Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 25, 2007

Acordo con goleada



O tan agardado e anunciado acordo de goberno en Carballo chegou esta fin de semana. Logo das especulacións sobre a entrada ou non entrada do PSOE no executivo, ou incluso dos prematuros e finalmente infundados rumores sobre acordos cos dous partidos de centro-dereita, José Antonio Viña aceptaba o pacto cun Evencio Ferrero a quen xa apoiara co seu voto na investidura.

Resumindo, o pacto pode resumirse en moito ruido e poucas noces, porque o intento dos socialistas de gañar poder con este novo pacto de goberno non só non acadou o seu obxectivo, senón que pode dicirse que os nacionalistas lles colaron unha auténtica goleada. Ademais de que a ambicionada concellería de Obras e Servizos quedará en mans do BNG, o PSOE continuará coa sempre impopular concellería de Facenda, levará a de Medio Ambiente, e cargará cunha concellería de Urbanismo, que tendo en conta o contexto actual do famoso Plan Xeral non promete ser precisamente un privilexio nin un camiño de rosas. Mentres, as concellerías máis cómodas e de maior “proxección pública”, coma Obras, Servizos Sociais, Cultura, Deportes, etc, ademais da sempre rendible alcaldía serán para o BNG. Unha goleada que nos fai lembrar a esta outra de tan grata lembranza.



9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Evencio se ha asegurado la mayoría absoluta dentro de 4 años, que se lo agradezca a Touriño

26/6/07 11:01

 
Anonymous Anónimo said...

Na política, como en todo, hai que ser listo. Evencio fixo o que lle conviña, pero non engañou a ninguén. Viña firmou porque non lle quedaba máis remedio. Sabe que, se quere cobrar a dedicación esclusiva, esa é a única saída: firmar o que lle poñan diante. E eso foi o que fixo. Unha vez conseguida a alcaldía, ¿qué lle podía ofrecer Viña a Evencio a cambio da concellería de Obras? Nada. Pero a Evencio interésalle que sea Viña o que se coma os marróns da facenda e do urbanismo, e a Viña interésalle estar no goberno a ver se por casualidade sona a flauta. Sabe que, fóra do goberno, aínda ten menos posibilidades dentro de 4 anos. Evencio díxolle a Viña o que decía Don Vito Corleone en El Padrino: "tengo una oferta que no podrá rechazar". E a esto chegouse despois de que Viña lle servira a alcaldía en bandexa e sin negociala antes. Listo que é o tal Viña. En definitiva: salvo debacle do BNG ou catástrofe similar, dentro de 4 anos veremos a Viña outra vez de maestro, e ó PSOE por moitos anos na oposición, que parece que en Carballo é o seu estado natural e ó que aspiran.

26/6/07 13:06

 
Anonymous Anónimo said...

Tamén cabe a posibilidade que Viña tivera en conta o mellor para Carballo.
Partides da premisa que todos os políticos buscan o proveito persoal por riba do ben común, e se cadra, non sempre é así.
Eu, que nunca votei polo PSOE, vou a darlle un voto de confianza a Viña.

26/6/07 21:12

 
Anonymous Anónimo said...

El problema principal fueron las dedicaciones exclusivas, ahí estuvo el centro de las negociaciones. No hay que olvidarse tampoco de los problemillas a la interna del Bloque a raíz del reparto de las concellerías y de las dedicaciones exclusivas. Todo un tema. Me atrevería a decir que la mayoría lograda en Carballo no es estable, y no porque el Psoe pueda llegar a salirse del gobierno, más bien porque, aunque nadie hable aun de esto, el bloque en Carballo no es tan compacto como parece y en una de esas se parte antes de lo que os podáis imaginar...

Prometo enviar algún otro dato, en el correr del tiempo, sobre la fragilidad de la interna del Bloque. Y esto no es broma...

27/6/07 00:59

 
Anonymous Anónimo said...

O que non pode ser é que un recén chegado teña unha adicación exclusiva pasando por diante de xente que leva anos

27/6/07 10:55

 
Anonymous Anónimo said...

Supongo que os referireis a que le pase lo q al pp de antaño? el implacable grupo mixto de pallas, josé manuel, basilio etc.. que dejaron a varela con el culo al aire y al pp en caida libre... Es de creer que el BNG no va tropezar en esa piedra, son más listos.

27/6/07 13:48

 
Anonymous Anónimo said...

Por certo, falando de exclusivas, supoño que veriades o despropósito do Concello de A Laracha?

Insultante, machista, retrógrado... non sei como definilo. Propio de outros tempos.

27/6/07 16:16

 
Anonymous Anónimo said...

hai dios mio, agora resulta que o BNG de carballo non ñe compacto e non sei que,

que máis quixérades, jajajaja

O BNG toma as suas decisións en asamblea, e ahí decidese todo, agora como sempre e desta vez non houbo nin o máis mínimo problema,

listillo que eres un listillo

jejejeje

27/6/07 20:42

 
Anonymous Anónimo said...

Qué enganados que estáis, el Bloque de Carballo es pura monda, por dentro está vacío de contenido. Si no fuera por las caras nuevas, de seguro no ganaban. Los mismos de siempre no daban para más, los 3 nuevos concelleiros son obra de la incipiente renovación que presentaron. Ahora bien, en la medida que los bloqueiros jurásicos acaparen las exclusivas y las principales concellerías, esto va a ser pan para hoy y hambre para mañana. La gente no es tonta y acabará dandose cuenta de qué va esa movida.

28/6/07 05:06

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner