Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 29, 2009

¿Divisións na Plataforma da Lagoa?


A Plataforma da Lagoa ven de emitir un comunicado no que acusa ós membros do goberno bipartito de adoptar unha estratexia que ten por finalidade “dividir e debilitar a Plataforma da Lagoa”, a través de dúas vías: 1) prometendo que as casas non serán derrubadas; e 2) utilizando a militantes do BNG e do PSOE para difundir rumores por bares e rúas de que van triplicar a cantidad a ofertar polos terrenos, para así contentar a algúns inxenuos e dividir a plataforma mediante a trampa e o engano. Segundo di a Plataforma, “as persoas que o fan saben claramente que están enganando aos propietarios”.

Segundo o comunicado, “os das casas xa caeron na trampa” (¿quere esto decir que estes propietarios xa se desvincularon da Plataforma?) Insisten en que “non nos interesa o diñeiro senón que non nos expropien e nos deixen desenvolver o ámbito, constituídonos en Xunta de Compensación.” A Plataforma ten claro o que pretende o bipartito: “o diñeiro é unha trampa que nos queren tender para desmobilizarnos e debilitarnos, con obxecto de ter unha campaña electoral tranquila.”

Os próximos actos da Plataforma será a asistencia ó Pleno do Concello o luns 2 de febreiro, así como unha reunión o día 5 co líder de Terra Galega, Xoán Gato, ás 20 horas no Pazo da Cultura, onde este lles explicará a súa estratexia de oposición ó Plan Sectorial de Vivenda mentres era alcalde de Narón (cargo do que dimitiu fai uns días para presentarse como candidato por Terra Galega nas próximas eleccións ó Parlamento de Galicia).



Etiquetas: ,

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

El refranero (I).

Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale...

A ver si lo entiendo:

¿No decían estos del gobierno nazional-socialista gallego y carballés que lo único que querían los de A Lagoa eran cuartos, y que si les daban los cuartos que piden, se acabó el problema?

Por lo que dice el comunicado, parece que a los únicos que les preocupa el tema crematístico es a quienes vivían allí: lógico, si te quitan tu casa, pero te ponen un piso, estás bastante más tranquilo. Yo haría lo mismo.

Así que, o bien el gobierno miente (otra vez), o bien mienten los propietarios de A Lagoa.

Y la táctica de aplacar mediante emisarios en los bares, y mediante promesas durante la campaña electoral es más antigua que ninguno de los gobernantes que la incitan. Pero tal campaña no consta por escrito en el Plan, ni en norma alguna, y sólo las ofertas en firme, escritas y oficiales, son válidas, por lo que, pasado el día (de las elecciones), pasará la romería, y donde dije digo, digo Diego, y a quien Dios se la dé, San Pedro se la bendiga. O sea: de oferta, nada, sólo eran rumores, o resulta que es que ahora no es posible porque patatín o porque patatán, hombre. No desconfíes, que nosotros nunca mentimos, somos muy honrados, pero podemos equivocarnos (uy, esto me suena a algo reciente).

En resumen, un soberano cachondeo. Que cada cual crea a quien quiera.

El tiempo dará y quitará razones.

29/1/09 21:07

 
Anonymous Anónimo said...

gobierno BIpartito, no tripartito
saludos

2/2/09 11:07

 
Blogger Carballo Dixital said...

Gracias! Correxido.

2/2/09 12:50

 
Anonymous Anónimo said...

No tema da Lagoa, os que teñen casas pensan neles mesmos, non nos terreos dos outros, lóxico. E os que teñen tgerreos, pensan neles e non nos das casas, tamén lóxico. A quen queremos enganar. Esta diferencia nos intereses é o principal problema dos da Lagoa, non é a Política nin os politicuchos de turno, que agora tocoulle a uns, antes eran outros e despois virán outros. ¿Cal deles fixo máis?
O de mentir polas tabernas é coma o de mentir cos xitanos. ¿quén minte máis?

2/2/09 16:56

 
Anonymous Anónimo said...

XOAN GATO EN CARBALLO.

REcomendovos este interesante video, que cara o final di "A Xunta debe de promover vivenda en alguiler e publica para poñela a disposición dos promotores"

As contradicións de Terragalega, ou o guirigai de Terragalega

http://www.anosaterra.org/nova/a-upg-e-o-unto-do-caldo-do-bloque.html

A ver que di este pájaro en Carballo.

4/2/09 08:58

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner