Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 31, 2009

Pleno en A Nosa Costa


Fai tempo que o portal que dirixen Xosé Manuel Lema e Marcos Díaz Molk se está a converter no referente da información vía internet na Costa da Morte. No tocante á política local trátase do medio que con máis antelación e profundidade informa do que acontece nos plenos municipais, mesmo incorporando intervencións dos protagonistas en cortes de audio. Hoxe, antes mesmo das crónicas xornalísticas en papel ou da emisión de BERTV, ofrecen xa unha primeira parte da sesión de onte. As novas tecnoloxías, e por suposto a iniciativa e as ganas de traballar, permiten estes avances. E como nós preferimos a análise en frío, reservámonos para un pouco máis tarde. Noraboa de novo.

(Foto: A Nosa Costa)


Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner