Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 07, 2009

O Delegado de Vivenda recibe hoxe á Plataforma da Lagoa


Segundo nos informou o voceiro, Ramón Varela, o Delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, recibirá ós representantes da Plataforma da Lagoa. A reunión será hoxe ás 6 da tarde, na Delegación provincial da Coruña, atendendo así a petición que lle fixeron o pasado día 2.

Os afectados esperan que o Delegado “mostre cos veciños de Carballo, afectados pola expropiación dos seus terrenos, a mesma sensibilidade que mostrou cos veciños de Ribeira, e que non pretendan obsequiarnos con un ´trágala´".

En principio, parece boa cousa que sexan recibidos polo representante da Xunta, pero os propietarios desconfían: “Non debemos abrigar falsas expectativas desta visita, porque a visita non surxiu dunha iniciativa do Delegado, senón da propia Plataforma, e pode que só pretenda gardar as formas e quizais tamén procurar a desmobilización dos propietarios da Agra da Lagoa”. (Seguramente non irán moi desencamiñados).

E pasado mañán, venres día 9, ás 12 da mañán, os afectados concentraranse ante o Concello de Carballo, para o que invitan a tódolos veciños, "especialmente a todos aqueles que se verán negativamente afectados polo Plano Sectorial de Solo Residencial: constructores, inmobiliarias, arquitectos, aparelladores, propietarios de solo edificábel doutras zonas do Concello, etc. ".

A Plataforma considera que “a expropiación non é o camiño axeitado”, que se debe “ter en conta aos veciños afectados, que non deben ser os sacrificados para que outros fagan negocio ou consigan réditos electorais á súa custa” e que “debe haber unha reflexión serena e pausada sobre se Carballo necesita esa macrourbanización, que implica desviar enormes cantidades de recursos para unha actividade na que existe unha saturacióón na oferta, como o demostra os 5.000 pisos vacíos e a caída dos prezos no Concello de Carballo, uns dos máis baixos do Estado.” En todo caso, rexeitan “que as cousas se fagan dun xeito agresivo e expoliador cos propietarios”.



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner