Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, febrero 23, 2008

F(S)orz(n)a



Hai ironías que en ocasións resultan excesivas. "Forza" é a palabra clave da mensaxe que o BNG pretende transmitir esta campaña, ou cando menos así o asegura a prensa local. Pero con ó alterar dúas letras podería tornarse en "sorna", máis axeitada ás declaracións que os candidatos nacionalistas están a realizar estes días.

Entrevista e Evencio Ferrero na Voz de Galicia de hoxe, ó lado da polémica pola resolución que condena ó BNG a retirar a publicidade colocada ilegalmente:

P- Malia que a loita está entre PP e PSOE, o BNG foi o partido que máis se fixo notar, a nivel publicitario, durante a precampaña.

R- Eu creo que si. Estamos intentando, malia as dificultades, porque sempre as dinámicas das eleccións xerais tenden a un bipartidismo moi forte, romper esa tendencia bipartidista, e hai un mapa político en Galicia que non se entende se non é a tres.

Entrevista a Mónica Góñez na Voz de Galicia de onte, un ano despois de que Carlos Aymerich situase a Costa da Morte no mapa:

P- ¿Cal é a importancia de estar presente en Madrid?

R- Se non hai representación do BNG en Madrid, Galicia non existe.

De modo que Galicia comezou a existir no 1996 e corre perigo de desaparecer no 2008. ¿Será cousa do triángulo das Bermudas de Carballo? Máis ben será cousa da f(s)orz(n)a.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner