Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, julio 02, 2007

Finalizan as festas do San Xoán

As festas do San Xoán 2007 veñen de rematar. Unhas festas caracterizadas polo mal tempo e polo sorprendente cartel de actuacións elexido. A “Mala Rodríguez” e os distintos grupo de rock que actuaron na zona dos Baños Vellos convenceron á minoría de seguidores máis fieis, pero decepcionaron á meirande parte do público, que non dubidou en expresar o seu malestar por un programa confeccionado por uns poucos e para uns poucos, e que polo tanto só tivo como espectadores a eses poucos (crónica dunha perogrullada anunciada).

Por iso, como era de agardar, os actos que si tiveron éxito foron os de toda a vida: o descenso do Anllóns, o concurso de cachelas, a carreira de carrilanas, e a festa do Bosque, ademais das imprescindibles verbenas. Toda unha mensaxe, para quen a queira escoitar, das cousas que os carballeses gustamos desfrutar, e de que os experimentos, sobre todo cando se fan cos cartos de todos, mellor na casa e con gaseosa.

Mais para que non se diga que nós non estamos na onda, e atendendo á nosa promesa de poñernos ao día no tema do rap, vimos de localizar a outro artista que reúne tódolos requisitos. Se o que se trata é de innovar, ser atrevidos, iconoclastas e alternativos, atrevémonos a propoñer que para o próximo San Xoán se contrate a este paiaso que está arrasar no Youtube. ¿Non sería un puntazo, nenos?




1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Estoy de acuerdo en que La Mala no convenció a nadie más que a sus incondicionales, pero el concierto del viernes de los Straitjackets fue buenísimo y todos los que allí estuvieron se lo pasaron pipa con el buen rollo que se generó. Y no eran cuatro gatos. Creo que los que opinan que no estuvo bien ni siquiera se molestaron en asomarse a verlos. En cuanto a los conciertos del sábado, sí es verdad que tienen encefalograma plano los que piensan que el día de las cachelas, por mucho sábado que sea, merece la pena programar un concierto. Yo estuve allí un rato y la calidad de los grupos era innegable, pero claro, ese día todo el mundo está en su cachela con su sardiñada y pasa de conciertos. De todos modos, para opinar hay que ir a verlos, y me da la impresión de que mucha gente no acude porque no le "suenan" de nada los grupos. Muchos se perdieron con los Straitjackets una actuación, como poco, divertida. Y hay que probar de todo y no sólo Reginas dos Santos y poperos españoles.

4/7/07 18:52

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner