Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, febrero 26, 2008

O perigo está soplando no vento




Hai un ano traiamos ó noso blog unha noticia saída das páxinas do Boletín Oficial da Provincia. Unha empresa enerxética chamada Galenova pretendía colocar un parque eólico en Pedrarrubia, con 12 aeroxeneradores na parroquia de Vilela e 1 na parroquia larachesa de Lemaio. Naquel momento o anuncio bastou para disparar tódolas alarmas e provocar unha unánime oposición, tanto por parte de tódolos partidos políticos como por parte dos veciños e asociacións ecoloxistas.

Pensabamos que este bloque anti-parque eólico tiña provocado a paralización do proxecto, porque dende o mes de marzo de 2007 ata agora non tiñamos oído novidade algunha ó respecto. Ata agora. Porque a semana pasada enterámonos de que, no medio do silencio mediático de todo este tempo, os trámites da solicitude de Galenova continuaron e de que a consellería de Medio Ambiente (PSOE) ven de dar o seu visto bo, con algunas condicións, duns muiños de vento que serán visibles dende a marisma de Baldaio. Partindo de que non somos expertos na materia, e polo que podemos entresacar da moitas veces confusa información aparecida nos medios, as cousas non están decididas, pero o parque eólico ten superado o primeiro obstáculo e está máis preto de ser realidade. De feito, a empresa está a iniciar contactos cos veciños para acadar a venta dos terreos.

De modo que a ameaza se ten convertido en perigo. Dende o Concello, Evencio Ferrero considera que a negativa dos afectados a vender os seus terreos bastará para abortar o proxecto, pero estes non as teñen todas consigo e a posibilidade expropiación asoma no horizonte. Outro factor importante a considerar é que a consellería de Industria (BNG) tamén terá tela que cortar no asunto. Haberá que seguir de preto esta polémica, porque a resposta, máis que nunca, está soplando no vento.



Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois como a este Goberno se lle poña unha cousa na cabeza case que hai que darse por jodido. Mirade nós en Camelle,Merexo,Arou, Seiruga, Quilmas e Corrubedo. Non hai quen os faga desmontar de burra. E iso que os nosos "proxectos" arrian merda de rodaballo pra fora, lexia,hormonas,antibioticos etc...
Benvidos o clube.!Animo! e a pelexar.

27/2/08 03:12

 
Anonymous Anónimo said...

Galenova tamén ten previsto un parque eólico en Vila Martiño (concellos de Santa Comba,A Baña e Val do Dubra).Aquelo é un despropósito,muíños de 123 metros de altura a 300 metros das casas nos peores casos e 600 metros nos mellores casos.O impacto visual e bestial para os veciños máis cercanos.Xa se sabe burro grande ande ou non ande.Aquí aplícase a mesma política de aeroxerador que en Zamora,Teruel e Albacete,cando as realidades xeográficas e humanas son diferentes.
Os veciños de Malvares(Val do Dubra) queremos os muiños e as inversións polo ben do medio ambiente e a enerxía.Pero as cousas ben feitas,a modo,sen abusos e afinando moito máis,con máis sensibilidade.

Nos plantexámolles as seguintes propostas:

-A adopción de muiños máis pequenos (de 60 metros de fuste e 35 metros de voo de ala)e unha potencia de 1,6 mw.Cubrir unha distancia con un ou outro muiño significa tres muiños máis.Cantidade pírrica.Por exemplo o parque eólico de Pedrarrubia pode sustituir os 13 muiños de 2mw por 16 muiños de 1.6 mw.

-A definicón dun área de impacto visual para protexer os veciños máis cercanos ó parque.Sería de 900 metros.E unha contraprestación económica en función da distancia; de 600 euros anuales/vivienda para os veciños entre 900-650 metros;de 800 euros para os veciños entre 650 metros e 400 metros;de 1500-3000 euros para os veciños entre 400 metros e 300 metros,os máis cercanos ós aeroxeradores.

Logo,unha valoración xusta dos terreos.

30/4/08 17:35

 
Anonymous Anónimo said...

Podedes solucionar o problema do parque eólico de Pedrarrubia da seguinte maneira:

-A adopción de muiños más pequenos;de 60 metros de fuste e 35 metros de vuelo de ala;e 1.6 megawatios de potencia.Sustituir os trece muiños de 2 mw por 16 muiños de 1.6 megawatios.O impacto visual reducese considerablemente.

-A definición dunha área de impacto visual de 900 metros.Os veciños englobada na mesma recibiran 600 euros anuales/vivienda .Os máis cercanos entre 1500-3000 euros.

Eu son afectado polo parque eólico de Vila Martiño (Santa Comba,A Baña,Val do Dubra),tamén de Galenova.

30/4/08 17:40

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner