Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, febrero 28, 2008

Franc3s


Aló polos oitenta e primeiros noventa proliferaron na nosa cidade un importante número de grupos de rock, que aínda que non chegaron a dar o salto a fama, deixaron un recordo imborrable entre todos nós. Non hai moito, eran “All loved up” os que acadaban o recoñecemento polo seu traballo. E agora temos o gustazo de presentar unha nova formación local que ven de saltar á actualidade.

Xa tiñan aparecido nalgún dos nosos post anteriores, pero agora “Franc3s” son noticia de primeira fila por si mesmos. Este trío musical carballés, formado por María, Patricia e Alberto, ven de facerse un importante espacio dentro da música alternativa en España grazas ó seu 5º posto no “Proyecto Demo”. Trátase dun concurso de captación de novos talentos no que os nosos veciños chegaron ás semifinais, sendo os únicos galegos entre os 10 primeiros. Radio 3, a cadena especializada neste tipo de músicas, ten radiado xa parte da súa música (http://www.megaupload.com/?d=1C9X36BA) e tamén na TVG se teñen ocupado do seu traballo.

Todo isto e moito máis podédelo ver nos espacios que eles mesmos realizan na Internet, tanto en blogia como no myspace, espacios que levan case dous anos no aire e onde tamén se ocupan da poesía ou da pintura.

Coma xa dixeramos, con iniciativas coma o PopXiriaPop, On the rock’s, ou a promoción privada de hostaleiros locais, Carballo está a facerse un nome na música rock, e con grupos locais pegando forte por España adiante ese nome non pode deixar de medrar.



3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Esoy escuchando el disco de A.L.U. (All Loved Up).
Impresionante.
En un mundo tan fugaz como el musical, soporta el paso del tiempo. Incluso podría estar editado antes o después de su fecha. Trasciende a los encasillamientos. Sencillamente sensacional.
Sorprende cómo no han pasado por los primeros puestos de las listas de éxitos de este País (y de otros). Tal vez los intereses de las compañías musicales se me escapen (que se me escapan).
¿Cómo es posible que alguien que se dedica a la música (negocio de la música) deje escapar la ocasión de poner en circulación a grupos con el talento musical de A.L.U.?
A Franc3s suerte (parece ser que se necesita, y mucha)
A A.L.U. mi gratitud por su gran trabajo.

28/2/08 20:27

 
Anonymous Anónimo said...

visteis al noticia de que maria amelia conocio a zapaerto, o al revés?

http://www.adn.es/politica/elecciones_2008/20080229/NWS-1233-Zapatero-bloguera-abuela-conoce.html

29/2/08 17:42

 
Anonymous Anónimo said...

joder!
acaboos de escoitar por primeira vez e flipei!
algo raro pero que engancha!
e teñen concertos no nasti de madrid, no festival do norte...
eu son dos teus anos e non me acordo dun grupo tan importante en carballo, e sobre todo que digan que son de carballo xa me parece a hostia!
o único que me estraña é que aínda non os puxeran a parir(ou si?), porque xa sabemos como é este pobo.
gracias por mos descubrir e moita sorte para eles

8/3/08 13:33

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner