Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, junio 29, 2012

“Puidéronse infrinxir os principios de igualdade e mérito”


Esta é a eufemística e diplomática redacción das conclusións da comisión de investigación que tratou da contratación dunha candidata do BNG por parte do Concello de Carballo. “A refundición das listas resulta inadecuada. As persoas incluidas na lista refundida […] resultaron claramente beneficiadas…”. Unha redacción elaborada por todos os grupos (agás, evidentemente os de Evencio Ferrero), que pon sobre da mesa unha vez máis o xogo ambiguo de dobre axente de José Antonio Viña.

Porque foi o líder socialista (líder e tamén seguidor, porque só hai un concelleiro no seu grupo), o que co seu voto permitiu que se formara esta comisión. E tamén ven de ser o mesmo Viña quen co seu voto permita que saia adiante un dictame que terá que ser votado no pleno e que pon en solfa un caso de enchufismo que ten provocado moita indignación na capital de Bergantiños. Pero faino dun xeito descafeinado. Non fai falla ser un lince para darse conta de que TeGa e PP tiveron que tragar cun texto convenientemente suavizado que non contenta a todos, pero tampouco carga as tintas contra ninguén. Tanto é así que, como non, o Catecismo de Carballo non deixou pasar a oportunidade de sair unha vez máis en rescate do seu Pontífice: o que realmente era a constatación dun “enchufe” para unha amiga do partido, pasa a ser presentado coma un “mínimo desliz” (sic), víctima de “la crítica más despiada” (sic). Xa vedes que non foi Sergio Ramos o único que esta semana lle botou moitos co…

Así que, unha vez máis, temos a oposición no goberno, e o goberno na oposición. Unha relación amor-odio-conveniencia entre Viña e Evencio que xa noutros posts temos ilustrado coa imaxe de Pimpinela. Para variar, e porque nos gusta esta canción, parécenos máis apropiado lembrarnos desta outra parella que tamén tivo un final tormentoso.

Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner