Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, enero 25, 2009

Constitución da Coordinadora galega de afectados polas expropiacións

Onte constituiuse en Santiago a "Coordinadora galega de afectados polo Plano Sectorial", que pretende coordinar ás diversas Plataformas de afectados polas expropiacións e á persoas físicas non pertencentes a ningunha asociación.

Os seus fins son: "a defensa dos intereses dos afectados polas actuacións que se pretenden desenvolver polo Plano Sectorial da Vivenda da Xunta de Galicia".

Estiveron representados 16 concellos, mais confíase en que varios máis se sumen nos próximos días. Os representados foron: Abegondo, Ames, Burela, Cambre, Carballo, Fene, Lugo, Marín, Narón, Neda, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Teo, Tomiño, ...

Cada un dos concellos presentes fixo unha exposición da súa problemática, que, en termos xerais, é coincidente. En xeral, os afectados non foron informados, e informáronse moi tarde do Plano Sectorial, e, inclusive algúns fixérono o día 7 de xaneiro, cando xa vencera o prazo de alegacións, outros o día 16 e outros aínda non o saben. En termos xerais, os concellos nos que a presenza do BNG é máis determinante, non se apoia aos veciños, mentres que aqueles en que goberna o PP, TeGa ou unha coalición destas dúas forzas, si hai unha oposición ao Plano Sectorial, e, por conseguinte, apoian aos afectados. O número de vivendas a construír é excesivo en proporción ao número de vivendas do municipio e da demanda de vivenda. Tamén se considera que incidir en máis ladrillo non é unha solución á crise que provocou precisamente o ladrillo.

Nomeouse unha Xunta Directiva, que quedou constituída por representantes de Fene, Narón e Nigrán, presidida por Manuel Rodríguez Rivas, de Fene.

Para cada un dos concellos presentes elixiuse ou elixirase un vocal. En representación do Concello de Carballo, foi elixida Amparo Varela Puñal.

Os principios inspiradores da actuación da Coordinadora serán os seguintes:

a) Defender os dereitos dos veciños
b) Opoñerse ás expropiacións
c) Opoñerse ao derrubamento de vivendas
d) Exixir o respecto aos Planos Xerais de Ordenación Municipal (PXOM)
e) Esixir por parte das autoridades autonómicas o cumprimento da Constitución, que consagra o dereito á propiedade privada, e das leis que eles mesmos crearon, entre elas a lei do solo, lei de costas, etc., e que fican invalidadas polos Planos Sectoriais.
f) A Coordinadora non está en contra da vivenda protexida, mais considera que debe facerse a través do PXOM, no que hai que reservar xa o corenta por cento con esta finalidade e non recorrendo ás expropiacións.

Editaranse uns vinte mil trípticos para explicarlle a cidadanía que o Plano Sectorial vai contra os seus intereses, contra os de todos. Unha vez informados, celebraranse asembleas masivas nos concellos.

Dirixirase un escrito as seguintes autoridades: ao Presidente Touriño, ao Vicepresidente Quintana, á Conselleira de Vivenda, Á Conselleira de Política Territorial, a Feijoo, Esquerda Unida e Terra Galega, para negociar o Plano Sectorial. En caso de non recibir unha resposta afirmativa, está previsto tomar unha serie de medidas.

En caso de non recibir unha resposta positiva á oferta de diálogo, tomaranse outra serie de medidas, como poden ser:

1ª.- Encerramento nos concellos

2ª.- Cortes de estradas, etc.



Etiquetas: , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner