Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, marzo 11, 2007

Diálogo de besugos


Xa se despexaron as dúbidas sobre a grande obra que vai abraiar a maiores e pequenos na rotonda do polígono da Grela.

Se no noso post anterior nos preguntabamos en que se ía inspirar o noso artista oficial, Manuel Facal, para a nova creación, xa temos a resposta. Nunha nova orixinalidade, inspirouse na súa propia obra anterior. A escultura que todos anhelamos será outro peixe, de formas e materiais similares ó da Ponte da Pedra, pero máis grande e pintado de vermello (moi apropiado).

Segundo o autor, a idea é que se estableza un “diálogo mutuo e racional” entre as dúas figuras, que se van “apoiar” entre si. Si, vai en serio. Segundo parece, a prolongación da rúa Perú vai conectar algún día as dúas rotondas, e dese xeito, a sardiña e máis o escalo van manter un “diálogo”. Claro que da suposta prolongación da rúa Perú non sabemos nada, pero eso é secundario, o importante é que xa hai esculturas preparadas para dialogar. E tratándose de peixes, e sendo todos tan bos peixes, supoñemos que será un diálogo de besugos.



Enlaces relacionados:

Qué nervios!!!!!

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Esto xa non é un diálogo de besugos, é UNHA TOMADURA DE PELO!!!

Vamos a ver: primeiro unha burda copia ou, por que non dicilo, un PLAXIO, dunha obra xa feita, colocada en Ourense, como ten sinalado esta bitácora; agora, un autoplaxio, ou plaxio do plaxio anterior, e, por riba, a facernos tragar cunha xustificación digna do maior marxista da Historia: Groucho Marx.

En fin: perdoe Sra. que non me levante pra saudala (Groucho dixit)

12/3/07 09:24

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner