Valoración do Pleno de onte
(Foto xentileza de Anosacosta.es: Ramón Varela, voceiro da Plataforma da Lagoa)
A Plataforma da Lagoa fainos chegar a súa valoración do Pleno celebrado onte no Concello de Carballo:
Unhas duascentas cincuenta persoas, maioritariamente propietarios afectados polas expropiacións da Agra da Lagoa, asistiron ao Pleno celebrado o día 15 de xaneiro de 2009, no que puidemos expoñer o noso punto de vista persoalmente nunha intervención que se prolongou durante uns 15 minutos aproximadamente. Consideramos que este feito foi positivo porque nos permitiu aclarar ante os propios propietarios, primeiros destinatarios da mensaxe que intentamos transmitir, a espoliación a que se nos pretende someter. Ofrécennos uns prezos que agora todo o mundo recoñece que son irrisorios e increméntase, por razóns non aclaradas nin xustificadas, os prezos da urbanización do solo ate límites escandalosos. Isto creo que quedou claro.
Cremos que tamén quedou claro que non está xustificado, nin no aspecto económico nin no aspecto social, este Plano Sectorial, que a Consellaría de Vivenda e Solo nos quere meter con calzador, valéndose dun aliado fiel e acrítico, como é o Goberno Municipal de Carballo. Non está xustificado no aspecto económico, porque inxectará enormes somas de diñeiro nun sector en recesión que ten supersaturación de vivendas, un escaso dinamismo, e pouca proxección de futuro, porque este non se pode asentar sobre o ladrillo, e dificultará a venda de vivendas que os promotores non dan vendido. Por outra parte, as empresas que gañen os concursos serán foráneos e os locais verán mermadas as súas posibilidades de facer negocio. Tampouco o está no aspecto social, porque non hai real demanda de vivenda na vila de Carballo, aínda que si nas áreas das grandes cidades galegas, e, por outra parte, non poderá evitar que se asenten en Carballo persoas de dubidosa reputación. Parece que a única xustificación que lle encontra o Goberno municipal é investir unha cantidade importante de diñeiro que a Consellaría de Vivenda está disposta a investir onde encontre candidatos que a acepten, sen pararse a pensar nin por un momento na posibilidade de desviar esas somas de diñeiro para sectores con moita máis proxección de futuro.
Igualmente quedou patente que, aínda a nivel do ladrillo, hai outras posibilidades, como a construción en térrenos dos que xa é propietario o Concello, e que podían utilizarse con esta finalidade.
O Goberno municipal demostrou que carece de razóns fundamentadas para oporse ás argumentacións dos propietarios e perdeuse en vaguedades e lugares comúns para salvar o tipo. Por outra parte, tamén carece de calquera soberanía á hora de abordar solucións ao contencioso cos propietarios, o cal significa que as apelacións a que loitarán por un prezo xusto, que non imos ser roubados, propostas de colaboración, etc.. son totalmente vacuas e un puro brinde ao sol, porque será a propia Consellaría quen tomará todas as decisións e eles serán comparsas que dirán amén ao que se lles apresente.
O resultado era o esperado e o propio Ramón Varela Puñal o adiantou xa pola mañá dese día nunha entrevista a unha emisora de radio da localidade de Carballo, porque estas decisións tómanse seguindo a disciplina de partido e non obedecendo a razóns, por moi fundamentadas que estas sexan. Con todo, sorprende que non se desen un compás de espera antes de asumir un Plano que, a nivel técnico é unha enorme chapuza, e a nivel de efectividade, unha mera declaración de intencións, á parte das icongruencias nos prezos ofrecidos aos propietarios –infumábeis-, e a inflación dos gastos de urbanización.
Etiquetas: A Lagoa, Plan Sectorial Solo Residencial, Plataforma da Lagoa
3 Comments:
Teneis suerte que en la anosacosta.com no se enteran de la vida y de la Lei de Propiedad Intelectual, pero juraria que esta foto os la pillasteis de allí sin pedir permiso. Por cierto muy bueno el articulo que publicaron uno de sus redactores, Lema. Un poco complaciente con Evencio perode lo mejorcito que tenemos en la zona este hombre. Y en anosacosta ademas son generosos que ceden todas sus fotos asi por el morro...... Esto tambien es comunismo ,-....
17/1/09 03:39
"non poderá evitar que se asenten en Carballo persoas de dubidosa reputación"
E sigue e dálle e non baixan da burra. Van facer como os ianquis nos aeroportos de entrada, pedir certificado de penais a cada persoa que merque vivenda protexida en Carballo?
17/1/09 09:39
Al primer comentario: Tenemos autorización de Anosacosta.com para publicar esas fotos.
17/1/09 13:36
Publicar un comentario
<< Home