Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, diciembre 27, 2008

En Ribeira tampouco



Lendo o blog da Plataforma da Lagoa, enterámonos de que a presión dos afectados conseguiu que a Xunta volvese a recuar: como en Arteixo, tampouco en Ribeira haberá o Plan de Vivenda anunciado.

Os paralelismos entre Arteixo-Ribeira-Carballo saltan á vista: terreos de gran valor que se pretenden expropiar a precio de saldo e gobernos locais que apoian ós afectados para impedir que eso suceda. Coma en Carballo, ¿non si?

Os da Lagoa fan unhas interesantes consideracións sobre esta noticia:

1ª.- Tanto en Ribeira como en Carballo, procedeuse con sixilo e ocultismo.

2ª.- Os propietarios buscaron o apoio dos políticos, tal como estamos a facer nós. Temos a apoio do PP e Tega, e, desde estas páxina pedimos tamén publicamente o apoio do PSdeG-PSOE e BNG.

3ª.- En Ribeira ofertaban 78 euros por m2, mentres que a nós só nos ofrecen 49, por uns terrenos que están nunha zona de grande proxección en Carballo, por estar moi ben situados e arredor dunha vía de comunicación que vai constituír a arteria vertebral do municipio. Dubidamos que os de Ribeira teñan unha posición tan privilexiada, mais intentaremos precisar a súa ubicación e logo xa o anunciaremos.

4ª.- En Ribeira contaban co apoio do Concello, igual que ocorreu en Arteixo, mentres que en Carballo, está en contra dos veciños e a favor de non se sabe quen.

5ª.- Un dos argumentos dos veciños era que nesa zona se vendeu a moito máis. No noso caso, como se lle dixo ao Sr. Alcalde, na reunión do día 18, "se encontran terrenos a ese prezo, mérquenos".

6ª.- Como podemos observar, algunhas das alternativas que nós lle ofrecemos ao Concello, na reunión que mantivemos co Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo, o día 18/12/08, coinciden practicamente coas que está intentando aplicar agora a Consellaría de Vivenda e Solo. Esperamos que o que é válido para Ribeira o sexa tamén para Carballo e que non sexa aquí onde se apisoe a modestos propietarios, na súa grande maioría, donos de pequenos minifundios.

7ª.- Pedimos á Consellaría de Vivenda e Solo, que amostre para cos propietarios de Carballo a mesma sensibilidade que mostrou para cos de Deán e Caramecheiro.



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner