Acusan ós promotores do Plan de Vivenda de favorecer a destacados dirixentes do BNG
O Plan Sectorial da Lagoa sigue traendo cola. Hoxe enterámonos no blog da Plataforma de que, na intervención-discusión co alcalde posterior ó Pleno municipal que se celebrou o pasado luns, o Presidente da Plataforma e outros afectados acusaron ós promotores do Plan Sectorial (Xunta e Concello de Carballo) de favoritismo “por deixar fóra a destacados dirixentes do BNG”. Como era de esperar, tanto Evencio Ferrero coma Viña deron a entender que non sabían de que lles estaban a falar (imaxe mental: Evencio e Viña asubiando e mirando para outro lado).
Se esto é certo, demostraría varias cousas: 1) Que o Plan non debe ser tan bo, cando o BNG non o quere para os seus dirixentes. 2) Que a pretendida transparencia de que presume o alcalde é unha cortina de fume. Neste caso, como na concesión dos eólicos ou nas oposicións das galescolas, unha cousa é o que predica o BNG e outra moi distinta é o que fai. Én fin, o de case sempre: o que ten o rotulador traza a raia por onde máis lle convén (ou por onde menos perxudica según a quen).
Etiquetas: A Lagoa, Plan Sectorial Solo Residencial, Plataforma da Lagoa
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home