Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, abril 04, 2006

A Xunta suprime as peaxes de Rande e A Barcala mentres sube a de Carballo


Tal e como xa adiantáramos hai uns meses, a Xunta ven de suprimir as peaxes dos polémicos tramos de Rande e A Barcala. A nova, que se pode consultar na web da Xunta, foi anunciada onte por Emilio Pérez Touriño e a ministra de Fomento Magdalena Álvarez.

O sistema escollido consiste en que as administracións autonómica e central pagaran ó ano e a partes iguais un total de 6 millóns de euros á empresa concesionaria, para dese xeito facer gratuítos estes tramos semi-urbanos que milleiros de conductores utilizan para acceder ás cidades de Vigo e da Coruña.

Este anuncia chega dous días despois de que a peaxe da A-55 Coruña-Carballo experimentara unha suba do seu prezo. Nin o presidente da Xunta, nin a ministra, nin ningún membro dos seus gabinetes fixeron mención algunha á autovía que comunica á nosa comarca.

Polo visto, semella que hai peaxes de primeira e de segunda.


Enlaces relacionados:

Mañán sube a peaxe (qué raro)

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

ONDE está a Plataforma Pola Autovía Gratuita, para facer valoracións, mobilizacións e pancartismo.
Menuda Cara!!!!!!!!!!!

4/4/06 17:55

 
Anonymous Anónimo said...

Non nos molestedes. Estamos reunidos con Andrade.

4/4/06 18:11

 
Anonymous Anónimo said...

a plataforma morreu cando constituiron o menage a trois.
Agora xa lle paga o Concello os desplazamentos e non teñen que seguir berrando nin molestar ós da Xunta coas súas reivindicacións proletarias. Manda carallo! Vivir para ver.

4/4/06 20:08

 
Anonymous Anónimo said...

Falade todo o que queirades da plataforma, que nestes ultimos anos esta desaparecida, recoñezoo, pero...gracias a quen temos que pagar peaxe nesta autoestrada logo de disfrutar dela gratuitamente...¿alguén parece que ou ten dubidas ou ten pouca memoria?As culpas a antiga xunta, non a plataforma, que non foron eles quen puxeron a peaxe

5/4/06 13:46

 
Anonymous Anónimo said...

Nadie acusa a la plataforma de poner el peaje. Yo también fui a manifestaciones de la plataforma. Sencillamente, parece que os lo tomasteis como un medio (para llegar al poder), no un fin. Ahora mandais y será mucho más facil eliminarlo.Yo les voté para eso. Si antes era tan justo y se hacia bandera del tema, ahora está a huevo. Es más, despues de tanto largar ya deberian quitarlo al dia siguiente de formar gobierno. Pero no. Verás como apuran más con el estatuto y la normalizacion linguistica.

6/4/06 00:20

 
Anonymous Anónimo said...

O salvapatrias mandoulle unha misiva á Conselleira para que saiba que "o norte tamén esiste" ¿será tan burra?

6/4/06 23:28

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner