Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 27, 2009

Esta vez é certo



M.X.Caride: abride, abride, que traio boas noticias, non o ides crer.

(Por razóns de calificación deste blog coma para todos os públicos, obviamos o supermeneo da conselleira)

Carballeses: a ver, deixádea pasar.

M.X Caride: rapaces, veño a asinar un convenio para facer a travesía de Malpica. Son 1,1 millóns de euros para que Carballo teña esa obra. Seguro! Esta véz é certo!

Carballeses: claro, tan certo coma cando xa se ía facer esa travesía hai 4 anos... Tan certo coma cando se ía reducir a peaxe da autovía... Tan certo coma cando se ía facer a circunvalación... Tan certo coma cando se ía facer a travesía de Sísamo... Tan certo coma cando se ía facer a 3ª fase da travesía principal, cun convenio que leva 5 anos asinado e non hai nada...

M.X.Caride: oíde rapaces, vale que todas esas cousas están sen facer... pero desta vez hai eleccións, e esta vez é certo!



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Lémbrolles que tamén hai un convenio asinado para a execución da 3ª Fase da Travesía Principal de Carballo, desde 2003, para acabar a Vázquez de Parga desde o Estanco de Varela ata o cruce coa Gran Vía en Bértoa.

Así que xa se ve o valor que teñen os convenios: ningún en tanto non se consignen os cartos para a obra nos Orzamentos da Xunta.

Pero eso será conto doutra campaña eleitoral...

2/2/09 14:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner