Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 07, 2008

Bruce Willis en Carballo


Segue a polémica polos asuntos do tráfico na capital de Bergantiños. O concelleiro delegado na materia volta hoxe ós medios locais a anunciar por enésima ocasión o pintado da sinalización horizontal, aquel plan que saiu á palestra despois dun atropelo mortal nun paso de peatóns, e que se retrasara por mor dunhas choivas que endexamais existiran, tal e como quedara demostrado en CD.

Non tardou nin unhas horas o PP en respostar con duras críticas a este anuncio, pois consideran os populares que o goberno anuncia a bombo e platillo unha e outra vez traballos que corresponden ás súas obrigas cotiás. Ironizan os de Sueiro con que calquera día o bipartito presumirá de chegar a traballar á súa hora, ademais de preguntar de novo pola situación dos aparcamentos provisionais igualmente anunciados ó público polo equipo de Evencio Ferrero.

En calquera caso o certo é que o problema da circulación rodada na cidade se ten convertido en tema de conversa habitual para todos os carballeses, ata o punto de que os nosos diálogos recordan xa ós dos madrileños que protestan polos eternos atascos e as obras da súa cidade. Haberá quen diga que esto responde ó crecemento de vila, pero non é normal que un núcleo de menos de 20.000 habitantes sexa un caos constante tanto para circular coma para aparcar. E o peor é que non se nos ofrecen solucións nin a curto nin a longo prazo. Moito nos tememos que para chegar puntual ás súas sesións de psicoanálise en Carballo, Bruce Willis tivo que facer manobras coma as do vídeo.



5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu creo que hai que ollar este asunto con algo máis de perpectiva.
Si Carballo non aprobou unha Ordenanza de tráfico, quere dicir que non foi aprobada por ningún goberno local ata agora, e hai que lembrar que o PP estivo 12 anos no poder, antes que o fixera o BNG-PSOE-CDI.
O caos de tráfico tampouco é de hai dous días.
O Concelleiro de Policía foi cambiando segundo pasaron as últimas lexislaturas. A diferencia é que agora ten dedicación exclusiva, e a priori debería poder adicar máis tempo a poñer as cousas no seu sitio, porque hai que lembrar que xa case hai un ano que está no cargo.
Polo que parece, as cousas non milloraron moito, pero cada goberno anterior parece que é culpable de certa desidia e de non ter afrontado o problema do tráfico con mais planificación de cara o futuro.
Por outra banda, a planificación do tráfico debe ser afrontada en boa parte polos técnicos e non tanto polos políticos. E decir, como debe sinalizarse ou regularse determinado cruce terá que decidilo en boa maneira un técnico e non un político.
Deste xeito, eu penso que a responsabilidade do caos que padecemos debe ser compartida polo goberno actual e polos gobernos anteriores, xunto, en grande medida, co Xefe da Policía Local, que polo visto leva máis de 20 anos no cargo, e algo terá que ver en todo isto.

7/5/08 20:08

 
Anonymous Anónimo said...

Aparentemente tes razón. Digo aparentemente, porque esqueces algo importante: o goberno actual xa leva 5 ANOS, e a culpa principal do estado do tráfico non pode buscarse un lustro atrás. Por esa regla de tres, a culpa sería de Sánchez Vilas, e non é así.

O goberno actual presume de que Carballo medrou moito en habitantes nos últimos anos. Pode ser certo. Pero daquela tamén terá a responsabilidade por non prever algunha solución en 5 anos ó problema do tráfico (que, como é natural, se agrava con maior poboación).
Penso que non podemos estar sempre mirando para atrás para exculpar ós actuais gobernantes. Que cada pau aguante a súa vela, e as cousas como son: Varela deixou aparcamentos (o ratio aparcamento / número de habitantes era maior que neste momento: había máis aparcamentos e menor número de habitantes. Polo tanto, os números demostran que o fixo mellor que Evencio neste asunto). Evencio non sólo no creou ningún aparcamento, senón que os que deixou Varela van desaparecendo (Rego da Balsa) e non tivo a idea ou/nin a capacidade de prever outras zonas de aparcamento alternativas. Eso, gústeche ou non, eche así.

Xa está ben de buscar culpas noutros e non asumir a responsabilidade propia.

7/5/08 21:27

 
Anonymous Anónimo said...

Estás nun erro, non defendo ó BNG, inculpo tamén ó PP.
Levo moitos anos nesta vila, e lembro os problemas de tráfico de hai moito tempo. O BNG non está a facelo ben, eso é indiscutible, pero os anteriores tampouco o fixeron de cine.
Temos un problema de base, indistintamente da cor do partido que goberne. Hai que planificar con futuro, e todo indica que nunca se fixo. E repito que a cuestión non é solo de índole política, tamén interveñen os profesionais que correspondan, que supoño que neste caso será o Xefe da Policía Local. Pero polo que podo ver nos medios de comunicación, aínda non manifestou o seu parecer. Será interesante saber o que dí sobre a carencia dunha Ordenanza de Tráfico e sobre a non posta en funcionamento das ordenanzas de cargas e descargas e autobuses, aprobadas hai varios anos.
É improbable que se poida organizar debidamente unha poboación como Carballo sin unha ordenanza de tráfico.

7/5/08 22:30

 
Anonymous Anónimo said...

Hasta los huevos de plantear teorías como que se tienen que dedicar 12 años de gobierno para hacer algo.

Por eso se fue a la puta calle el PP por no dar un puto palo al agua en todo ese tiempo.

También vamos a tener que esperar 12 años para que este alcalde haga algo en vez de salir por la radio ,a disculparse por todo.

Ya esta bien!!!!

8/5/08 10:36

 
Anonymous Anónimo said...

Os de agora non o están facendo ben. Deben aproveitar que tanto en Carballo, como en Santiago e en Madrid os ventos políticos son favorables, ¿ou non?. Certo é que en cinco anos de goberno,xa non digo que tivera que ter todo feito, pero sí é certo que a esta altura debería ter xa máis definición, e non a ten.
Comparto as críticas que se fan ó PP, pois parece que agora na oposición chegan as ideas, claras e abundantes. Eles tamén tiveron os ventos favorables durante moito tempo nas tres capitais, e dende logo nada de nada. No seu momento houbera sido máis sinxelo e positivo centrarse en facer a tan desexada circunvalación, para que Carballo poidera medrar máis ordeada. Agora teñen a idea do aparcamento en edifícios (non está mal), pero de aquela só se lles ocorreu facer a autovía de pago. Eso foi ,ainda que doia, o máis siginificativo que fixeron en materia de tráfico por Carballo. Os de agora ainda teñen tempo, pero despois de seis anos, tamén vexo que o están deixando pasar. Unha mágoa.

13/5/08 09:14

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner