Mitin de comezo do San Xoán
Non é ningunha novidade que o noso querido alcalde e o seu equipo de goberno utilice os actos culturais e festas organizadas polo Concello coma unha ferramenta de propaganda da súa ideoloxía política. Témolo denunciado en multitude de ocasións no noso blog. Tampouco ten nada de malo que un pregoeiro difunda opinións persoais dende a tribuna de oradores, faltaría máis, posto que vai na súa liberdade de expresión. Agora ben, hai veces que, se cadra pola costume, ou polo exceso de confianza (e onde hai confianza da asco), a xente perde o norte e pásase de frenada ofrecendo un espectáculo un tanto lamentable.
E isto ven de acontecer no mitin (antigamente chamado pregón) de comezo das festas deste San Xoán 2012. Porque máis aló das cualidades artísticas (non discutidas por nós, dende logo) dun recoñecido actor coma Cándido Pazó, alguén na Comisión debería de ter un mínimo de sentidiño e indicarlle que un pregón pagado por todos os carballeses e dirixido a todos os carballeses non é lugar para facer campañas de reivindicación das causas que el considere xustas. Entre outras cousas porque, que saibamos, Pazó non representa a Corcoesto nin a Bergantiños, nin moito menos a moitos veciños que si están a favor da instalación da mina de ouro e das oportunidades económicas que pode ofrecer. Ou cando menos, unha explicación si se lle debía ter dado a todos os asistentes, que pensaban acudir a un acto festivo de inicio das súas festas locais, e non a verse incluidos nunha manifestación.
Pero resulta que para rematar a faena, o noso querido alcalde Evencio Ferrero non quixo ser menos, e, desfrutando como só el sabe facelo do protagonismo e o centro de atención que a oportunidade ofrecía, invitou ós seus veciños a desfrutar do San Xoán, olvidándose da “crise, da prima de risco, do rescate e dos bancos”. Mágoa que don Evencio só se lembrase de asuntos que se tratan en Madrid ou en Bruxelas. Porque estando tan preto dos seus veciños, ben podería telos invitado a esquecerse tamén do índice de paro máis alto da provincia que ostenta Carballo, dun polígono industrial baleiro, da perda da bandeira azul de Razo, da subida de taxas e impostos, da falta de PXOM a estas alturas ou dun nivel de delincuencia (e violencia) alarmante.
E se alguén pensa que estamos a esaxerar, que probe a colocar o acontecido diante dun espello, e supoña que os protagonistas e reivindicacións corresponden á ideoloxía política contraria. A ver qué pasaría.
Etiquetas: festas, política local, San Xoán Juan
2 Comments:
No me extraña que Evencio invite a olvidarse de los bancos y del rescate. Así también nos olvidaremos de que EL, EVENCIO FERRERO RODRIGUEZ, ha sido durante años consejero de Caixa Galicia, cobrando, por lo menos que se sepa públicamente, 250 euros por asistir a cada reunión en concepto de dietas, y sin hacer nada más. Años, precisamente, en los que se ha llevado a esta caja a la ruina. Así que sí, mejor que todo se olvide.
23/6/12 12:11
O escenario do Pregón das Festas do San Xoán non debe servir, nin se debe utilizar como escaparate de opinións, que ainda que libres, deben ser respetuosas. Utilizar unha camiseta para protestar, no día, no escenario e polo protagonista do pregón, non me parece acertada. Ten plena leberdade de pensar o que queira, faltaría máis, pero utilizar ese momento, pode ser considerado por alguén, como unha falla de respeto, e o San Xoan, como festa maior de unha localidade, neste caso Carballo, ten que unir, ós carballeses entre si, e tamén cos seus veciños. Liberdade de expresión sempre, forzar situacións non.
1/7/12 13:22
Publicar un comentario
<< Home