Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, enero 04, 2009

Dúas cartas aos Reis Magos


Levo un tempo facendo un exhaustivo seguemento dos aconteceres deste noso ilustre governo municipal das esquerdas –ou así se din eles mesmos, porque cada día o dubido máis-, e creo que é momento de facer unha análise.

Qué mellor maneira que un pouco de humor, así que vos acompaño o que ben pudiera ter escrito calquera hai uns aniños, moi propia destas épocas navideñas.

Carta dun carballés ós Reis Magos:

“Carballo, 1 de xaneiro de 2003.

Benqueridas Maxestades de Oriente, un ano máis, diríxome a vostedes para lles pedir non para mín, senón para os meus concidadáns.

Velaí vai a miña lista de peticións:

1.- Quero, para, empezar, que, se é posível, e non é demasiada molestia, a Carballo lle dean, dunha vez, unha ambulancia medicalizada, tan necesaria e reiteradamente solicitada aos que nos governan, pero sempre negada polo mesmo partido que goberna en Santiago e en Carballo.

2.- Quero, tamén, que, se pode ser, se constrúa un Hospital Comarcal en Carballo, con todas as especialidades e un servizo de urxenças o mellor dotado, que xa nos negou a Sra. Conselleira de Sanidade, pese a ser do mesmo partido que o noso Sr. Alcalde, o Sr. Varela.

3.- Se non é moito pedir, encantaríame que se fixera a travesía de Malpica, desde o punto quilométrico 0,000, con beirarrúas e servizos de primeira categoría, e que este governo municipal do Sr. Varela non é quen de conseguir da Xunta do PP.

4.- Quero, tamén, que o governo municipal faga, dunha vez, o carril-bici ata Razo, e se deixe de escudar na imposibilidade de obter os terreos.

5.- Quero, sobre todo, que dunha vez o Concello faga do Bosque do Añón o espazo natural de Carballo por excelencia, un lugar onde poder facer durante todo o ano o que agora só algúns podemos facer un día nas festas de San Xoán.

6.- Quero, se é posível, que o governo municipal dea entrada, dunha vez, a xente nova na Comisión de Festas de San Xoán, e que fagan dunha vez transparente a xestión que a Comisión fai dos cartos que o Concello, e, por tanto, todos os carballeses e carballesas, poñen nas súas mans. Quero, tamén, que empecen a traer dunha vez atraccións estelares ás festas, e non artistas de segunda ou folclóricas do tres ao cuarto.

7.- Quero, xa, que se libere a peaxe da autopista á Coruña, único xeito de garantir o progreso desta nosa terra, e que o Sr. Alcalde llo esixa dunha vez ao seu partido en Santiago, que para algo goberna e decide sobre o tema.

8.- Quero, porque é de xustiza, que a Xunta constrúa, dunha vez, a circunvalación de Carballo, e que o governo municipal se plante en Santiago e non saia de alí ata que o seu partido, o PP, comprometa a actuación.

9.- Quero que dunha vez se remate a travesía principal de Carballo, que parece a obra de nunca rematar, e que o governo do PP no Concello saque dunha vez un compromiso firme do de Santiago (Xunta) para rematar a travesía.

10.- Quero que dunha vez o Plan Galicia se execute, e se faga o novo Polígono Industrial, porque moito falar del, pero ningún industrial de Carballo pode aínda conseguir nin un metro cadrado para montar alí o seu negocio.

11.- Quero que o governo municipal do Sr. Varela Rey dunha vez presente unha idea e un proxecto viable para construir o parkin soterrado da Praza do Concello, que xa o intentaron e todo quedou en nada.

12.- Quero que o governo municipal do PP dunha vez aposte polo comercio local, e o impulse, pois non bastan as obras proxetadas de peonalizar a Rúa do Hórreo e a Coruña, senón que hai que ser máis ambiciosos e facelo en todo o centro. Tamén que dunha vez aposten polos placeiros do Mercado, e melloren a Praza.

13.- Quero que o Sr. Varela poña fin ós desmáns urbanísticos que campan ás súas anchas.

14.- Quero que o Sr. Varela deixe de subirlles os impostos aos veciños de Carballo, como fixo coa basura e a contribución.

15.- Quero que se interrumpan as obras do Pazo da Cultura, unha obra faraónica e innecesaria para este povo, e se prioricen as actuacións en outras obras máis urxentes, como construir beirarrúas e asfaltar moitas rúas do centro que nin estes servizos básicos teñen.

16.- Quero que Carballo conte cun bó Plan Xeral de Urbanismo, posto que o que prepara o Sr. Varela é desastroso, e non se entende como este governo non aprecia a importancia do urbanismo.

17.- Quero que o governo do PP deixe de tirar os cartos públicos en poñerlle un teléfono móbil a cada concelleiro, que vai ti saber logo se non o usan para chamadas particulares.

18.- Quero que o governo do PP explique aos carballeses por qué fan falla tantas adicacións exclusivas, nun Concello tan pequeño, e que xustifiquen que merecen un soldos tan esaxerados por non facer nada.

19.- Quero que esista transperencia nos procesos de oposicións para traballar no Concello, e menos amiguismo e contratacións a dedo.

20.- Quero que se solucione o grave problema de aparcamento de Carballo, con solucións definitivas, e non meros parking provisionais como fixo o Sr. Varela.

21.- Quero que se modernice a xestión deportiva municipal, tan deficiente.

22.- Quero que desapareza o caciquismo deste governo municipal: un concelleiro de obras que usa o coche do Concello para todo, que ata o leva para a súa casa, que anda de casa en casa dos veciños para acadar votos, e que non planifica as obras.

23.- Quero que o governo municipal planifique as prioridades das obras, facendo os correspondentes proxectos e estudos, e non obras sen ton nin son.

24.- Quero que o governo deixe de gastar tempo e recursos en publicidade institucional e dunha vez traballe polo ben de todos e non polo seu.

25.- Quero unha política cultural moderna e de país, que abandoe programacións repetitivas de ano en ano: semana de música, de teatro, venres culturais…, e aposte por unha liña de calidade e orixinalidade.

26.- Quero un governo que non estea paralizado, sen ideas, que leve asuntos de importancia ós Plenos, e que saque adiante os Presupostos no seu tempo, que para eso ten a maioría.

27.- Quero, en definitiva, o que é de Lei, o que nos toca por dereito, e que este governo municipal deixe de agachar a testa diante do seu governo “amigo” de Santiago, e, dunha vez por todas, nos defenda ós veciños por riba dos intereses partidistas.

E, se todo esto non o podedes facer vós, porque sei que pido moito, só quero entón unha cousa:

28.- Quero que botedes fóra ao Sr. Varela e me fagades a min Alcalde.

Asdo: O voso amigo Evencio.”


Carta doutro carballés ós Reis Magos:

“Carballo, 1 de xaneiro de 2009.

Benqueridos Reis Magos:

Quero o mesmo que vos dixo Evencio na súa Carta de 2003, exactamente o mesmo, substituindo da súa carta as seguintes verbas:

- Onde pon Sr. Varela, escríbase Evencio Ferrero.
- Onde pon P.P., póñase BNG-PSOE.
- Onde pon Pazo da Cultura, póñase Casa dos Oficios.

Asdo: O voso amigo Sueiro

Dito doutra maneira: ¿que se ten feito de todo o pedido –e prometido- nestes 6 anos? A min estáseme a esgotar a infinita pacencia que, desde o primeiro día, lle estiven disposto a mostrar a un governo de progreso, que dicía abandoaría os defeutos do mandato do Sr. Varela. E quero obras, non proxectos, prefiro 10 obras pouco planificadas que un centro de proxetos de planificación sin ningunha obra.

Así que, a espabilar, señores governantes. Xa vai sendo horiña...

Anónimo



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿Nada acerca de la seguridad ciudadana? ¿Nada del robo a la tienda Yoigo a 50 metros del cuartel de policia?¿Seguira habiendo peleas la noche de los viernes con los agentes a los que pagamos mirando hacia el otro lado?

10/1/09 03:22

 
Anonymous Anónimo said...

Tras de ler a carta, pareceme que Sueiro tería que ter matizado os puntos seguintes da carta:

20.- Evencio non fixo parkin provisional ningún, antes diso, dixo que eran un erro, que debían facerse definitivos porque tiñan data de caducidade, e agora xa non temos o da estación dos troles, nin en breve o do casino, pero tampouco fixo ningún definitivo, salvo o provisional da Rúa Soutomaior, que debe ser o parkin máis pequeno de Galicia. Por certo, non se volveu saber dos super parkins provisionais que anunciaran, e La Voz esquenceuse do asunto.

23.- Sueiro debería pedir que o goberno de Evencio deixe de gastar en proxectos e planificacións de obras que nunca se chegan a facer. Co que aforraríamos en arquitectos e demáis, poderíamos, por exemplo, poñer aceras en varias rúas do pobo, que falta fan: Obras son amores....

E con estes dous matices, a carta sería redonda...

15/1/09 00:29

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner