Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 20, 2009

A Plataforma da Lagoa xa leva recollidas 3.700 firmas


A Plataforma da Lagoa celebrou o luns á noite unha asamblea para dar conta das actividades realizadas e das previstas para os próximos días.

Informaron da reunión co Delegado provincial da Consellería de Vivenda, que calificaron de “franca e decepcionante”, acusando ó alto cargo do BNG de que o escrito que enviou ó Concello despois da reunión invalida as súas ofertas anteriores.

Tamén deron conta das 3.700 firmas de apoio recollidas ata o momento, informaron da constitución da Plataforma como asociación e acordaron establecer unha cota anual en proporción á superficie de cada propietario. O próximo sábado irán a Santiago para participar na constitución da Coordinadora de Plataformas de Galicia, que ten como finalidade conseguir a retirada do Plan de Solo Residencial promovido pola Xunta.

Como movilizacións máis próximas, anunciaron outra concentración diante do Concello de Carballo o vindeiro luns, día 26, ás 7:30 da tarde; e tamén colocarán varias pancartas alusivas en distintos puntos de Carballo, unha precisamente cerca da Casa San Ramón, onde tanto tempo estivo a famosa da “autovía gratuita”. ¿Mandarallas retirar Evencio, agora que xa non é el o que as coloca?



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner