ao noso alcanzo para parar este atropelo.
b) Creo que temos que centrarnos na petición da retirada do Plano Sectorial e na reclamación de que nos deixen desenvolver o PXOM aos afectados, someténdonos ás condicións legais ao respecto, que xa reservan para vivenda protexida o 40 por cento do ámbito, alén de ter que donar gratuitamente o terreno destinado a viais, zonas verdes, o 10 por cento para o Concello, etc.., gravames xa moi elevados, que a propiedade ten que soportar.
(Ó noso entender despois de ver o Pleno en BERTV, esta aclaración pode ter como finalidade neutralizar o intento do alcalde de utilizar ó seu favor as últimas palabras da intervención no pleno do voceiro da Plataforma, cando veu decir que non estaban contra o Plan pero si de que se fixese a custa dos propietarios, respostando o alcalde que, nesa liña, el estaba dacordo con esas palabras e que trataría de conseguir o mellor prezo para os terreos. Agora Ramón Varela aclara a postura da Plataforma: ademáis de ser inxusto para cos propietarios, tamén están contra o Plan porque é negativo para Carballo e piden a súa retirada)
Etiquetas: A Lagoa, Plan Sectorial Solo Residencial, Plataforma da Lagoa
7 Comments:
Sr. Lodeiro e demáis Sres. do CDI,
Como lle quero ben vou a tentar de que faga o ridículo.
Están vostedes erre que erre co tema de Penamoa, e vostede que é do mundo do sector inmobiliario e como di o sabe casi todo deste mundo (aínda que a modestia é unha virtude que hai que practicar de cando en vez), está bastante confundido, entendo eu que intencionadamente, coas listas de adxudicacións de vivenda protexida que está amosando por ahí.
Todos eses Montoya e Jimenez que están nesa lista son adxudicatarios de VPP son precisamente de esta modalidade e non de VPA que é o tipo de vivenda que se vai a facer na lagoa, a excepto desas 16 de VPP que están previstas, e que tamén fan falla algunhas, porque desgraciadamente en Carballo tamén hai xente que precisa destas vivendas.
Pois eso, como lle quero ben, espero que non faga o ridículo e quede ben claro que vostede é un bo profecsional e ten perfectamente claras todas as cuestións relativas á súa profesión.
un biquiño,
20/1/09 12:33
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Logo dun tempo silente, en vista da polémica sobor deste tema, xa é hora de que poña no seu coñecimento a realidade das diversas tonterías que se teñen dito sobre do asunto, o polémico presunto arribado dos chabolistas de Penamoa en Carballo.
Lamento dicir que o Sr. Loudeiro non fala por falar, porque, por se aínda non estaba claro, e as argumentacións eran que legalmente isto non era posível, recomendo a todos que lle dean unha leitura á nova Lei de Vivenda 18/2008 (ver D.O.G.A. do 20/01/2009), que, segundo o primeiro artículo da mesma, se aplica a todas as vivendas, libres e protexidas, promovida polo governo galego, cunha finalidade coa que, en liñas xerais, estou dacordo.
No art. 2.2, di: "As administracións públicas prestarán especial atención aos colectivos vulnerables da sociedade e orientarán as súas actuacións á consecución dos obxectivos de cohesión social, loita contra a exclusión social e solidariedade".
A mesma lei, no art. 5.f): "Axente da edificación: a persoa, física ou xurídica, que intervén no proceso da edificación:
-Axente promotor: a persoa física ou xurídica, pública ou privada, que decide, impulsa, programa e financia, con recursos propios ou alleos, as obras de edificación, para a súa posterior venda, entrega ou cesión a terceiros baixo calquera título ou para satisfacer a súa necesidade de vivenda."
O art. 7 da lei di "1. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da consellaría competente en materia de vivenda e do Instituto Galego da Vivenda e Solo, exercerá as seguintes competencias:
b) A iniciativa na elaboración, impulso e tramitación de plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal en materia de vivenda.
f) A aprobación de medidas que favorezan o acceso á vivenda, especialmente aos colectivos sociais con máis dificultades.
g) O exercicio da potestade expropiatoria e as restantes que lle sexan atribuídas nesta lei para asegurar a efectividade do dereito á vivenda.”
O art. 9 di: “1.Créase o Fondo Social de Vivenda, cunha dotación que formará parte dos créditos anuais dos orzamentos da consellaría competente en materia de vivenda e solo.
2. O fondo estará ao servizo do desenvolvemento das políticas públicas de vivenda e, en particular, a:
a) Procurar o dereito á vivenda digna e adecuada dos sectores con maiores dificultades de acceso da sociedade galega.
b) Favorecer a integración social, con especial atención aos colectivos máis desfavorecidos da sociedade, e loitar contra a segregación e a infravivenda.”
Entrando xa na regulación da vivenda protexida, o art. 33 di “1. É vivenda protexida aquela que, cumprindo as exixencias de destino, superficie, condicións edificatorias, deseño, calidade e prezo establecidos nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento, recibe a dita cualificación pola consellaría competente en materia de vivenda.
2. Tamén terán esta condición os aloxamentos que sexan cualificados como protexidos pola consellaría competente en materia de vivenda. En todo caso deberán ter características axeitadas a persoas usuarias con circunstancias específicas definidas, sempre que tales aloxamentos persigan a súa integración social e cumpran os requisitos que estableza a Xunta de Galicia.”
O art. 36 di que “1. A cualificación como vivenda protexida determina a suxeición de calquera acto de disposición, aluguer ou adquisición a un prezo máximo taxado.”
Nos artículos 37 a 39 a lei define a promoción pública e privada, que son as dúas formas de promover vivendas protexidas.
Di que “Son de promoción pública as vivendas protexidas sufragadas con cargo aos orzamentos dunha administración pública ou dunha entidade de dereito público vinculada ou dependente daquela.”, e que “Son de promoción privada as vivendas protexidas construídas, renovadas ou rehabilitadas por persoas físicas ou xurídicas distintas das establecidas no artigo anterior, cando a/o axente promotor conte con axudas públicas ou financiamento cualificado en calquera das fases do proceso da edificación.”
O art. 50 da lei, que regula o acceso ás vivendas protexidas, esixindo a inscrición no rexistro único de demandantes de vivenda, di que “ A inscrición no rexistro é requisito necesario para participar nos procedementos de adxudicación das vivendas protexidas, agás nos casos de adxudicación directa previstos nesta lei.”
O art. 51 di “O acceso ás vivendas protexidas realizarase por compravenda, aluguer ou outras formas de transmisión ou cesión do uso previstas na lexislación vixente”.
O art. 52 di que “Para cada promoción de vivendas protexidas realizarase un sorteo ante notario entre as persoas demandantes inscritas no rexistro”.
Pero, a esta norma xeral, hai que opór o art. 53, que crea o procedemento de adxudicación directa, sen necesidade de sorteo, e di que “1. Poderanse adxudicar directamente as vivendas protexidas para satisfacer necesidades urxentes de vivenda derivadas de realoxamentos motivados por expedientes expropiatorios ou en execución de desenvolvementos urbanísticos, procesos de rehabilitación pública, situacións de violencia de xénero, situacións de emerxencia que impliquen perda de vivenda ou calquera outra situación que se estableza regulamentariamente.”
Para deixar a cousa máis clara, o art. 55 di que “1. En cada procedemento de adxudicación, a consellaría competente en materia de vivenda poderá reservar vivendas para seren adxudicadas ás unidades familiares ou de convivencia que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
e) Outras situacións consideradas de atención preferente pola administración competente en materia de vivenda, entre as que se inclúe a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero.”
No art. 69, a lei permite ó governo da Xunta adoptar as medidas de financiamento que considere oportunas, entre outras as “b) Axudas económicas directas, nomeadamente subvencións a fondo perdido, subsidiacións totais ou parciais do tipo de xuro dos préstamos cualificados e das operacións de desconto de certificacións de obra e subsidiacións de préstamos non cualificados.
c) Calquera outra medida económica ou financeira que contribúa a facilitar o financiamento do custo da vivenda.”
E, para poñer a guinda, e adiantándome a algún apagalle-lumes-ao-governo, esta lei é aplicável ó proxeto de Carballo, aínda non executado, segundo as súas disposiciós transitorias e finais.
En resumo, señores:
1.- Efetivamente, sobre toda a parte de vivenda protexida, que é máis dun tercio do ámbeto, ou así parece, o governo da Xunta podería adxudicar diretamente, sen sorteio, tantas como considerase preciso, para, por exemplo, realoxar a persoas desaloxadas doutros lugares, ou persoas en risco de integrazón social. ¿Enténdese? Quen diga o contrario, minte. É POSÍVEL LEGALMENTE.
2.- Tamén, esto non quer dicir que suceda, pero PODE SUCEDER, e NON HAI GARANTÍA DE QUE NON SEXA ASÍ.
3.- Ademáis, tal e como acaban de ler, non só é posível que se adxudiquen diretamente, senón que INCLUSO É POSÍVEL QUE O GOVERNO GALEGO, con cargo ós orzamentos da Xunta (ese que chaman na lei “fondo social de vivenda”) LLES PAGUE parcial ou totalmente A VIVENDA ós que se atopan en situazón de “emerxencia social”, pagándolla ó promotor privado do ámbeto.
4.- Por outra banda, xa é casual que este Plano da Xunta coincida co desaloxo inminente dos poboados chabolistas, e que a maioría dos concellos elixidos estean nas beiras metropolitanas das grandes capitais.
O dito, menos demagoxia. Non sei quen é o Sr. Loudeiro ó que mentan, pero ten toda a razón. O DOGA non minte. Sen que con isto queira dicir que vaian vir, pero iso depende da vontade da Consellería de Vivenda, e punto, e nada lle impediría decidilo legalmente.
Coma sempre, perdón pola extensión, pero este tema esixe unha aclarazón con todo detalle. Saúdos dende ó lonxe… do de sempre.
20/1/09 16:31
A ver señor, pode vostede buscar as interpretacións que vostede queira,
¿Coñece vostede algún caso de Vivenda de Protección Autonómica que fose usado para este tipo de xente sin recurso algún?
¿Usaronse algunha vez ámbitos adicados a VPA para emerxencia social?
Se coñece voste 1, so 1 caso destes eu dareille a razón. Pero polo demáis esas listas que se están amosando por ahí con Montoyas e Jimenez non son do tipo de vivenda que se van a facer en Carballo.
O COCO virá igual, pero se ten cartos para pagalas, que para estamos no pais que estamos, por moito que moleste.
20/1/09 18:45
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Sr. Anónimo das 18:45 do día 20 de janeiro:
Mire voçe: eu só espoño a legalidade vixente, por outra parte nova, e que voçe, claramente, descoñece, ou non quere coñecer. Rógolle leia atentamente a Lei que indico, nova, vixente desde manhá, e logo reprantéxese a súa argumentación, se é que é crítico e analítico para con cualquer governo.
Por outra banda, si, coñeço casos en que, vivendas protexidas do anterior réxime, aínda estatal (pois non estaba transferido daquela), pero análogo á regulazón da Xunta, se adxudicaron por emerxencia a coletivos "marxinais", feito co que non discrepo: prégolle leia de novo o meu comentario. Pero, posível é, e a realidade legal é a que é, aínda que a vostede lle teña destrozado o seu argumento, entendo que determinada xente o espoña.
E, por outra, o tipo de vivenda que vostede fala, xa non esiste, agora as vivendas son de proteción autonómica ou non son, non hai xa categorías, esta lei acabou co sistema anterior definitivamente, e punto, non hai diferenzas entre a protección e a promoción autonómica (leia mellor a lei).
É máis, se até o de agora non se utilizou de xeito xeralizado o sistema para coletivos en riscos de inserción social era por unha causa moi sinxela: non había consignaciós orzamentarias porque non estaba creado, a nivel legal, o fondo social de vivenda, e, precisamente para salvar o defeuto, este governo ven de aprobar esta lei de vivenda, con bo criterio ó meu xuizo. Vai vostede vendo as diferenzas?
Se non as quere ver, laméntoo moito, pero a realidade escrébese no Diario Oficial da Galiza, non nas mentes de ningún político, pois son as únicas que establecem obrigas e direitos, e que lle dan a calquera cibdadán o aceso á Xustiça cando se lle vulneran.
Por tanto, ese "COCO" que vostede denomina, se ven, pode vir pagando cos seus cartos ou pagándollos a Xunta (de novo prégolle leia o meu comentario máis a fondo), así que, para rematar, como xa dixen:
Menos demagoxia. Veremos o que pasa cando pase, pero PODER, PODE PASAR.
20/1/09 21:05
Al único lugar a donde deberían mandar a los de penamoa es a lo edificios y lugares donde habitan esos bos e xenerosos que pretender arruinarnos a los demás para hacer una buena labor.
Lo dicho, ya podéis ir dando vuestras direcciones a los amijiños de la Xunta y que os edifiquen al lado para nuevos vecinos.
La caridad ya sabemos por donde empieza...por uno mismo.
21/1/09 00:28
Señor coñecedor das leis,
O decreto de vivenda de protección di o seguinte:
Viviendas de Protección Autonómica
Sección 1ª
Disposiciones generales
Artigo 16º.-Concepto.
1. Se entiende por vivienda de protección autonómica
la de protección pública de nueva construcción
que, destinada a residencia habitual y permanente,
cumpla con los requisitos de uso, superficie y precio
máximo que se establecen en este decreto y en el
Real decreto 801/2005, de 1 de julio, y sea declarada
como tal por la comunidad autónoma.
1. Para venta:
Las viviendas de protección autonómica de nueva
construcción destinadas a la venta se clasifican en
los siguientes tipos:
a) Viviendas de protección autonómica de régimen
especial, destinadas a familias o personas individuales
cuyos ingresos familiares no excedan de 2,5 veces
el indicador público de renta de efectos múltiples,
y que su precio no exceda del determinado en el
artículo 9 de este decreto para esta modalidad.
b) Viviendas de protección autonómica de precio
general, destinadas a familias o personas individuales
cuyos ingresos familiares no excedan de 5,5 veces
el indicador público de renta de efectos múltiples,
y que su precio no exceda del determinado en el
artículo 9 de este decreto para esta modalidad.
c) Viviendas de protección autonómica de precio
concertado, destinadas a familias o personas individuales
cuyos ingresos familiares no excedan de 6,5
veces el indicador público de renta de efectos múltiples,
y que su precio no exceda del determinado
en el artículo 9 de este decreto para esta modalidad.
c) Los alojamientos declarados protegidos regulados
en la sección 5ª.
Artículo 19º.-Requisitos de acceso a las viviendas
de protección autonómica.
Para acceder a las viviendas de protección autonómica
será preciso que el adquirente, promotor individual
para uso propio, o arrendatario no superen el
límite máximo de ingresos establecidos para cada tipología
de vivienda y cumplan aquellos otros requisitos
establecidos en este decreto y en el Real decreto
801/2005, de 1 de julio.
No obstante lo dispuesto en el apartado anterior
para adquirir o ser promotor individual de una vivienda
de protección autonómica deberá acreditarse que
los ingresos familiares no sean inferiores a 0,7 veces
el indicador público de renta de efectos múltiples.
E ademais con estes obxectivos, que para alguns serán de Comunistas, e para min son de xusticia social.
A Consellería de Vivenda e Solo no seu esforzo de favorecer o acceso a toda a cidadanía a unha vivenda de calidade puxo en marcha diferentes iniciativas e programas que supoñen unha oferta o suficientemente diversa para cubrir a demanda de todos os sectores sociais.
Estas iniciativas foron seleccionadas baixo os seguintes criterios e liñas de actuación:
* Atención preferente aos colectivos máis necesitados, incrementando as axudas para a adquisición da primeira vivenda de calidade a chabolistas e emigrantes retornados, a adquirentes con baixos ingresos, ás familias monoparentais, ás familias con persoas con discapacidade, aos maiores e familias cun maior a cargo e por primeira vez as vítimas da violencia de xénero ou do terrorisrro.
* Loita contra a fraude, mediante a creación do Rexistro Público Único de Demandantes de Vivendas de Protección Pública de Galiza para facilitar o coñecemento da demanda e o control das adxudicacións, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia destes procesos.
* Apoio decidido ás familias con ingresos medios e baixos e con filIos, incrementando as axudas para a adquisición de vivenda ás familias numerosas e creando unha nova liña de axudas para familias cun ou dous fillos adquirentes da súa primeira vivenda.
* Facilitar á xente moza con ingresos medios e baixos o acceso a unha vivenda digna e de calidade, sexa en alugueiro mediante as axudas a promotores de aloxamentos de 40 a 45 m 2 de superficie util con destino ao alugueiro, sexa subvencionando a xente moza adquirente de primeira vivenda de 40 a 45 m 2 de superficie útil e reorientando os recursos das axudas para a adquisicion ou promoción de vivendas libres para gastos de constitución ou subrogación de hipoteca e outros gastos de entrada.
* Reforzo das actuacións de rehabilitación do patrimonio construído incrementando as axudas a rehabilitación e urbanización en áreas de rehabilitación de centros históricos, complementando con axudas autonómicas a nova liña de actuacións en áreas de rehabilitación integral de áreas deprimidas e potenciando as Oficinas de Rehabilitación en todas estas áreas.
* Aposta clara pola calidade e sustentabilidade das vivendas protexidas e impulso ás experiencias innovadoras mediante axudas aos promotores que incorporen criterios de sustentabilidade ou introduzan experiencias innovadoras.
* Creánse e regúlanse, entre outras, as novas modalidades de vlvenda de protección autonómica de réxime especial e de prezo xeral para venda e as de renda básica para alugueiro con parámetros de límite de ingresos dos adquirentes, superficie util e prezo que non exceden dos das vivendas de protección oficial polo que os promotores de aquelas poderán acollerse aos beneficios fiscais destas.
* Nunha política de contención de prezos para as vivendas protexidas os prezos máximos de venda e renda para as distintas zonas xeográficas mantéñense dentro dos límites previstos na normativa estatal deste Plan.
21/1/09 09:26
Quen fixo a Lei...
Sr. Anónimo das 09:26 horas, non podo por menos que estar dacordo co que di no seu comentario. Non nega en ningún sentido o meu, porque a lei é a lei. E punto.
Non desminte en ningún ponto a posibilidade que abre a lei, que é o único que quería deixar claro: POSIBILIDADE.
Por outra banda, estou totalmente dacordo, coma espuxen, nas liñas xerais da normativa, TOTALMENTE, pero, o que non é certo, é que non se poidan traer coletivos desfavorecidos.
Non quero entrar en polémica: desminta o que di a lei ou refórceo con outra. Punto.
Saúdos.
21/1/09 14:46
Publicar un comentario
<< Home