Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, febrero 08, 2009

BNG + PSOE = favoritismo + amiguismo


A Plataforma da Lagoa, indignada coas manifestacións de Evencio Ferrero (que calificou de "insidias" as afirmacións de favoritismo lanzadas días atrás polos afectados), acusa directamente ó goberno local de "favoritismo e amiguismo" por deixar fóra do ámbito do Plan Sectorial da Lagoa a destacados miliantes do BNG e do PSOE de Carballo. Este é o comunicado da Plataforma:

"O Sr. Alcalde de Carballo cualificou de insidias unha simple petición de aclaración, intentando desprestixiar e botar lixo sobre a Plataforma da Lagoa. A petición referíase a que deberían deixar claro, tanto el como o Sr. Viña, cales son as razóns da exclusión do Plano Sectorial de determinados militantes dos partidos políticos que apoian ao Goberno. Pois ben, a Plataforma está en condicións de demostrar ante os veciños de Carballo que estes feitos se corresponden totalmente coa realidade e que o Sr. Alcalde está faltando á verdade. Agora xa non se lle pide aclaración senón que se lle acusa tanto a el como ao Sr. Viña de favoritismo e amiguismo. Os favorecidos pola exclusión son militantes do BNG e do PSOE, que foron beneficiados descaradamente polo Goberno municipal de Carballo porque foron excluídos do Plano Sectorial e os seus terrenos foron incorporados aos Polígonos 9, 10 e 43, lindantes polo vento sur co Polígono 7, trazando a este efecto un requebro raro que todo o mundo pode constatar no Plano Sectorial. A razón da exclusión foi debida, segundo o Concelleiro de Urbanismo, Sr. Viña, a que estaban continuamente a dirixir escritos ao Concello e parece que foi pura casualidade o feito de tratarse de militantes do partido. Mais nós tamén estamos a dirixir escritos e non nos fan caso ningún.

A Plataforma da Lagoa considera esta exclusión de totalmente impresentábel e improcedente, tanto desde o punto de vista político, como desde o punto de vista ético e estético, e considera que, en todo caso, deben entrar todos ou ningún. Non se pode proceder por amiguismo e intentar vender un produto podrido aos non amigos e acusalos, se non o aceptan polas boas, de especuladores, insolidarios, egoístas, e, por acima, utilizar acólitos para que sementen lixo para desarmar aos propietarios que foron seleccionados para ser expropiados, como se pode constatar claramente polo que se está a publicar nos medios de comunicación."

Despois deste comunicado, a Plataforma enviounos outro no que matiza que "a xustificación da exclusión do Plano Sectorial a notorios militantes do BNG e PSOE foron feitas por Don José Antonio Viña a destacados dirixentes da Plataforma da Lagoa".



Etiquetas: , ,

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ver a según quen facendo acusacións... vós, falando de amiguismo? Despois de anos e anos de gobernos populares?

O que hai que oír... Aínda me acorda a amiga Esperanza Pan espetándolle a Lurdes Rey nunha tertulia que para gastar eses 400 euros en móvil tiña que estar todo o día pegado a el. Agora que Plágaro (o voso amigo de Coristanco) gastou 700 en novembro, que foi? Deixaba conectado tamén de noite?

9/2/09 15:43

 
Anonymous Anónimo said...

Por Tutatis y por Belenos!!!

¿Quién osa dudar de la honorabilidad del Gran Jefe Ferrerurix y su fiel escudero Patiñix?

Están locos estos romanos-lacustres si piensan que alguien puede creerse semejante injuria.

Nuestros honorables jefes ya se encuentran con su ingente tropa de juristas y ya han preparado las oportunas querellas contra los infames romanos...

Esta sería la reacción normal, si estuviésemos en una situación normal. Pero, oigan, ¿qué se apuestan a que jamás habrá una denuncia contra los "injuriosos" propietarios de A Lagoa? ¿Y que tampoco habrá un desmentido razonado y categórico por parte del Sr. Alcalde?

Posiblemente toque un "siguiente pregunta", como hizo el Sr. Touriño la pasada semana ante una incómoda pregunta de un periodista sobre el precio de unas butacas que ha comprado el gobierno gallego...

Qué tiempos aquellos de las manifestaciones, del Nunca Máis y de las reivindicaciones populares, ¿verdad, Señor Alcalde?

País........

9/2/09 19:23

 
Anonymous Anónimo said...

Se o Alcalde de Coristanco ten que gastar 700 ou 1000 euros en móbil, paréceme ben, que para algo é o Alcalde.

Preocúpame que o de Carballo gaste tan pouco ¿e logo non traballa, ou só no despacho, que as maneiras de funcionario aínda non se lle despegaron?

O que non entendo é que un concelleiro de tres al cuarto, un simple concelleiro de inmigración, gaste algúns meses 500 euros, e medias de máis de 400.

Se traballa ela, que boten ó alcalde, e que se poña ela, e, se non hai nada que ocultar, que amosen as facturas de a onde carallo se chama, porque deben ser moi inocentes, segun o Alcalde.

Nada, nada, a gastar.

Por certo, ¿alguen sabe cantos móbiles ten o Concello de Coristanco, por ver canto gastan en total?

Non, se ó final, a culpa de que a de Carballo gaste sin miramentos vai ser do Alcalde de Coristanco, e do PP, que é quen sempre ten a culpa de todo.

A culpa das oposicións amañadas para o Consorcio tamén é do PP, seguro que as bases as fixo Baltar, e llas colou a Quin cando estaba no plató facendo o vídeo famoso cos "actores nuncamaisos".

10/2/09 02:22

 
Anonymous Anónimo said...

Juas, que risa... Concelleira de tres al cuarto... o alcalde noso que gaste o que queira, pero unha concelleira de tres al cuarto... pedazo de argumento!! E o das horas ao teléfono? Fala de noite ou é que a Lurdes xa resulta que non falaba todo o día?

O do Consorcio é de risa. Desculpade que non me tronche. Xa se ve que agora os vosos tan queridos amigos de La Coz vos fornecen de argumentos. Só un detalliño tonto: o Consorcio non é sinónimo de vicepresidencia, tamén forman parte del ducias de concellos do país, non todos gobernados precisamente polo BNG. Se tanto é o chanchullo, porque os alcaldes do PP que aí están aínda non o denunciaron?

10/2/09 16:13

 
Anonymous Anónimo said...

A ver, un poquito de sentidiño...

1º.- No creo que el Concello de Coristanco tenga contratadas, porque dudo que tenga posibilidades económicas para ello, las tarifas que Carballo se puede permitir, de modo que el precio del minuto de seguro que cambia estratosféricamente entre ambos casos.

2º.- Quien conozca al Sr. Plágaro, sabe de sobra que vive literalmente "colgado" del teléfono. Es lo que tiene ser alcalde de un ayuntamiento pequeñito, sin tanto personal como tienen, gracias a Dios, los políticos en Carballo.

3º.- Esto es mezclar churras con merinas: si lo de la Concelleira está mal, puede que lo del Alcalde también lo esté. Habrá que ver las facturas de Plágaro. O resulta que esto es lo del "y tú más", como los niños pequeños: "tú prometiste quitar el peaje; y tú lo pusiste. Tú prometiste limpieza en las oposiciones; y tú también lo hacías. Tú querías hospital comarcal y cuando mandas no lo haces; y tú tampoco lo hiciste"

Pues vamos listos, si estos son los políticos que tenemos, menos presumir de honradez y váyanse todos a su casa...

Y respecto del asunto del consorcio, esto ya es el acabose: ahora resulta que será culpa del PP, va a tener razón el del comentario de las 02:22.

Un simple recuerdo: los consorcios están, siempre, dominados por una de las administraciones consorciadas: las bases las redacta la Xunta. Los alcaldes, sean del color político que sean, ¿qué van a hacer? ¿patalear o apedrear la oficina del Sr. Quintana, titular de la Consellería que gestiona el Consorcio?

Lo dicho: menos mentiras, y las cositas claras. Que en lo de desviar la atención el "maestro" indiscutible es el Sr. Ferrero, rey del área y del regate en corto, de la táctica y la psicología "Florista" (por Benito Floro), que es capaz de presentar como un éxito el hecho de que, si tiene 100 ovejas y se le caen 90 por el barranco mientras mira para otro lado, es un fenómeno, porque, sin mirar, es capaz de salvar a 10.

Y en La Lagoa, cuando les paguen 10 € en vez de 4, será gracias a la generosa intercesión de nuestro bienamado regidor, no lo duden, y así lo proclamaran a los cuatro vientos los diarios oficiales (léase LVDG).

E fai ben... porque mirade que ben lle vai así.

Olé, Alcalde!!!

10/2/09 20:37

 
Anonymous Anónimo said...

Me gustó el símil de las ovejas y el buen pastor evenciño de nós...
Siempre me ha parecido un hacha en el arte de convertir los fracasos en éxitos pero no encontré una manera tan adecuada de ejemplificarlo. La culpa siempre es de otro.
Preparémonos carballeses: entre ese 10% que se salvará de la mala o nula gestión del alcalde sólo encontraremos a sus amigos del BNG . Puedo apostar una mano y no la perderé.

11/2/09 15:04

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner