Detrás das vallas
Comezamos aquí o que pretendemos sexa unha sección periódica en CD. A denuncia dos problemas que existen na nosa cidade e que non aparecen na información oficial ten sido unha das teimas e unha das razóns de ser deste blog. En repetidas ocasión temos mostrado e demostrado cómo, por distintos motivos, o coñecemento que os carballeses temos cando acontece ó noso redor ven limitado ou mesmo dirixido polo poder político, sen que exista un necesario espírito crítico que analice os seus datos. Moitos pensamos que, coma nas fotografías que ilustran este post, detrás dunha publicidade ben bonita e omnipresente se esconde unha realidade bastante menos agradable.
A semana pasada un lector suxería tratar o tema das antenas de telefonía que rodean a praza do Concello. Confesamos que sabemos pouco deste asunto, pero en todo caso aquí queda a idea para todos aqueles que poidan ampliala.
Pola nosa parte, nesta primeira ocasión en que mirarmos “detrás das vallas”, queremos chamar a atención sobre o asunto dos aparcamentos. Logo do fracaso do proxecto do aparcamento soterrado que o propio goberno local desbotou tras sucesivas polémicas e escándalos, o debate dos estacionamentos que fora eixo principal durante anos, ten desaparecido dos nosos medios. E non porque o asunto se teña resolto. Máis ó contrario, as recentes noticias amosan que os propietarios dos terreos situados na parte traseira da antiga estación de autobuses van proceder a desenvolver este polígono para construir vivendas, de modo que o aparcamento provisional vai desaparecer. Ningunha solución nin ningunha idea se ten aportado dende o goberno municipal, tan só simples anuncios do estudio que MERCASA fixo para a praza do Concello, e que conclúe que o desexado parking custa moitos cartos, e que mellor levalo separado da reforma do mercado. Pero este problema non esperen velo fácilmente, porque está detrás das vallas da publicidade.
Etiquetas: mercasa mercado aparcamiento parking aparcamento praza plaza detrás vallas
2 Comments:
Quen fixo a Lei… fixo a trampa…
Moi boa idea esta de “Detrás dos valados”…
Froito da miña indignación persoal ca situación actual, vouvos suxerir unha serie de valados dos que tedes que mirar detrás:
1.- Mercado-Parking-túnel da Rúa Coruña.
Xa o adiantades. ¿qué hai detrás? A día de hoxe, só fume. Ná de ná. Nin se sabe nin se saberá. E 100 millóns de pesetas soterrados na Rúa Coruña ¿canto darían no Banco ao ano aos intereses que pagan hoxe desde que se fixo ata que se use?
2.- Problema do aparcamento en Carballo.
Xa defendín que non existe o problema, que o creou o Governo. Pero, ¿qué se fixo? Ná de ná.
3.- Comunicacións coa Coruña.
Primeiro o metro lixeiro (¿qué foi del?). Agora o transporte metropolitano e billete único (imaxino que quedará nun titular de prensa e punto). Fume, titulares de prensa, pero ¿resultados?: ná de ná.
4.- Vixilancia urbanística.
Moito bombo e prensa. Todos sabemos o que pasa. ¿ninguén coñece algún caso de pasarse a lei polo arco do trunfo? Todos. ¿cambiou algo? Non. Pero titulares en prensa, os que fagan falta. Resultado: ná de ná.
5.- Tráfico en Carballo.
Moito Plan de Tráfico, moito vixilar, pero hai máis accidentes de tráfico ca nunca. O caos de coches en doble fila é diario. Aquí non se multa a nadie. ¿onde está a vixilancia? Ná de ná.
6.- Crecemento urbanístico de Carballo.
Moito presentar como mérito do governo municipal as licencias de obra e o que sale do Plan Xeral, pero non podemos olvidar que todo é froito da INICIATIVA PRIVADA, cartiños dos particulares, e o Concello sólo da as licencias que non pode negar, e punto. Porque de xestión propia: ná de ná.
7.- Desarrollo comercial e industrial.
Que si Polígono por aquí, que si por alá. Levamos 4 anos esperando, e resulta que aínda empezou o expediente de expropiación para a 1ª FASE!!!!, hai uns días. E xa se está vendendo na prensa que si a terceira fase ou que si fai falta a 4ª. Un pouco de seriedade: se tardan 4 anos en empezar as obras da 1ª fase, non me conten contos das seguintes, porque desas, a día de hoxe: ná de ná…
8.- Bosque do Añón.
Anos e anos nos programas electorais do BNG. ¿onde está? Hai 4 anos o Alcalde presentaba con Andrade un proxecto megalómano para crear alí unha cidade deportiva ¿qué foi del? O feito é que alí non hai nada de nada. E resulta que agora depende da cesión duns terreos por parte dos donos do Formigoso, un acordo que xa estaba incorporado ao Plan Xeral que deixou Varela. Pero, entre tanto, ná de ná.
9.- Hospital Comarcal.
Anos e anos de vender esta burra ¿e onde vai? Resulta que agora o que procede é facer outro mini-centro de saúde. Bueno, baixando do cabalo… Pero, ¿onde está? ¿para cando? ¿outra burra para vender? Agora mesmo, ná de ná.
10.- Ambulancia medicalizada.
Ata os mesmos de escoitar a petición… Chegados ao governo, ¿qué pasou, Evencio? ¿olvidácheste? ¿ou é que non é necesaria? A día de hoxe, ná de ná.
11.- Travesía principal.
A Xunta do PP asoballaba a Carballo, porque paraba a 2ª fase e non facía a 3ª. ¿onde vai a 3ª fase? Agora resulta que o Alcalde dixo que non era prioritaria. ¿só o era cando gobernaban outros? Resultado: ná de ná.
12.- Medio ambiente.
Moita limpeza, moita publicidade, pero eu sigo tendo o solar do lado da miña casa cheo de merda, cas silveiras saíndo para a acera, tendo que esquivalas indo polo arcén. Sigo vendo solares sen pechar –ata caíu unha persona nun e non afogou de milagro porque non chovera dabondo-. Resultado: ná de ná.
E agora véndese o proxeto Temundo na Milagrosa: ¿alguén sabe algo del?¿viuse algún resultado?¿está asegurado que se faga?¿en qué repercutirá nos veciños do barrio? A min, coma case todo, paréceme outro monte de fume…
13.- Casa dos Oficios.
As Pirámides de Gizeh deste governo: unha obra faraónica, seguro que con boa intención. Pero ¿alguén sabe cando rematará?¿se hai os cartos? No pleno que saíu na TV daba vergonza escoitar como se intentaba explicar o que non tiña explicación.
14 .- Prensa local.
Este é o valado máis vergonzoso. Nin unha soa das noticias de LVDG edición Carballo soporta o máis mínimo análisis, porque detrás, NUNCA HAI NADA REAL, só a campaña de publicidade do BNG de Carballo. Encantaríame que esta campaña de publicidade se traducise en feitos, porque sería bó para todos, pero, coma todo o demáis, ná de ná.
Resumo: podemos apartar calquera valado, pero o único que atopamos detrás de máis de 4 anos de governo municipal é unha cousa: desencanto polo ermo que hai tras das pantallas….
5/3/08 09:09
Detrás das vallas tamén está o tema do tráfico. As rotondas están ben pero solo sirven para uns cruces en concreto, e o atasto de tódolos días na travesía cada vía vai a peor e deso non se fala. E nas fins de semana o follón é tremendo. ¿Qué hai da circunvalación e das calles novas que querían abrir? Detrás das vallas hai moitas cousas das que falar.
5/3/08 12:39
Publicar un comentario
<< Home