Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 20, 2011

Cando a economía non chega ó nivel do deporte


Unha mala noticia que nos deixaba o deporte nesta fin de semana. Ou non exactamente o deporte, porque o certo é que dentro da cancha os rapaces do Carballo Básket Xiria remataron a tempada co éxito histórico de acadar o ascenso á liga EBA, a pesar das dificultades. E dicimos dificultades porque moitas veces a súa directiva se ten queixado dos problemas económicos e de falta de apoios para emprender unha aventura que, quedou claro, si estaban capacitados para emprender.

O caso é que o clube carballés ven de facer público un comunicado no que expón os motivos polos que o vindeiro ano non vai competir na liga na que deportivamente debería facelo. É máis, o primeiro equipo pasará a ser B e competirá en liga FGB:

1-A crise económica e a reducción de investimento en patrocinios fixo que os dous últimos anos o volume de ingresos do Carballo Básket Xiria se reducira notablemente. A día de hoxe as previsións para a campaña 2011-12 están lonxe de cubrir o presuposto necesario para continuar coa estrutura de base e manter ao primeiro equipo competindo en EBA.

2-A decisión da directiva é clara. Nas categorías de base non se vai reducir nin un euro o investimento. Manterase todo igual que nestes últimos anos. Polo tanto o equipo de Liga EBA non sairá en competición na temporada 2011-12.

3-O primeiro equipo de Carballo Básket Xiria pasa a ser o ata agora sénior B, que tan brillante tempada fixo o ano pasado acadando o ascenso á Liga FGB.

4-Péchase así un gran ciclo de 5 anos que comezou no 2006 co ascenso deportivo á EBA, anos nos que se paseou o nome de Carballo e de Xiria por Euskadi, Cantabria, Castela e León ou Asturias. O club ven de lograr a súa mellor clasificación histórica co 3º posto conseguido a campaña anterior na que xogou a fase de ascenso a Leb2. Se a situación o permite nun futuro a idea do club será voltar á Liga EBA.

5-Durante estes cinco anos o equipo mantívose nesta categoría nacional grazas ao esforzo inxente de toda a directiva, á aposta dos patrocinadores e ao apoio dos afeccionados. Todos xuntos desfrutamos co mellor baloncesto que se puido ver en toda a historia en Carballo. A todos eles, MOITAS GRAZAS e invitámolos a seguir participando no proxecto de club.

6-O Carballo Básket Xiria seguirá apostando por unha ensinanza de máxima calidade nas categorías inferiores. A renovación de Arturo Ferraces e de todo o corpo técnico ao seu redor amosa o noso compromiso coa base.

7-O camiño trazado cos rapaces seguirá sendo o mesmo, sumando esforzos cos demais clubs da nos área de influencia para seguir sendo o segundo deporte en número de licencias de Carballo e da Comarca de Bergantiños.

De agora en adiante o Carballo Básket centrarase no traballo nos equipos de base. A mellor aposta posible para ter un bo futuro e quen sabe se, algún día e con máis apoios, xogar esta vez si no EBA. Noraboa e moito ánimo. (Por certo, ¿non botades algo de menos no punto 5?)


Etiquetas: ,

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Xa iba sendo hora que comenzaran a copiar os do balonman, e deixarse de gastar cartos en extranxeiros, que promocionen un pouco mais os rapaces da zona, cando non se pode non se pode, que o seu presidente e siareiros poñan os pes no chan
Un saudo

25/6/11 21:49

 
Anonymous Anónimo said...

Si deberían copiar a los de balonmano y ser el arma político-deportiva del BNG. Ya se vé lo bien que trabaja el balonmano, tanto hablar de objetivo de ascenso y cuando le ofrecen la plaza renuncian por falta de presupuesto. Con 200 niños en la escuela pagando lo que pagan más la ayuda del concello, más el torneo, más el xiriapop, más el uso de un colegio público para guateques y conciertos, más todo lo que da el patronato por desplazamientos, si en el fútbol tuvieramos la mitad de lo que recibe el balonmano, ya estaríamos en 2B. Tiene gracia, estos que cada vez que alguien habla bien de un deporte, ahí van los del Balonmano a criticar. ¡Asco es lo que dais!

26/6/11 16:24

 
Anonymous Anónimo said...

FALAMOS DE DEPORTE NON DE POLITICA.
TOOOOOOOOONN............

27/6/11 10:56

 
Anonymous Anónimo said...

Os do Bergan a parte de aburridos, sodes malísimos, na Costa tíñades que estar
é penoso subir a ver ese bochorno de "espectáculo", e van de figuras

Arriba Independiente Carballo

28/6/11 21:06

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner